lunes, 28 de octubre de 2019

AS PARTIXAS do paisano que fala a mazo, pero namais que cando se pon

AS PARTIXAS do paisano que fala a mazo, pero namais que cando se pon





O paisano este que fala a mazo gosta de fardar, de cando en vez, de múltiples facetas da súa vida. Unha delas é a de partidor, como xa ten comentado.

Agora, hai nada, acaba de facernos unha especie de tratado, sobre un borrador de posibles partixas, unha vez que hai difunto, como dí él. 

Este tipo é un home moi posto neste tipo de avatares xa que nos seus anos mozos cando ía ás feiras, encargábanlle as partixas outros paisanos que no fondo eran tan bós coma él.

Tal é a cousa que aínda lles dura a día de hoxe unha profunda amizade, de tal xeito que son capaces de seguir xuntándose case todos os días contra o mostrador da taberna preferida deles para meterlles uns jrolos así sin despeinarse tan siquera.





Así é como neste caso empeza a desmenuzar as partixas que se lle presentan como as máis complicadas dende que ten uso de razón, pero como é un tipo con moita experiencia, sobre todo arrancando esterco na corte da burra, considera que é o momento oportuno xa de ir presentando o documento para que os herdeiros tomen coñecemento o máis axiña posible do reparto da herdanza.

Apórtase planimetría básica.





Empeza o documento sinalando que os herdeiros teñen as seguintes Cláusulas:


Cláusula inicial

Comenta o paisano que como primeira opción é aplicar a Cláusula primeira, a cal consiste básicamente en deixar a parcela matriz tal como está, tentando sobrevivir da mellor maneira posible como ata o de agora. Deixar de sufrir tanto por todo que xa se sabe que as cousas de entre varios ou de moitos nunca é nin está ao gosto de todos.

Ser ben levados sempre foi unha boa cousa. Pero él non está para dar consellos. A súa función é partir. E neso está.
Deixandoa como está (a parcela) os herdeiros non se meten en gastos e así aínda poden ir trampeando algo en B, para ir tapando algún burato, que moitas veces é do que se trata.

Como contrapartida haberá que poñerse as pilas para o caso en que a Facenda pida contas de por qué non se fan as partixas, co cal a cousa pode tornar en complicada, porque case sempre en estos casos toca pagar. Polo tanto ter liquidez é fundamental xa que doutro xeito acaba pagandose co pelexo.

De todas formas como xa dicían os antepasados do paisano que fala a mazo, que tamén eran uns paisanos de moito rosmillo, “os problemas que se resolven con cartos, non son problemas”.



Partixa propiamente dita

De non valer esta Cláusula primeira, daquela as partixas quedan como siguen, tendo en conta que a parcela principal (ou matriz) sobrepasa os 500.000 quilómetros cadrados, co cal tampoco é doado facer un documento que contente a todos os herdeiros. 

Aínda así ei van as dichosas partixas do paisano que fala a mazo, pero namais que cando se pon, todo elo para que despois non se vaia dicindo por aí que si tal e que se cual. No, no. Aqui están:



Parcela 1 e 2 e subparcelas correspondentes: Son as de Ceuta e Melilla. O primeiriño de todo abrir todas as cancelas e portelos existentes. Que corra aire fresco. O resto xa ven solo. 

As subparcelas das Illas Alhucemas, Peñón de Vélez de la Gomera e Illas Chafarinas correrán a mesma sorte, por moi aireadas que se consideren a día de hoxe. Aquí inclúense tamén a apertura dos pexicos e soltar as caravillas de todas as portas.



Parcela 3.- É a que leva a mellora da partixa. Esta figura é moi habitual nas partixas e polo tanto nesta non vai ser menos. Trátase de Cataluña. 

Despois de tantos intentos, non hai máis que lembrar o do ano 1934 en plena IIª República, non se fale máis. Independencia ao canto. Sí ou sí. Un cuarto de hora para alegacións aos que non a queiran e andando.




Parcela 4.- Baleares. Aquí xa entramos no mundo das opcións, que tampouco está mal, para a hora de repartir o que hai.

Como opción a) poden valorar ser unha provincia ou territorio a modo de anexo, ainda que sexa provisional da parcela 2. Máis que nada é por probar.

A opción b) consiste en deixarse ir polos guiris que xa teñen máis que acomodados na súa parcela, sobre todo os alemáns e británicos, dado que xa teñen, incluso, canle de TV e todo; e eso xempre axuda, polo menos á hora de fardar.

A opción c); porque como dí Manquiña en “Airbag”, - “cuidado!! igual te viene la c)-” logo de estar a contas coa b). Bueno, pois aquí tamén temos a opción c), que non é outra cousa que agardar un tempo prudencial, xa que o mesmo interesalles esta parcela aos británicos donde xa estiveron hai certo tempo moi familiarizados con Menorca.

Ollo co anterior porque tamén poden ter algunha contraoferta interesante dos franceses, o cal sempre é un aliciente máis e axuda a revitalizar o mercado e a competencia. Vamos, o que se lle pode chamar unha posta en valor, ou algo así.




Parcela 5.- Por levar un orden cara abaixo en relación á parcela matriz, agora toca Valencia. É dicir, a Comunidade Valenciana. Aquí pasa un pouco como na parcela 4, en canto a opción a) como primeira alternativa.

As opcións b) e c) non se consideran axeitadas por improcedentes a día de hoxe, aínda que se teñen ganas de leria o mesmo poden chegar a ser reino ou república. Todo é posible. 

Para o caso de convocar concurso ou concurso-oposición para a selección e nomeamento de candidatos a presidir ou reinar, os que teñan por nome Jaume ou Pedro deberían contar con algún punto xa no inicio do procedemento de selección. (Debe entenderse que non procede o de contar con puntos así polo papo para o caso en que o modo de selección sexa a oposición libre pura e dura). Máis que nada e ante todo porque hai que gardar as formas.

Máis candidatos posibles que eses non procede; porque daquela poderíamos entrar nun batiburrillo de moito rosmillo e non están as cousas como para andar perdendo o tempo con este tipo de menudencias.




Parcela 6.- Murcia. Bueno, Murcia, cuidadito con Murcia que si se poñen a proclamar a República coma no século XIX ou mesmo declararlle a guerra a calquera que se poña en contra deles, a cousa pode tornar en marrón ou incluso a marrón oscuro. 

Así mellor é deixar que se tomen un tempo e que vaian vendo qué vai ser o mellor para eles, pero sin lastimarse evitando levar un golpe ou trastazo innecesario.




Parcela 7.- Andalucía. Coa medida adoptada nas parcelas 1 e 2 corren novos tempos tamén para esta parcela. 

Parece axeitado que unha das primeiras cousas é encargar un pouco de cemento, para que donde haxa xa area poder acondicionar os peiraos e zonas parecidas, un pouco máis do que xa están. Todo elo dada a importante cantidade de quilómetros de costa que lle queda aos desta parcela e tamén diante do presumible alto uso dese tipo de instalacións portuarias que no futuro se agarda.

Quede claro tamén que Miguel Ríos poderá volver a Granada cantas veces lle pete. Solo faltaría.

Dado que o gasto no que se pode incurrir é razonablemente sustancioso, apartase unha cantidade para facer fronte ao mesmo con cargo ao común actual.

O indicado no apartado anterior é mentras tanto no se dea acamallado todo en base a esta partixa.




Parcela 8.- Agora imos cos de arriba. Galicia. Ollo !! Aquí imos quedar de momento no medio da escaleira. O que está claro é que todo “depende”, xa que depende como se mire.

Ao igual que algunha que outra das parcelas, case procede ter varias opcións, para que así dependa o menos posible.

Aquí as solucións posibles son ricas e variadas, como a súa gastronomía.

Unha delas é a República ou mesmo unha monarquia. En calquer caso ter por apelido Andrade, Odóñez, ou mesmo por nome Urraca, non debería ser moito mérito de partida para presidir as mesmas, salvo algún que se encapriche moito e daquela probar así de inicio para ver qué pasa, logo do pertinente proceso de selección. Pero eso sí, todo elo regado con viño do país e as pertinentes racións de polbo á feira e o correspondente churrasco.

Outras alternativas, e menos mal; é irse para Portugal. Total xa queda ao lado.

Outra subalternativa pode ser irmandarse só co norte de Portugal. Aquí o problema pode xurdir en cal será a reacción dos de Oporto para abaixo. Quen sabe?!!

Outra opción é que veñan os da parcela 3, que xa non sería a primeira vez, e o mesmo aínda se lles dá por ofrecer algunhas peonadas que poden sacar dun apuro a máis de catro.

Como ingresos extraordinarios quédalle a opción a esta parcela de poder alugar Sanxenxo durante todo o ano a precios do mes de agosto. Así queda garantizado que haxa cartos dabondo para tomar café con leite polo menos a primeira semana de cada mes. 

Os candidatos preferidos para ofrecerlles este aluguer deberían ser os da parcela 15, que aos pobres cóstalles moito ver o mar así a diario.

Pola mañán dianas e alboradas e ao mediodía bombas de palenque.

Se o tempo o permite ao carón da noite, queimada para todos. Haberá carpa.





Parcela 9.- Asturias. Aquí o que lles queda é o que xa todo o mundo sabe e canta. “Asturias, patria querida”. Con eso dalles para ir tirando uns cantos séculos máis e non sentirse defraudados.




Parcela 10.- Cantabria. Aquí mentras que esté Revilla non hai maior problema. O que pasa é que o home non vai durar sempre. 

Así e todo é posible que teñan tempo dabondo para ir tomando algunha determinación. Ese é o caso. E que sexa para ben.




Parcela 11.- Pais Vasco, Vascongadas, Euskadi. Toda partixa conta sempre con melloras para algún dos herdeiros. 

Aquí está claro que se hai mellora para a parcela 3, a parcela 11 non vai ser menos. Independencia e pitando. Ou andando, que tamén vale e ven sendo na práctica case a mesma cousa.




Parcela 12.- Navarra. Aquí para ben ser tiña que pasar a Reino directamente, pero a República tampouco lles queda mal dada as últimas tendencias que hai no mercado actual.

Así é que despois dun tempo deben elexir, ainda que poden tentar atopar a algún candidato que esté disposto a levar o cargo aínda que sexa en concepto de “acumulación de tareas”. 

Todo o anterior considerase válido mentras que non haxa solución definitiva para os seguintes séculos que nos agardan por diante.




Parcela 13.- Aragón. Bueno, aquí unha pequena mención con carácter excepcional. 

Salvo que teñan a algún candidato de nome Fernando ou algo así, e que esté disposto a dar o callo; mentras tanto o máis cómodo e se cadra incluso máis barato é quedarse na parcela 15, e logo despois xa van vendo.

Aquí tamén o risco máis salientable é se lles aparece así ao lonxe algunha rubia que lles encha o ollo. Se ten por nome Isabel, hai que dar case por sentado que a cousa vai acabar liándose. Que conste. As vodas hoxe en día son carísimas.



Parcela 14.- Canarias. Aquí con tal de darlles outras dúas horas máis de sol das que teñen, xa solucionan a ameaza de posibles caídas na entrada de guiris no seu territorio. 

Luz e sol debe ser o seguro de vida desta parcela. Eso si, todo elo sin IVE, que abarata costes e simplifica trámites.

O Combo Dominicano poderá asentarse os meses do ano que lle pete na parcela 8 sen coste adicional algún.

Aahh!!! E eso de ter unha hora menos, eso acabouse. A partir de agora teñen todas as horas como todo o mundo.




Parcela 15.- Pois esta parcela ven sendo o resto da parcela matriz menos o resto das parcelas anteriormente citadas. Aquí o caso é ir tirando. Eso sí, sempre do alento. Moi importante non esquecer eso.

A modo de compensación poderán reclamar e chegado o caso utilizar, o “ouro de Moscú” que de conseguir que llo devolvan case seguro que lles levanta a paletilla.

Tamen poden, se o consideran axeitado, utilizar o eslogan “España nos roba”, recoñecido e utilizado noutras ocasións por outras parcelas. Así aforran o traballo de ter que andar memorizando cousas novas.



Cláusulas comúns a todas as parcelas

Primeira: Andar con xeito: Procurarase na medida do posible non andar tocando o nabo ao resto das parcelas nin mover marcos baixo ningún concepto. De aquí en adiante, o que a fai, págaa.


Segunda.- Posibilidade de levantar murallas: Para o caso de querer levantar algún tipo de muro, imos deixarnos de caralladas. Nada de muros como o de Trump na fronteira con México ou mesmo o de Berlín, que total para botar pouco máis de 40 anos ao final houbo que tirar con él. 

Aquí de ter que facer algo parecido, farase unha Muralla. Tampouco ten que ser como a de China, pero polo menos como a de Lugo, sí. Osea que cada quén vai botando as súas contas.


Terceira.- Ríos, regatos e acuíferos diversos: A auga correu sempre, corre e correrá cara abaixo. Para os casos en que discorra por máis dunha parcela coidarase da “madre vella” como se fora mesmo a nai que pariu a cada un dos implicados. 

Prestarase esta especial atención tanto de día coma de noite. Incluídos os domingos. Aquí nada de caralladas. Nin siquera as xustas.

O feito de levar a auga para o prado de cada quén non debe impedir que se cumpla coas premisas desta cláusula.

Para o caso de incumprimento por parte dalgunha parcela, ocasionará un follón dos que non está aínda nos escritos. Por avisar que non quede.


Cuarta.- Convenios de colaboración e tratados de todo tipo: No caso de que se vexa a necesidade de facer convenios de colaboración entre parcelas, ou incluso tratados; sexan colindantes ou non, poderanse facer reunións, en base aos seus respectivos comités, xuntas, comisións ou denominacións semellantes que queiran libremente constituir. 

O lugar de celebración pode ser en territorio dalgunha das parcelas implicadas.

De tódolos xeitos queda habilitado con carácter gratuito un espazo dabondo na parcela 15 na localidade de Tordesillas, xa que alí a un tal Fernando e a unha tal Isabel non lles foi tan mal, e así sempre queda de inicio a esperanza de que se pode pregar algo. Algo do bó, claro está.

Os órganos colexiados indicados, denominados comités, xuntas, comisións ou denominacións semellantes que se constitúan deberán contar, como mínimo, cun individuo ou membro que non teña nin puta idea dos asuntos que se vaian tratar. Máis que nada para ter garantizado o de dar a nota. Do contrario quedaría todo moi soso. 

De todas formas considerase que o número axeitado deberían ser máis ben dous os designados con estas peculiaridades, xa que así está prácticamente garantizada unha rica literatura á hora de levantar as actas dos xuntoiros indicados.


Cláusula final

En caso de dúbidas, desavenencias, dimes e diretes e asuntos varios e indeterminados non contemplados no presente documento; usar o caixón da mesa que pon “asuntos que se resolven co paso do tempo” e meter todo nel durante un tempo máis que prudencial, sin mover nin axitar, namais que o necesario para que non colla polilla.

Se esto último non funciona, daquela ir á cláusula inicial e sucesivas desta partixa, e así sucesivamente.

Se sucesivamente sigue sin funcionar, daquela cada quen ten que ir consultando ao seu farmaceutico.


--------------------------------------

NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------



Outros enlaces que lle poden interesar:









O PAISANO QUE FALA A MAZO NO ANO 2019 (pero namais que cando se pon)

O PAISANO QUE FALA A MAZO DURANTE O ANO 2019
(pero namais que cando se pon)






Bueno, este ano 2019 non é que este home estivera moi activo pero sí é verdade que nos está deixando unhas cantas pinceladas propias do seu ser.

Xa sin máis preámbulos aquí vos deixo unhas cantas perlas da súa colleita:



Planimetria básica aportada polo paisano que fala a mazo
para incorporar ao documento das partixas



Xa están dispoñibles as PARTIXAS do paisano que fala a mazo, unha vez que xa hai difunto como dí él.

Un documento das PARTIXAS que podes consultar picando aquí para ver o documento completo.


.



É TODO MOITA RISA, agora que chega o Nadal...  Aquí nunca chegaremos a nada!!, comentou hoxe na taberna pola mañá así como contra o mediodía, o paisano este que fala a mazo, nun tono como se estivera medio ofendido; que por certo non é nada habitual nel.

"Aquí un que empece a despuntar con algo de luces..., e nada chico, non hai forma!!! Xa todo o mundo ríndose e criticando nas tabernas, sin necesidade de arrimarse ao mostrador". 

Pero nada, rematou de forma contundente, como ven sendo habitual nas súas disertacións. "En los Caminos nos veremos, arrieros..."

P.D. Bueno, a verdade non sei se o dixo así exactamente; pero aproxímaselle bastante.






A mediados de novembro de 2019:  Pois disque o paisano este que fala a mazo vaise de finde, que tamén ten dereito a celebrar o San Martiño; logo despois de ter xa elaborado o documento das PARTIXAS, que según boca del non foi doado. Agora toca descansar.


Así o manifestou hoxe a primeiriña hora da mañan contra o mostrador. O único que lle preocupa, pero un pouco namais, é ver se hai alguén que queira virlle atender a burra, que por certo é moi querida por todos. Disque lle falta namais que falar. Vai coma unha rosa. Él xa dixo que ornear, o que é ornear, ornea namais que cando se pon, fóra a alma coma o dono. 

P.D. Ollo ao dato!! De ter que arrancar no esterco desta volta non dixo nin pío, o cal xa é algo.



01/11/2019  DEMANDA DE TRABALLO: O noso amigo, o paisano que fala a mazo, ao ver esta demanda de traballo tamén se sumou a ela; máis que nada por se hai alguén que se anime a axudarlle a arrancar o esterco da corte da burra que ten así para pasar o tempo.

#EiCarballeira  #SiHomeSi  #VancheVirVan













31/10/2019 ADIANTANDO A TODO E A TODOS/AS, o paisano que fala a mazo xa puxo o decorado por duplicado do que vai ser o eixe da súa vida nas vindeiras semanas: cocido de porco e festas de Nadal, en especial o alumeado, que disque está de moda.

Doble concepto "nun plis plás".

Disque lle chiflan esas cousas. 

#NonHaiMaisADondeIr
#QueDudaCabe
 #PaveroAindaEUnPouco
#GaliciaCalidade

Aquí unha mostra gráfica do tarán que ten montado:







MÉTODO:  Método de esterilización de campañas electorais.
(remate de outubro de 2019)







UN DIA CON UN PUNTO.  O noso amigo, ao vir da taberna habitual comentoulles a uns que quedaban contra o mostrador da taberna que hoxe notábase moi ben. Disque notaba algo así coma un punto que outros días non o notaba tanto.





SAMAíN. O paisano este que fala a mazo disque non está en contra do Samaín de hoxe en día nin moito menos; pero él disque é moito máis do nabo que de calquera outra cousa.
Disque donde haxa un bó nabo que se quite o demais.


A XENTE DE CANARIAS que tan tranquila é, comentaba hai nada o paisano que fala a mazo aló no fondo do mostrador. A él moito lle sorprende a xente de Canarias. Disque lle parece mentira ver que tan tranquilos son todos a pesar de ter sempre unha hora menos. Oes!!, pero é que non dan un chío.

Outros en cambio con tal de notar que se movan un pouco as follas das árbores xa se pon todo o mundo así como estarrecido. 

Volvendo ao tema do daltonismo que padece, recalcou de novo que para él non hai color entre uns e outros. Aínda que está convencido que os de Canarias xa lle deberon de coller o tranganillo á cousa e por eso xa non dín nada sobre o tema. 



NON É POR NADA, É POR SABER: Resulta que o outro día paseando pola praia o paisano este que fala a mazo, comentaba arrimado así ao mostrador da taberna, como case sempre se pon él, que disque viu así ao lonxe correteando pola area a dos canciños cos seus respectivos donos.
O caso é que nun momento, un deles, osea, un dos cans (ou cadelas, ou un can e unha cadela, xa que pola distancia era imposible decatarse de semellante precisión), vaise e ponse enriba do outro animal, así como de xeito un tanto cariñoso, nada agresivo por certo, e que de súpeto (todo esto segun palabras do paisano), notou que o que estaba enriba nin curto nin perezoso púxose a realizar uns movementos que en todo momento estaban moi ben acompasados no que eran os seus cuartos traseiros, tocando con eles a area; entretanto que os dianteiros quedabanlle algo así como no medio do lombo do outro animal.
Os donos estaban mentras tanto charlando animadamente no areal, e en cuestión de segundos, un deles, en concreto o do que estaban enriba ao decatarse da situación, sacouno daquela posición tan rara, apartadoo bruscamente de xunto a compañía que atopara naqueles intres, índose sen dar moitas máis explicacións á outra parte contertuliana.
E así é como o paisano que fala a mazo preguntabase na taberna se esa actuación do ser humano indicado, hoxe en día se pode considerar maltrato animal, ou no seu caso qué é o que é.
Disque non é por nada, pero máis que nada disque é por saber....
E eu, aí o deixo....


O CIS na tanerna, hoxe á tardiña.  (esto foi polo mes de outubro, máis ou menos)
Pois resulta que comentando uns tertulianos contra o mostrador da taberna habitual, saiu o tema das enquisas electorais e a fartura que se nota nos ultimos tempos con tanta echente de peticions que hai, movas por donde te movas.
O caso é que xa despois de moitos debates, opinions diversas, dimes e diretes, entre jrolo vai, jrolo ben, o paisano que fala a mazo pechou, a modo de setencia, que segun o parecer del, as enquisas electorais, sexan escritas ou verbais, non estarán minimamente ben formuladas, e polo tanto mínimamente ben cociñadas mentras que non aoareza a posibilidade de contestar: SI HOME SI, QUE CHE VOU DICIR EU A TI A QUEN LLE VOU VOTAR EU DESTA VOLTA !!
Os demais tamen, a modo de asentimento quedaron calados coma petos. Ata que o taberneiro dico: Pois eso digo eu, veña, outra volta !!!
P. D. E asi che andamos.


MOITO DAS HIPOTENUSAS
O paisano este dalle erre que erre, él disque sempre foi moito das hipotenusas. Hoxe disque mais que nunca. Disque ten que ser moi fodido ter que estar seguido ao lado de catetos.
Por eso tamen se decanta moito pola bisectriz. Mais que nada porque disque corta polo medio e se deixa de lerias.
P.D. E asi abandonou hoxe a barra da taberna cara a corte da burra.



UN TIPO POLIFACÉTICO DONDE OS HAXA.- Resulta que hoxe na taberna da diario o paisano este que fala a mazo e máis outra cuadrilla habitual das del, estaban contra o mostrador cando os sorprendeu de novo ao falar dunha actividade que poucos lle coñecían, como é a de partidor.

Parece ser que ten moita experiencia cando andaba nas feiras e lle encargaban facer partixas, evidentemente cando había difunto, e comprometeuse a facer unha proposta o máis axiña posible antes de que ninguén se poña a mover nos marcos.

O que pasa que según dí él non pode ser de inmediato. Disque necesita uns días, máis que nada porque lle corre présa ter que arrancar uns cantos carros de esterco da corte da burra e esbardallalos nas leiras antes de que chova máis.

E todos quedaron mirándose uns aos outros, así como querendo dicir, pero sin dicilo … “mi madriña que sairá agora da cabeciña deste home…!!!”

P.D. E bueno, nesas estamos.



CUESTION DE COLORES  (esto xa foi máis ben aló polo remate do mes de outubro)
Hoxe á hora dos viños o paisano este que ás veces fala a mazo, estando na súa reunión habitual entre outros tan bos coma él, así aló no fondo do mostrador comentou de xeito moi desprendido que él debe padecer algo de daltonismo; xa que entre o feito de ter que dar unhas boas hostias ou ter que levalas, para él a cousa non ten color.




NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------








OUTROS ENLACES QUE TAMÉN LLE PODEN INTERESAR:


As Partixas que fixo o paisano que fala a mazo, agora que hai difunto...