Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
miércoles, 13 de febrero de 2013
JUAN ARMADA Y LOSADA.- Ilustres de Abegondo.- XI Marqués de Figueroa.
JUAN ARMADA Y LOSADA
MARQUES DE FIGUEROA
Juan Armada y Losada. XI Márqués de Figueroa (Fotos de Wikipedia)
(Resúmen de lo publicado en el libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas"de X.X. Rocha Carro). JUAN ARMADA Y
LOSADA, político, escritor e XI marqués de Figueroa, fillo de Juan de Armada y Valdés e Ramona
de Losada y Miranda. Naceu en Madrid o 4 de maio de 1861[i].
Doctorado en Dereito, as actividades mais salientables ó longo da súa vida foron
as de político e escritor.
Na primeira
delas acadou ser o máximo responsable do Partido Conservador na provincia de A
Coruña, e figura representativa da política “maurista” na provincia .
Deputado en
nove Cortes consecutivas desde 1891, ostentou o cargo de Vicepresidente do
Congreso do 1899 ó 1901, do 1903 ó 1904 e do 1904 ó 1905, exercendo alguna vez
como Presidente[ii].
Nun principio
presentouse polo distrito de Pontedeume e mais tarde polo de A Coruña. Foi
titular do Ministerio de Fomento[iii]
en 1904, voltando de novo a encargarse dun departamento ministerial, desta vez
do de Gracia y Justicia dende o 25 de xaneiro de 1907 ata o 21 de outubro de
1909[iv].
Cando ocupaba
o cargo neste último Ministerio foi cando tivo que facerlle frente ós graves
disturbios que houbo nos concellos da bisbarra de Betanzos[v]
por mor das refregas entre o poder establecido e as sociedades de labregos que
estaban a loitar, dunha parte na defensa dos seus propios intereses, e doutra
incluso para facerse co control dos concellos.
Pola gravedade
dos feitos, o tema chegou a ser tratado no Congreso dos Deputados e na prensa a
nivel nacional[vi].
Outra etapa
crítica do seu mandato nete Ministerio coincidiu coas revoltas de Cataluña que
deron pé a graves enfrentamentos, coñecido o caso como a "Semana Tráxica". Foi un dos activos políticos da época para acadar acordar e tentar levar adiante os proxectos do Ferrocarril na provincia de A Coruña.
Por outra
banda é de salientar o traballo lexislativo levado a cabo por Juan Armada y
Losada ó frente do Ministerio de Gracia y Justicia. Entre as normas aprobadas
destacan a “Ley contra la Usura”, la “Ley de Condena Condicional”, la “Ley de
Justicia Municipal” y la “Ley de Reforma Hispotecaria”[vii].
Como escritor
foi membro da Real Academia Española da Lingua, respondéndolle como tal ó
discurso na mesma de Ramón Cabanillas. Da súa capacidade poética dou mostras
tanto no idioma castelán como no galego, sendo asiduo conferenciante de temas
literarios pronunciadas no Ateneo de Madrid.
Entre as súas
obras destacan as recollidas en dos libros, “Del solar galaico” e “Libro de
Cantigas”[viii]
[i]A meirande parte dos autores
reflexan o ano 1861 como o ano de cacemento, nembargantes Modesto Sánchez de
los Santos en “Las Cortes Españolas: las de 1907” sinala o de 1859.
[ii]“LAS CORTES ESPAÑOLAS:LAS DE
1907”.- Modesto Sánchez de los Santos.
[iii]Por Real Orden de 18 de abril de
1900, o Ministerio de Fomento cambia a súa denominación pola de “Agricultura, Industria,
Comercio e Obras Públicas”, para logo en 1905 voltar a denominarse “Fomento”.
[iv]“COMPENDIO DE HISTORIA DE ESPAÑA”.-
C. Pérez Bustamante.
[v]Especialmente en Irixoa, Coirós,
Paderne e Oza dos Ríos.
[vi]Para ampliar mais datos deste
feito consultar “Agrarismo y movilización campesina en el país galego
(1875-1912)” e “Crónicas-3: Entre la mano negra y el nacionalismo gallego”,
ámbolos dous de J.A. Durán, e prensa da cidade de Betanzos daquel tempo.
[vii]“HISTORIA DE GALICIA”.- Emilio
González López.- px: 747
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario