Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
sábado, 6 de abril de 2013
ABEGONDO UN CURRUNCHO DAS MARIÑAS
ABEGONDO UN CURRUNCHO DAS MARIÑAS (LIBRO)
Este é o título da publicación que fixen no ano 1996 e ven a tratar sobre o concello de Abegondo. Consta dun total de 256 páxinas. No seu contido trátase de recoller datos relativos a este concello da provincia de A Coruña, nun total de 17 capítulos.
Un dos motivos que me moveu naquel momento a facer este traballo foi, como a modo de curiosidade e modo de reto tamén; intentar recopilar datos que non había por ningures, dado que o arquivo municipal era inexistente con anterioridade a 1948, por mor dun incendio intencionado naqueles anos da post-guerra civil, e que vendo como pasaban os anos, pois como case sempre pasa, o único que quedaba era moita leria, pero do resto mais ben nada que pouco.
E entón púxenme a rebulir en periódicos actuales, nos periódicos que había no arquivo municipal de Betanzos, empecei a ir ó arquivo da Deputación Provincial para ollar todo o Boletín Oficial da Provincia (dende 1835, ata o ano 1975), consulta de libros referidos a diversos temas, tal como se desprende da bibliografía que indico no libro, e así, copia de aqui, recolle de alí, fun recompoñendo este libriño. Tamén foi moi valiosa a aportación que algúns veciños e outras persoas me fixeron cos seus comentarios e entrevistas que nalgún momento foi necesario facer.
Así dalgún xeito o que acabo de comentar, queda plasmado tamén no propio libro, donde se fai referencia, se cadra ata de forma cansina, a referencia da fonte documental dos datos aportados; pero considerei que era oportuno e axeitado, mais que nada porque a inmensa maioría do publicado era en certo sentido inédito, e polo cal tamén, non deixar dúbida algunha sobre a procedencia dos datos que se publicaron. Osea, e en resúmen, que aquí, a vaca polo que vale. (Non sei se me estou explicando). E así, entre tanto papeliño vai, tanto papelino ven, mira por aquí, mira por aló, pois así e entre lerias tamén, pois estiven o nada despreciable tempo de 8 anos, ..., si, sí; 8 anos que estiven recopilando datos e información para que despois fora capaz de "parir" este libriño, que como xa dixen algunha vez, case, case é un fillo. Bueno..., un fillo non, pero é como se fora un irmán, pero un irmán moi pero que moi achegado.
Na portada recolle unha foto da década dos anos 60 do século XX, coa vista parcial da capital municipal, San Marco. Nela pódese ver, nun primeiro plano, a casa da familia Longueira, seguido do camiño que iba a Beade e a continuación a casa da familia Méndez, taberna que aínda era naquela época e que anos atrás estivera tamén a centraliña telefónica. O fondo, a Casa do Concello, reconstruída no ano 1948 logo que quedara totalmente destruída por mor dun incendio nos anos da post-guerra civil.
Púxose a disposición do lector no propio término municipal de Abegondo e noutros limítrofes, como o caso de Carral ou Betanzos, así como nas librerías mais importantes da cidade de A Coruña e de Santiago de Compostela.
Detalle do escudo municipal de finais do século XIX
INDICE DO LIBRO "ABEGONDO UN CURRUNCHO DAS MARIÑAS"
Nos 17 capítulos que está disposto o contido deste traballo trátase de recoller todo o mais salientable e característico do concello, como xa se indicou. Datos sobre a situación, orografía, vexetación, e fauna, datos demográficos e a situación dos sectores económicos productivos.
Un pequeno repaso á escasa industria e comercio polo que sempre se caracterizou, tamén se amosan datos; ou como as vías de comunicación que hai dentro do término municipal. Neste capítulo tamén se fai referencia ós devates políticos que houbo no remate do século XIX na provincia de A Coruña sobre a construcción do ferrocarril dende Santiago de Compostela á capital provincial, xa que houbo nalgún momento en que se barallou un proxecto que atravesaba o término municipal de Abegondo (con estación na parroquia de Leiro, incluída).
Tamén se fai referencia ás entidades deportivas e escasísimas dedicadas á cultura que había ou houbo en Abegondo. Un pequeno repaso ós equipos de fútbol (San Tirso, S.D. e Vizoño, C.F.), ou a relación dalgúns dos campos de fútbol que houbera a mediados do século XX no término municipal.
Tamén se tivo en conta facer algunha referencia ás feiras, verdadeiros motores da economía local; sendo a de San Marco, en Abegondo, unha das mais importantes en toda a bisbarra, xunto coa de Carral, Guísamo, Betanzos ou a do Vinte (en Porzomillos-Oza dos Ríos). Tamén se fai mención a datos de cando houbo algunha outra como en Sarandós ou en Orto.
Os edificios públicos conta cun capítulo específico, onde se trata de recoller os datos mais salientables de cada un deles e dos existentes naquel entón, ano 1996. Especial dedicación á Casa do Concello
O seguinte capítulo está destinado a sinalar datos dos monumentos e edificios histórico-artísticos que hai en todo o territorio do término municipal de Abegondo; do cal podo asegurar que é rico e variado, como en moitos concellos das características del. Trátanse en moitos casos de pazos ou casas señoriais, que dan unha clara mostra dun certo esplendor, polo menos por parte dalgúns en certos momentos e que tiveron por morada a Abegondo. Cómpre salientar neste apartado o Pazo de Figueroa, Pazo de Macenda en Crendes ou as Casas de Ponte en Cos.
Especial significado, polo menos para ten, o cruceiro existente na parroquia de Abegondo, coñecido como "Os Cruceiros Bonitos", peza única e especial en todas cantas hai en Galicia e en España. Moi parecido na súa estructura e construcción ós existentes na Bretaña francesa. Como anécdota a esta construcción, lembrar que aquel famoso alcalde de A Coruña, Alfonso Molina, tentou de levar esta peza orixinal para a cidade, pero diante do rexeitamento dos veciños, optou por facer "unha copia", pero eso sí en formigón, non en cantería como é o orixinal de Abegondo.
No capítulo de persoeiros téntase de facer un pequeno repaso á biografía de persoas salientables por algunha actividade que foran orixinarios ou tiveran vencellados de xeito especial a Abegondo. A relación e detalles biográficos van dende Juan Armada y Losada, marqués de Figueroa (político e sona nacional e escritor); Pedro A. Barros Pedreira (escritor), Salvador Etcheverría Brañas, político republicano do século XX, Marcelino López Chas, músico de Orto ou Francisco J. Presedo Velo, catedrático de Historia en Sevilla, exiptólogo (viaxou a facer excavacións á zona de Asuán) e que foi o que desubriu a Dama de Baza.
As referencias históricas é o capítulo de mais páxinas. Preténdese nel levar os acontecimentos mais salientables dende 1812, en canto que en 1812 coa aprobación da Constitución de Cádiz, escomenza o período que logo daría en 1835-1836 á posibilidade da constitución dos concellos rurais na provincia de A Coruña, os que coñecemos hoxe en día.
Faise un repaso dende a constitución do concello de Abegondo como tal, acontecido en 1835 e levando así cronolóxicamente os aspectos mais importantes ata o ano 1996 en que se rematou o traballo.
De especial interés o relativo ó comenzo do século XX en que houbo unha revolta de labregos na comarca de Betanzos, do cal tamén chegou algún rebufo por aquí, así como cando a República en que houbo trocos nos políticos municipais.
Sen dúbidas o apartado mais salientable é o adicado ós tempos da guerra civil e os anos posteriores; asi como á loita da guerrilla antifranquista que houbo na bisbarra e tamén en Abegondo (nesta época é cando se produce o incendio intencionado da Casa do Concello). Todos estos acontecementos e mais están plasmados neste traballo.
Tamén se recopilaron datos de cando a formación da denominada Xunta Local "Pro reconstrucción da Casa do Concello", a cal tiña como motivación recadar fondos (mais que nada dos veciños), para levar adiante a reconstrucción do edificio municipal que quedara totalmente calcinado, quedando en pé somentes as catro paredes.
Tremendo perxuicio que lles supuxo ós veciños este feito, porque iso conlevou que se perderan todos os datos que había no arquivo municipal (que de seguro que tampouco non serían moitos); e mais que nada ós do Rexistro Civil pois como acontece na meirande parte dos concellos rurais de Galicia, o rexistro civil está case sempre instalado na Casa do Concello. Esta peculiar e lastimosa situación quixo decir, nun sentido práctico, que todas as persoas nacidas con anterioridade ó ano 1948 tiñan que acudir ás respectivas parroquias para acreditar a súa existencia.
Xa no remate desta obra faise unha recopilación dos nomes das persoas que exerceron o cargo de alcalde dende 1835, coas datas respectivas.
Remata o libro con un apartado dedicado a facer unha relación cronolóxica de feitos acontecidos en Abegondo, incluídos algúns mais atrás que do ano 1812.
Seguramente está chegando o día en que mereza unha reedición do que naquel entón escribín, mellorandoo un pouco de aspecto e coa incorporación de mais fotos.
Para solicitar pedidos y envíos, pueden realizarlo a este correo: rochacarro@gmail.com
NOVA PUBLICACION
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
Este libro pretende acercar del modo más ameno y sencillo posible, a aquellas personas que sientan al menos curiosidad por el mundo de la preparación de las oposiciones. De cualquier tipo, puesto que el modus operandi en la inmensa mayoría de ellas es muy similar.
Yo me centro en la Administración Local, los Ayuntamientos y Diputaciones que es lo que más conozco. Después de más de treinta años de experiencia en la Administración Local y con varias oposiciones en el cuerpo aprobadas y otras bastantes más a las que me presenté, he decidido poner mi grano de arena a colaborar con todas aquellas personas que estén interesadas en la tarea de preparar oposiciones a funcionario/a de la Administración Local.
Quiero participar, en colaborar para dar información lo más precisa y detallada posible, para iniciarse y dar los primeros pasos, que siempre son los más difíciles. Quiero dar información precisa, de la que mi generación carecíamos por completo cuando decidimos tomar este rumbo en nuestras vidas. No había internet y había que buscarse la vida con otras fórmulas mucho más rudimentarias. Ahora es todo mucho más sencillo y rápido, al alcance de todo el mundo, por lo que de existir algún problema en ese sentido, sea quizás el exceso de información y no saber seleccionar adecuadamente al barullo que nos vemos sometidos día a día.
Preparar una oposición es tarea ardua no exenta de disciplina, tesón, perseverancia, confianza en uno mismo; aunque cabe precisar que todo eso forma parte no sólo del mundo de las oposiciones. Lo es también ante el reto de la vida misma si queremos triunfar en cualquier otra actividad. No hay más que observar a quien está a nuestro alrededor y fijarnos en negocios, o profesionales que destacan sobre la media de los demás. Para llegar a ese punto han tenido que ser disciplinados, con mucho tesón y perseverancia y no desmayar en el intento. Pues eso mismo es el mundo de las oposiciones. No tiene mayor secreto. Si quieres cambiar algo tu vida comienza por cambiar tú mismo/a. El mundo cambia aunque tú no cambies. Nada cambia en tu vida si no cambias en tu vida. Ponle alegría, decisión y ánimo. Nada cambia si tú no cambias. No esperes a que te cambien las cosas si tú no haces lo posible porque cambien.
El mundo de las oposiciones es arte, una disciplina que requiere orden y entrenamiento, hasta demostrar la capacidad y habilidades necesarias. Es maña y astucia a la vez hasta adquirir destreza que es lo que nos lleva al éxito. Y a ese éxito quiero invitar a todas aquellas personas deseosas de conseguir lo que alguna vez han soñado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario