jueves, 12 de septiembre de 2013

¡¡ LUME !!

LUME !!











Nunha actitude sen precedentes o paisano este que fala a mazo, pero namais que cando se pon tamén disque está moi estarrecido con este tema. Disque está que bota lume!! ..., e claro disque desde a taberna él pouco mais pode facer, e tal. Por eso disque quere dar a cara.


Eu son da beira do monte:
Un, o que escribe, que naceu á beira do monte por onde pasa tamén un río; osea un auténtico salvaxe (ou argollano, como vostedes queiran); cada ano que pasa sinto, o que antes era pena, convírtese agora en noxo polo que acontece todos os veranos en Galicia cos dichosos incendios.

Convivindo co lume:
Recordo que ata o ano 1975 (mais ou menos), na miña bisbarra polo menos non se sabía o que era un incendio forestal. O monte convivía coas persoas, e as persoas co monte, igualito como agora se fai, por exemplo, cos centros comerciais. Mais para atrás no tempo, polo que contan os mais vellos, o monte rara vez ardía. Claro, o que mais e o que menos gardaba do seu cacho de monte que era moito. Ialles ó seu pelexo, á súa economía doméstica. Os montes estaban case coma un xardín. Bueno, como algún xardín.

Incendios como piollos:
O caso é que volvendo o ano 1975 lembro perfectamente eses anos en que pouco a pouco foise “poñendo de moda”, o igual que foron os piollos nos centros escolares, curiosamente nunha época en que xa empezaban a ter duchas e baños boa parte das vivendas; pero con respecto a esta cousa, tivo tal forza que ata incluso se anunciaban na TV champús e fórmulas maxistrales para atacar os diminutos bichiños de marras, que durante uns cursos fixeron verdadeiros estragos na poboación escolar.

Incendios? Unha tradición:
Pero volvendo ó tema dos incendios. Claro, como parece ser que somos de tantas tradicións nesta terra, o dos incendios vai camiño deso. De ser unha tradición nos veranos de Galicia. Pero a min dame a impresión que é algo mais que eso, ten mais fondo que todo eso. Mais que tradición xa é unha auténtica traxedia. Unha catástrofe en toda regla. Digno de estudio para as vindeiras xeneracións.

Digno de estudio:
E ten que ser digno de estudio xa que a sociedade galega, tan arraigado que ten o sentido da propiedade, donde un cacho de terreo minúsculo pode ser unha fonte de conflictos veciñais ou incluso de xeneracións entre familias; somos pola contra e ó mesmo tempo tamén, capaces de plantarlle lume a hectáreas e hectáreas de monte, público ou privado, e todo o mundo como se nada. Como se non fora con nos. Todo o mundo relaxado descojonándose con un café con leite mal expresado nunha paranoia frenética sin sentido da susodicha.

E veña cartos:
Os poderes públicos, mundo aparte; hai relativamente pouco tempo que son capaces de recoñecer que o tema dos incendios en Galicia é derivado na inmensa maioría dos casos pola mán do home. Bueno, do home ou da muller, porque aquí nunca se sabe, claro….  Pero en cambio, ata ó de agora, xa case daba a impresión de que os incendios, salvo raras excepcións, eran causados ou ben por algún pitillo mal apagado, ou por un cristal que despistado polo monte andaba con aquello da calor do sol pois dábaselle por plantar lume así de súpeto como quén non quere a cousa; e logo mais tarde, con un punto moito mais sofisticado viñeron as avionetas que “apareceron” algunha vez “tirando” algún artiluxio dende o aire….

Esto non hai por donde collelo:
Pero claro, xa levamos moitos anos. Demasiados. Xa todo eso xa non cola nin ten explicación nin nada que se semelle. Agora xa hai que ir dando a cara e ir asumindo a cruda realidade. Os incendios son causados por animales de duas patas e dous brazos. Así de clarito.

Culpables:
¿Quén?  Pois eu sinceramente nin idea. Non creo que sexa atribuible a un sector ou grupo concreto, e digo supoño; pero o que parece estar claro é que o lobo nin o raposo sexan os culpables. Osea que o círculo vaise pechando.

Non sei que é o que nos está pasando, pero dende logo esto non é normal. O potencial económico que hai no monte é impresionante, e todo parece indicar que nos preocupa bastante pouco por non decir nada; salvo a uns poucos.

Seguramente todo esto ven derivado da pouca necesidade que temos hoxe en día do monte (eso é o que pode parecer...), nin para vivir del nin para vivir nel e del. Se cadra é eso; pero mentras tanto, así vai índo todo ó garete e estamos perdendo unha boa oportunidade para demostrarnos que somos capaces de facer cousas sensatas e de aproveitar e poñer en valor os recursos naturais que temos diante dos fuciños. En resúmen o que fan en outros sitios. Non sabemos nin copiar, que xa é triste.

Entre elas, ó mellor, será buscar dunha vez por todas algunha solución práctica. Ata ó de agora non as houbo. Os resultados están ahí. Se ó final estamos tan convencidos que nos mesmos, os galegos, somos capaces de plantarlle lume ó noso monte; pois os galegos tamén estamos obrigados a descubrir e a delatar ós causantes desta desgracia colectiva.

Os cartos públicos que se levan gastado en “prevención” e “extinción” dos incendios forestales, por exemplo nos últimos dez anos, se cadra, se o souberamos botaríamos as mans á cabeza. Case mellor nin sabelo.

x + y = Z  ??
Nos somos o problema e polo tanto tamén debemos de ser a solución. Si se empregaran tan só o 50% dos cartos públicos que se gastan en tanta parafernalia que non leva a ningún lado; e eses cartos gastalos en recompensas para aquelas persoas que poidan aportar datos e probas concretas dos causantes dos incendios, se cadra e ó mellor xa empezaban a cambiar as cousas. Si, si, estilo oeste americano.  (Teoría de "aquí a vaca polo que vale")

Sensibilidades varias
Claro que como esta sociedade é tan sensible se cadra estas medidas non serían dixeridas adecuadamente pola colectividade. Quedaría outra que pasaría porque a Administración Pública tomara a iniciativa e incentivara dunha vez por todas a potenciación do sector.

Asociarse.    --Dónde e cándo é esa encherola?--
Claro está que todo pasa en que os particulares, os propietarios principalmente se asociaran (cousa atípica en Galicia, agás para festas e encherolas  --xa se sabe que en Galicia coas cousas de comer non se xoga !!! --) en poder constituir comunidades de propietarios para mellorar as explotacións forestais (aplicable a calquer outro sector do primario). O potencial económico sería e é impresionante ademais de crear postos de traballo. Pero para eso hai que crer nas cousas e nas persoas, ter iniciativa e ter ilusión. 

Cartiños para o peto
Os propietarios son peza indispensable, pero teñen que involucrarse técnicos do sector e a industria, sendo a Administración Pública a que poña orden a esta desfeita que non leva a ningures. Esto non implica que teñan que ir ao monte físicamente, o que teñen que ter claro é que hai potencialidade para que os seus bens naturais se lles poida quitar rendabilidade económica (cartiños para o peto), e para elo necesariamente teñen que asociarse e ser conscientes da situación. Deixar que o monte siga a monte non é solución para ninguén.

Dónde van aqueles tempos en que os marcos se movían de noite ?
Mudan os tempos e mudaron aqueles en que algúns dedicábanse á beira da noite a cambiar nos marcos dos montes e das leiras. Agora xa non se sabe nin dónde estan os marcos. E hora de ir poñendo en orden todo esto, de poñer as bases para que se lle quite rendabilidade económica. Seguramente coa envexa, ver cómo lle funciona de ben ao veciño o mesmo se animan mais. (Eso de que ao veciño lle vaia ben....!! metrajeodemo!!)

Mentras tanto non é nada.  Ou o que ven sendo o mesmo "esto é unha peniña".
Seguiremos dándolle voltas a cousas que de por sí non se arranxan. E como moito é de temer que a iniciativa dos privados sexa mais ben nula non lle queda outra que a Administración Pública (osea, as Administracións Públicas) tome cartas no asunto; si ben tamén é certo que os responsables de turno que lles toca dirixila terán que estar moito mais concienciados do que estiveron ata o de agora e nas últimas décadas. Porque gobernar implica tamén "educar", encauzar á poboación a mellorar a calidade de vida en base a iniciativas que redunden en beneficio propio e no da comunidade. Doutro xeito entón a qué estamos uns e outros ?? 

Curiosamente aquel slongan publicitario de "CUANDO EL MONTE SE QUEMA ALGO TUYO SE QUEMA" sigue vixente e sigue sendo insuperable. Pero nada, nin con esas. Aquí caralladas as xustas !!  Que xa sabemos que nos gusta a carallada e e a papatoria e se temos que fardar de CARALLO pois tamén fardamos e non pasa nada, que nos somos así.

En conclusión, que esto ten solución. Ou non, claro. A saber.



Aquí un exemplo en cómo poder xestionar montes pequenos para quitarlles proveito economico.....


Aínda que todo parece indicar que se lle sigue dando moitas voltas ao tema da mangueira en toda esta historia; pois nada, daquela non queda outra que lembrar a dichosa mangueira. Aquí o que se trata é de ser prácticos, e así poder todos xuntos cantar  A DA MANGUEIRA. Veña mangueira e veña  festa !!






De todas formas aquí tamén teñen espazo os mais acomodados e os mais reflexivos. Sempre queda o paisano este MUJICA.....




E así van pasando os días, os meses e os anos... facendo bó aquel dito xa dos tempos dos romanos e visigodos que a terra é de quén a traballa; slogan publicitario que fixo bó na súa revolución Emiliano Zapata e que dalgún xeito tamén fixeron na práctica os irlandedes e ingleses que dedidiron un bó día conquistar o oeste americano con aquelas impresionantes "caravanas". Claro que todo eso quédanos, se cadra moi lonxe, pero convén ter en conta que xa algunha potente cultura oriental, traballador@s tod@s el@s, xa andan por Africa, moi preto de aqui ......


No hay comentarios:

Publicar un comentario