Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
sábado, 18 de mayo de 2013
ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS.- Libro de Xulio Cuns e Xosé Mª Veiga.- (Concello de Betanzos)
ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS.
Libro de XULIO CUNS LOUSA e XOSÉ Mª VEIGA FERREIRA.
Editado polo CONCELLO DE BETANZOS.
Portada do Libro "ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS"
O libro
titulado ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS foi editado ano 2006 polo Concello de
Betanzos rematándose de imprentar no prelo da imprenta “Lugami” un día tan
sinalado como o 17 de maio.
Contraportada
Son
autores deste excepcional traballo, XULIO CUNS LOUSA e XOSÉ MARIA VEIGA
FERREIRA, cun amplo curriculum investigador e incesantes publicacións.
Xosé Mª Veiga Rodriguez
Xulio Cuns Lousa
A obra
consta de 297 páxinas onde se recolle a historia, vida, costumes das orquestras
de baile da comarca das Mariñas. Un riguroso traballo onde se plasma a
evolución que tiveron co paso dos anos as distintas formacións musicais que
traballaron na comarca mariñana, as que tiveron mais sona ou incluso aquelas
outras nas que formaban parte algún músico natural desta bisbarra.
Fotografía publicada en ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS. Nesta recóllese un baile celebrado en Paderne.
Conta
cunha ampla recollida de fotos, que tal como se indica na obra, moitas delas
son inéditas. Inclúe o traballo diferentes etapas nas que se desenvolve a
evolución dos grupos musicais que imperaron en cada época na zona: Dende as
pequenas murgas pasando polas grandes orquestras e os grupos musicais xa mais
modernos da década dos anos setenta, facendo inciso nos grupos adicados á
música lixeira, á “bailable” como indican os autores na súa presentación.
Hoxe en
día está prácticamente esgotado, polo que a súa adquisición faise nun traballo
difícil. Seguramente o editor, o Concello de Betanzos, de existir demanda
debería de barallar a posibilidade dunha reedición, do que seguro tería
aceptación no gran público.
E unha
obra para remorar os numerosos grupos musicais que houbo na bisbarra de
Betanzos, e como non, tamén unha merecida homenaxe ós músicos que integraron
distintos grupos nas décadas do século XX as festas e romarías ó longo da
xeografía galega.
Cartel das festas en Betanzos-Norte (Infesta)
Cartel anunciando festas no Alto do Xestoso
Non hai parroquia en Galicia que quede sen festa nin verbena para
celebrar a súa respectiva, ademais das innumerables romarias que ó longo de todo o ano
se celebran na nosa terra.
Como se
indicaba anteriormente, o traballo abrangue dende o principio do século XX onde
aparecen os primeiros gaiteiros nas aldeas das Mariñas (En Tiobre “os Marra”;
en Collantres “os Mandos”, “os Abrodos” de Velouzás ou “os Rilos” e “os
Freires” en Oza)…. A Banda Municipal de
Betanzos foi tamén un referente musical no arranque do século.
Desta
época resaltan os autores como grupos destacados, entre outros:
OS
BARRALES de Cecebre
OS
PITAS de Pontedeume
OS
MANSOS de Leiro-Miño
OS
CATALÁS da Feira do Tres-Vilarmaior
MANSOS
OU “CAFUS” de Collantres-Coirós
PANCHÓS
de Sada
MUSICA
ESPERELA de Paderne
MUSICA
DOS SABÍN, de Velouzás
AGULLEIROS
de Val de Xestoso-Monfero
MUSICA
DE OIS, de Ois-Coirós
CASTELLANOS
de Goimil-Vilarmaior.
Outro
grupo que dos que se fai mención na obra indicada ORQUESTRAS POPULARES DAS
MARIÑAS, son as dos ano trinta, onde aparece a figura do “animador” ou
“vocalista”.
Aquí
son de renome as seguintes:
OS
GUILIADES, de Guiliade-Betanzos
OS
RAMBALTS (anteriormente denominábanse “Os Mozos de Paderne”)
MALLO
CASTIGADORES
DO ALTO, de Alto Xestoso
LAMAS
de Pontedeume
PACHOTES,
de Vilarmaior.
ORQUESTRA "CASANOVA".- Todos os compoñentes eran da parroquia
de Meangos (Abegondo). Fotos de Luis Rodríguez "Fixoi"
LOS KEY
Seguindo
unha orde cronolóxica os investigadores analizan tamén as orquestras nas
décadas posteriores á guerra civil (anos corenta e cincuenta), época importante
e interesante no avance dos grupos musicais coa incorporación de novos
instrumentos, pero mais que nada a gran novidade tecnolóxica foi a
incorporación de altofalantes nos eventos musicais.
Neste
senso lembro como en tertulias de sobremesa meu pai ten contado mais dunha vez,
que aquela incorporación fora todo un acontecemento. Eso de “oir falar e
cantar” as cerdeiras e maceiras, era moito para aquela xeneración de homes e
mulleres con moita falta de pasalo ben e divertirse. Era unha cousa que nunca
tal se vira, … e que se oirá, tampouco…. Un empresario betanceiro do ramo, un tal
Cancela, parece ser que era o que suministraba destos novos aparellos ás
orquestras, o cal tiña como reclamo aquello que decía.. “ALTAVOCES CANCELA, NON
HAI COUSA COMA ELA”.
Nesta etapa
viña a seguir colleitando éxitos as de décadas anteriores (Rambalts, Lamas,
Guiliades…), pero aparece unha nova xeira de novas orquestras, entre as que
podemos lembrar as seguintes:
OS
PAULOS de Cortiñán-Bergondo
ORQUESTA
BRIGANTINA de Betanzos
ORQUESTA
X de A Coruña
CASANOVA,
de Meangos-Abegondo
OS
SATELITES de A Coruña
PIÑEIRO
de A Coruña
PIÑA de
Ferrol
PATOLOS
de Campolongo
CAPITANES
de Riobao-Sada
BELLAS
FARTO de Ferrol
COMPOSTELA
de Betanzos
SINTONIA
IBERIA,
de Cecebre-Cambre
IMPARCIALES,
de Abegondo
JUVENTUD
DE GUISAMO, de Guísamo-Bergondo
LEIRA
de Ferrol
ORIENTAL
con músicos de Abegondo e de Cesuras
TROVADORES
PRINCIPES
PALMA
de Cesuras
CONQUISTADORES
de Sobrado
AGÜELAS
de Mondego-Sada
SARATOGA
de Ferrol, ….
…….
Festas en Esperla (Paderne).- Foto publicada no libro ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS
Xa
entrando na década dos anos sesenta e setenta, aparecen os “grupos musicais”
con saídas ó exterior e onde se fan as primeiras gravacións.
Neste
apartado mencionanse grupos como
CUMBANCHEROS
de Betanzos
CELTAS
DE ESPAÑA
LOS ESPAÑOLES,
que chegaron a actuar en Xapón
OS VIEIRANTES,
de Betanzos
OS BREOGANS
LOS
CAPRIS
DUKES
ORQUESTRA
LA PIÑA FERROLANA
LOS
DIAMANTES
LAMAS
LA PIÑA
FINISTERRE
GRUPO
J-5
PLAYERS
TREBOL
LOS
TARANTOS
OS KEY
LOS
TAMARA…
….
O
traballo publicado continúa con anécdotas de músicos, os bailes, cómo eran as
regras do baile e tamén fai unha relación das pistas de baile que había na
bisbarra:
O
“salón pista Peneda” de Abegondo, o
salón de “Concheiro” en San Tirso de Mabegondo, “A Flor” de Montouto, e a pista
de Meangos no bar da familia Barallobre. En Bergondo a pista
“Noi”, a “Sociedade de Guísamo”, a sala de festas do “Chiquitero”. En Betanzos os salóns de baile de
Guiliade, a do Liceo, “A Camelia” ou o “Rey Brigo”. En Cesuras a pista de baile do xastre de Carres; en Coirós a pista “Cardenal”, en Ois o
salón de Tizón e o Salón do Ferreiro; en Irixoa,
no lugar da Viña, que había ata duas pistas, por mor da importancia que tiñan
os bailes cando as feiras. Tamén dan conta da situada en Miño o
salón de baile de “Pantín”, e o “Sevillita”. En Monfero, no lugar de Xestoso o salón de baile “Fonte Dola” e no
Xestal “O Pinar. No concello de Oza dos
Ríos estaba o “Salón do Cego” e tamén o salón “Paraíso”. Había outro tamén
en Callobre. En Paderne chamabase o
salón de baile “Grandal”, e en Adragonte denominabase a pista de baile “Casa
Germán. No concello de Sada, en
concreto en Carnoedo o salón de baile “Flora Sánchez”. “A Terraza”, no paseo
marítimo e o “Salón Moderno”. En Vilarmaior
dan conta os autores da pista de baile “Aire dos Pinos”, na Feira do Tres.
Outros
de renome foron a pista de baile “El Seijal” en San Pedro de Nos (Oleiros), ou a pista de baile
“Carnicero” na Ponte da Pasaxe….
Xa no
remate do libro fai referencias biográficas de músicos de sona da bisbarra, que
outro día traeremos aquí para traer de novo á memoria do público.
OS GUILIADE Grupo musical que acadou sona na bisbarra de As Mariñas. (Foto recollida no libro ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS)
OS GUILIADE. Foto recollida no libro: ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS
LOS SATELITES Orquestra de sona internacional
Sen
dúbida este formidable traballo, ademais do recoñecemento ós grupos musicais e
ós seus integrantes, é tamén unha pequena homenaxe a todas esas xeneracións de
galegos e galegas que se criaron e medraron de festa en festa ó son das nosas
orquestras.
Sáude e
música para todos.
Resumen publicado polos autores referido ó libro ORQUESTRAS POPULARES DAS MARIÑAS
NOVA PUBLICACION
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
Este libro pretende acercar del modo más ameno y sencillo posible, a aquellas personas que sientan al menos curiosidad por el mundo de la preparación de las oposiciones. De cualquier tipo, puesto que el modus operandi en la inmensa mayoría de ellas es muy similar.
Yo me centro en la Administración Local, los Ayuntamientos y Diputaciones que es lo que más conozco. Después de más de treinta años de experiencia en la Administración Local y con varias oposiciones en el cuerpo aprobadas y otras bastantes más a las que me presenté, he decidido poner mi grano de arena a colaborar con todas aquellas personas que estén interesadas en la tarea de preparar oposiciones a funcionario/a de la Administración Local.
Quiero participar, en colaborar para dar información lo más precisa y detallada posible, para iniciarse y dar los primeros pasos, que siempre son los más difíciles. Quiero dar información precisa, de la que mi generación carecíamos por completo cuando decidimos tomar este rumbo en nuestras vidas. No había internet y había que buscarse la vida con otras fórmulas mucho más rudimentarias. Ahora es todo mucho más sencillo y rápido, al alcance de todo el mundo, por lo que de existir algún problema en ese sentido, sea quizás el exceso de información y no saber seleccionar adecuadamente al barullo que nos vemos sometidos día a día.
Preparar una oposición es tarea ardua no exenta de disciplina, tesón, perseverancia, confianza en uno mismo; aunque cabe precisar que todo eso forma parte no sólo del mundo de las oposiciones. Lo es también ante el reto de la vida misma si queremos triunfar en cualquier otra actividad. No hay más que observar a quien está a nuestro alrededor y fijarnos en negocios, o profesionales que destacan sobre la media de los demás. Para llegar a ese punto han tenido que ser disciplinados, con mucho tesón y perseverancia y no desmayar en el intento. Pues eso mismo es el mundo de las oposiciones. No tiene mayor secreto. Si quieres cambiar algo tu vida comienza por cambiar tú mismo/a. El mundo cambia aunque tú no cambies. Nada cambia en tu vida si no cambias en tu vida. Ponle alegría, decisión y ánimo. Nada cambia si tú no cambias. No esperes a que te cambien las cosas si tú no haces lo posible porque cambien.
El mundo de las oposiciones es arte, una disciplina que requiere orden y entrenamiento, hasta demostrar la capacidad y habilidades necesarias. Es maña y astucia a la vez hasta adquirir destreza que es lo que nos lleva al éxito. Y a ese éxito quiero invitar a todas aquellas personas deseosas de conseguir lo que alguna vez han soñado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario