Translate - Traductor

viernes, 30 de noviembre de 2012

O "e váiseme ela e díxenlle eu..."

"E VÁISEME ELA E DÍXENLLE EU...."

"E váiseme ela e díxenlle eu..." Canto me gusta esta expresión e que poucas veces se oe agora na xente á hora de contertuliar unha coa outra.

Lémbrame a hai anos, en que entre medio de corrillos, de palabrarerías varias, de falar moitas veces por non estar calado, por figurar, por poñerlle un pouco mais de énfais á conversa co de enfrente; esta coletilla que comento, é unha das miñas preferidas. Por certo, galega cento por cento.

Para o que non sexa galego ou non domine en certo nivel as reviravoltas que ten a lingua, neste caso a galega; non é doado atopar unha expresión axeitada  ó significado destas poucas palabras. "E váiseme ela e díxenlle eu...".

E entón, vóuseme eu.., e dígovos, pois aquí está este blog....