HORREOS DE COMBARRO
Localizacion:
Parroquia: Combarro
Concello: Poio
Provincia: Pontevedra
Se hai unha estampa típica da Galicia mariñeira e
das Rías Baixas, unha delas son os hórreos
de Combarro.
Combarro, parroquia do Concello de Poio, está situado moi preto da cidade de Pontevedra,
indo pola estrada da costa cara a Sanxenxo.
Contanse sobre 30
exemplares situados á beira do mar, aínda que na vila pódense atopar outros
tantos. Construídos en pedra de forma robusta fan deste conxunto arquitectónico
un punto único en Galicia de gran beleza e de visita obrigada, ubicados
linealmente á beira do mar.
Están construídos entre os séculos XVIII e XIX reemprazando ós de canas e palla que existían
anteriormente.
Según consta na información facilitada polo concello de Poio, a razón pola cal esta
ubicación tan singular na beiramar foi debido a que moitos vecinos tiñan terras
de labranza alén da Ría, e consideraron que a mellor forma de poder transportar
as colleitas era por mar, e por tanto tamén ter o acopio á man, sen ter que
pasar traballos e necesidades de levalas para as casas.
Actualmente, e en especial en época estival a zona
está ateigada de turistas, ofertando o comercio local todo tipo de agasallos e
restaurantes co pratos típicos da cociña galega.
Enlaces de interés:
Horreos de Quins - Melón (Ourense)
Horreos de Barroso - Avión (Ourense)
Canastros de A Merca - Ourense
Horreos no Camiño de Compostela a Fisterra
No hay comentarios:
Publicar un comentario