Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
11.1- FEIRAS: A
feira de mais sona que queda na memoria dos abegondeses corresponde á de San Marco que se celebraba dúas veces ó
mes, na capital municipal, no lugar onde aínda hoxe en día se coñece coma “O
Campo da Feira”. Os días de celebración eran os 7 e 25 de cada mes, sendo a
mais importantes das de todo o ano a que se celebraba o 25 de abril, coincidindo
co día do patrón municipal, San Marco. Ese día xuntábanse os propios feirantes
e os romeiros que se acercaban a venera-la imaxe na capela que leva o mesmo
nome.
Casetas no Campo da Feira de Abegondo.
Casetas do Campo da Feira de Abegondo
A
primeira feira da que se ten conta foi a celebrada o 25 de abril de 1855, data
na que o alcalde daquela época, Benigno Mª Folla, fai público un anuncio co
gallo de publicita-lo evento, previo consentimento do Gobernador da provincia[1].
Chegou
a ser nos do medio deste século un importante punto de encontro dos feirantes
da provincia. Contaba con instalación para os propios feirantes, consistentes
nunhas casetas feitas en ladrillo e cemento, as cales cerraban o campo case en
todo o seu perímetro[2],
así como abrevadeiros para o gando. Moitos dos feirantes que se achegaban a
Abegondo desprazábanse en autobuses que viñan dende zonas de Carral, Betanzos
e a bisbarra da capital provincial.
Escudo municipal aprobado no último tercio do século XIX
O
remate da década dos setenta foi minorando a concurrencia que deu pé a súa
total desaparición, correndo a mesma sorte que as de Porzomillos (Oza dos Ríos)[3],
As Travesas (Carral)[4],
Guísamo, etc. As instalacións do “Campo da Feira” co paso do tempo foron
sufrindo unha xeira de modificacións que deron pé a súa total desaparición,
xurdindo novas construccións, como a centraliña telefónica ou o palco da música.
Antigamente
houbo un tempo en que as feiras era o único medio para poder comercializa-los
productos que se colleitaban polos labregos e gandeiros. Por elo era moito mais
frecuente atopa-la organización de feiras en distintas localidades, aínda mesmo
dentro de cada concello, na meirande parte dos casos, fomentadas polas propias
autoridades municipais. Neste caso atópase Abegondo, en que no ano 1868 a
corporación acordou, baixo a supervisión do Goberno da provincia, a creación
dunha feira na parroquia de Sarandóns,
co gallo de poder mercar e vender toda clase de gandos, graos, paños e froitas.
A ubicación da feira era no lugar da Calle, frente á casa de Laureano María
Muñoz, que fora priorato[5],
fixando os segundo sábados de cada mes coma o día de celebración[6].
No ano 1872, por falta de concurrentes ás ultimas feiras, o 19 de agosto daquel
ano, a corporación municipal adopta o acordo de traslada-lo día de celebración
da feira para os segundos luns de cada mes, tratando dun xeito coactivo a
asistencia dos veciños á mesma. Neste senso o acordó adoptado foi redactado do
seguinte xeito:
Nas inmediacdions da igrexa parroquial de Sarandóns e do denominado "Convento" celebrabase a feira no século XIX.
“… que la feria que se celebra
mensualmente en Sarandones que quedando en el olvido por falta de concurrentes,
se excite nuevamente al público su celebración el 2º lunes de cada mes en el
sitio denominado de la Calle; a donde deberán concurrir toda clase de ganado y
toda clase de cereales y artículos de comer y beber, dándose la debida
publicidad. Los Pedáneos de las parroquias se les dirigirán circulares para que
personalmente casa por casa para que al menos de cada una, concurra una persona
con cualquier clase de ganado, granos u otra clase bajo la responsabilidad de
dichos pedáneos”[7].
Outra
feira da que se ten conta é a que se celebraba na parroquia de Orto. Neste senso, o concello no ano 1875
acordo reestablece-la feira que se celebraba no souto de Santa Margarida,
fixando os días de celebración os 13 de cada mes. Neste ano, como medida de
fomento desta feira o concello acorda que a mesma sexa libre de toda clase de
dereitos, celebrando concursos con importantes premios para os mellores
exemplares de gando[8].
11.2- FESTAS E ROMARIAS: Hoxe
en día perdura como reflexo das festas e romarias que antigamente se
celebraban, a da Virxe dos Remedios que no mes de setembro se celebra en Sarandóns. As festas populares que hoxe
coñecemos que se veñen a celebrar nas parroquias con mais ou menos intensidade,
segundo a propia organización que cada unha teña, están adicadas ós respectivos
patróns.
Procesión baixando Ardexurxo (Sarandóns)
Evento relixioso diante da Capela de San Xoan (Sarandóns)
Relacionanse
a continuación as romarías de mais sona que nas últimas décadas xuntaban a
centos, por non decir nalgún caso milleiros, de romeiros de toda a bisbarra de
tal xeito que aínda algunha perdura nos nosos días.
Romaría
da Virxe dos Remedios: Celébrase no mes de setembro seguindo unha
tradición secular. O día mai importante é o último domingo do mes. O
anterior, é decir o penúltimo domingo do mes de setembro, coñécese coma a
“romería pequena”. Na actualidade segue a ser punto de encontro de centos de
romeiros que acuden dende primeiras horas da mañá ás misas que se celebran na
parroquial. O mediodía, se o tempo o permite, os prados á beira do río Barcés
dan acollida ós que optan por xantar ó aire libre.
Romaría
da Saleta: Celebrábase ata non hai moito tempo na parroquia de Presedo o 19 de setembro. Hoxe en día
únicamente se celebran as festas patronais típicas de outras festas do verán. A
igrexa parroquial está ubicada no lugar chamado “Campo da Saleta”, adicado a
esta romaría.
Romaría
de San Amaro: Venerábase a este santo nunha capela, hoxe en
día case totalmente derrubada, na parroquia de Figueiroa. Estaba ubicada ó norte da parroquia, preto do linde coa
de Montouto[9].
Romaría
de San Andrés: No mes de agosto celebrábase esta romaría de
sona na bisbarra ata case mediados deste século na parroquia de Crendes, no lugar de Vilar, preto da
capela do mesmo nome.
Romaría
das Cereixas: Celébrase na parroquia de Vilacoba no primeiro domingo de xullo.
Estivo a piques de desaparecer, ata que hai uns anos os veciños traballaron
para reorganizala e fomenta-la asistencia dos romeiros. Celébrase hoxe en día
nas inmediacións da recén reconstruída igrexa parroquial, mentres que hai uns
anos era ó lado da capela de San Paio.
Romaría
de San Campio: Romaría da parroquia de Limiñón a cal coincidía co primeiro domingo de setembro.
Considerado este santo como un avogado para a recolleita do trigo e para
combati-lo “caruncho”, os romeiros achegábanse a ofrecerlle a San Campio boas
coleitas no campo. Desapareceu totalmente ó estala-la guerra civil de 1936.
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
[2]
Parte delas foron construídas e arranxadas co remanente dos cartos recadados
para a reconstrucción da casa do concello por mor do incendio sufrido en 1948.
[3]
Coñecida popularmente coma a “Feira do Vinte”.
[5]
Pola descripción dada no anuncio publicado polo concello no BOP do 26 de xuño
de 1868, débese entender que está preto do que hoxe en día coñecemos coma “O
Convento”, ó lado mesmo da estrada que vai de Carral a Montouto.
[6] A
inauguración levouse a cabo o día 11 de xullo de 1868.
Sábado 9 de xaneiro de 2016 As 22:00 horas Sala LP 45 de Ordes LOS KEY EN CONCIERTO (Banda de Música de Abegondo Para mais información do evento (cantantes, programa, puntos de venta anticipada de entradas, etc...) PINCHAR AQUI Para saber da localización e como chegar á Sala LP 45 de Ordes PINCHAR AQUI
Reportaxe do concerto:
========
Vídeo informativo do próximo evento musical LOS KEY EN CONCIERTO que se celebrará o sábado 9 de xaneiro de 2016 na Sala LP 45 de Ordes (A Coruña)
El Comarcal de La Voz de Galicia; marzo de 2016
Domingo 6 de septiembre de 2015; la Banda de Música de Abegondo ofrecerá su último concierto de verano. Será en San Tirso de Mabegondo, dentro del programa de las fiestas patronales de la parroquia.
Noticia recogida en EL ENTORNO METROPLITANO del mes de agosto de 2015
A BMA fixó así a súa primeira aparición na TVGinterpretando unha das pezas musicais que están incluídas no disco denominado LOS KEY EN CONCIERTO, Nesta ocasión o vocalista que estará coa agrupación musical abegondesa é o recoñecido Tito Calviño.
Concierto que se realizará en el Teatro Colón a partir de las 21 horas. Más información pinchando en este ENLACE (Aqui)
Cartel anunciador del evento musical denominado LOS KEY EN CONCIERTO.-. 45 ANIVERSARIO Banda de Música de Abegondo
A Banda de Música de Abegondo é unha agrupación musical radicada no
término municipal de Abegondo (A Coruña) das mais recentes que existen hoxe en día na comarca. Está
composta por mais de 40 músicos de todas as idades. Como consecuencia das
actividades desenvoltas na Escola Municipal de Música de Abegondodende hai anos; un grupo de alumnos da mesma, como
consecuencia da súa inquedanza musical e tamén de mestres da mesma, promoven
pouco a pouco a idea de formar unha Banda de Música e así dar a coñercer ó público os seus avances.
E así como un grupo de
alumnos e de pais de menores constituíron unha asociación denominada “Agrupación Musical de Abegondo” na cal
se integra a Banda de Música de Abegondo
(BMA), tendo como obxetivo principal a de xestionar, patrocinar e potenciar
toda a actividade relacionada coa vida da Banda
de Música de Abegondo (BMA). Conta con numerosos socios protectores de toda
a comarca.
O seu director é o
mestre Pablo Alvarez Rodríguez, integrándose tamén na BMA mestres da Escola
Municipal de Música, como é o caso de Alejandro Montes, Diego Moar, Javier
Pardiñas, Pedro Pintos Rodríguez e Angel Loureiro Louro.
En abril de 2012 ofreceu
o seu primeiro concerto en público en
Abegondo, na Festa da Terceira Edade, no Pavillón Municipal “San Marcos”, e ós poucos
dias, na parroquia de Cabanas organiza a “I Romaría da Banda de Música”, sendo un
éxito de público.
Cartel da "I Romería da Banda de Música
de Abegondo".
Logo deste evento comenzou a súa andaina de concertos no verano do 2012 por varios puntos da provincia de A Coruña. O primeiro deles na cidade de A Coruña, dentro do "Programa de Hogueras de San Juan", e algúns outros incluídos dentro do Programa da Rede Cultural que organiza a Deputación Provincial de A Coruña.
ANO 2012
Outras actuacións durante este primeiro ano en que desenvolve actuacións musicais ó público foron nas localidades de Sarandóns (Abegondo), en Carral nas Festas do Socorro, enMuxía nas Festas da Virxe da Barca e nas festas patronais de Guiliade (Betanzos).
O concerto ofrecido no mes de xullo en Oza dos Ríos foi un dos formaban parte da programación da Rede Cultural da Deputación Provincial de A Coruña.
No mes de novembro organizou tamén en Oza dos Ríos un concerto no Restaurante "El Moderno" conmemorando a Santa Cecilia, patrona dos músicos, convertíndose tamén nunha pequena homenaxe ós socios da Agrupación Musical.
Nota de prensa en La Opinion, con motivo do "I ENCONTRO DE BANDAS DE MUSICA DE ABEGONDO, organizado
pola Banda de Música de Abegondo
No ano 2013 ten dado concertos en Meangos (Abegondo) con motivo das festas patronais do Santiago Apóstol, así como en Ponte do Porto (Camariñas) en Santa Uxía de Riveira e en Laxe. Ademais de organizar a "II Romería da Banda de Música de Abegondo" na parroquia de Cabanas no primeiro domingo do mes de xuño, volveu a actuar na cidade de A Coruña na programación de festexos das "Hogueras de San Juan".
Cartel referido a II Romaría da Banda de Música
de Abegondo celebrado en Cabanas
Dentro do circuito de localidades donde a BMA actuou neste verán as de San Tirso de Mabegondo, Carral e Sobrado dos Monxes con motivo das festas patronais.
Actuación da BMA en Meangos.
Procesión en Laxe
Antes do remate de actuacións do verán 2013 a Banda de Música de Abegondo tivo tempo de organizar para os escolares de Abegondo, o 25 de setembro, coa estreita colaboración do CEIP "San Marco" e IES de "Viós" un concerto didáctico no edificio parroquial "O Salón" de San Tirso de Mabegondo, co fin de achegar a Banda de Música e e as súas actividades, ós mais pequenos; animandoos para aqueles que queiran aprender música se inicien na Escola Municipal de Música e así poder integrarse na Banda.
O acto, no que estiveron moi participativos os escolares, centrouse en interpretar bandas sonoras de películas popularmente coñecidas, onde ó mesmo tempo os nenos e nenas podian ir visualizando nunha pantalla secuencias da película en cuestión.
Como remate das actuacións do verán a Banda de Música de Abegondo desprazouse ata Oza-Cesuras para estar ó mediodía na famosa Romaría de Bandoxa, ateigada de público. Como foi habitual durante todo este tempo a BMA estivo acompañada polo GRUPO DE GAITEIROS que interpretan algunhas das pezas do programa que desenvolveu ó longo de todos estos meses. Os seus integrantes tamén forman parte desa gran familia musical que é este colectivo chamado Banda de Música de Abegondo.
Actuación da Banda de Música de Abegondo
na Romaría de Bandoxa
A Banda de Música de Abegondo conta cunha composición musical que leva por título "Banda de Abegondo" dedicada específicamente a ela, composta polo mestre Alejandro Montes, compoñente activo do grupo. A peza musical ven a ser unha estampa galega para banda basada en temas populares das romerías de antano; o cal supón un valor engadido para a música en sí e para a propia BMA.
ANO 2014
O ano 2014 empeza para Banda de Música de Abegondo con forza e ilusión, organizando o 15 de marzo no edificio "O Salón" de San Tirso de Mabegondo o "II Encontro de Bandas de Música de Abegondo", coa participación da Banda de Música de Ordes e a Banda de Música de Cee xunto coa propia BMA. Exito de público e de organización contando para o evento coa inestimable colaboración da actriz e presentadora Lucía Regueiro.
Para a temporada estival deste ano xa ten comprometidas actuacions en varios puntos da xeografía galega: Laxe, Camariñas, Vilacoba, Meangos, Carral, A Coruña ou A Laracha, son algunhas delas.
O 24 de maio organizou a III ROMARIA DA BANDA DE MUSICA DE ABEGONDO. Este ano na parroquia de San Tirso de Mabegondo, ofrecendo coma noutros anos un día de festa aberto ao público en xeral e aos simpatizantes da Agrupación Musical.
Cartel anunciador da III Romaría da
Banda de Música de Abegondo
O 16 de xullo, día da Virxe do Carmen, patrona dos mariñeiros a BMA viaxou ata Camariñas para participar nos actos dese día. Do evento recolleronse moitas fotos. Unha pequena recopilación aqui: Reportaxe fotográfica (pinchando AQUI). A prensa tamén dou fé do acontecido aquel día.
CAMARIÑAS.- Un momento antes de embarcar
para a celebración da procesión marítima.
CONCERTO DE SANTA CECILIA DEDICADO AOS SOCIOS DA "BANDA DE MUSICA DE ABEGONDO"
Cartel anunciador do "CONCERTO DE SANTA CECILIA 2014", dedicado aos socios da BMA
Los temas musicales de esta grabación son la mayor parte de los que se interpretarán en el Teatro Colón el proximo jueves 16 de abril en el CONCIERTO en homenaje a LOS KEY.
Aquí un pequeño reportaje de este día también importante para la Banda.
Os enlaces que se publican a continuación poden ser do seu interés:
Publicación en "La Voz de Galicia" en setembro de 2012
**************************************
NOVA PUBLICACION
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.