sábado, 28 de diciembre de 2013

PRAIA DE O ROSTRO - FISTERRA // PLAYA DE O ROSTRO - FINISTERRE

PRAIA DE O ROSTRO - FISTERRA
/reportaxe fotográfica/

----

PLAYA DE O ROSTRO - FINISTERRE


Localización:  
Parroquia: Sardiñeiro
Concello: Fisterra
Provincia: A Coruña



A praia de O Rostro está situada no término municipal de Fisterra, na parroquia de Sardiñeiro. 

E unha desas praias de forte oleaxe e ventosa, coas que conta a costa galega; con pouca presencia de veraneantes e ó carón do Camiño de Muxía a Fisterra

E un areal virxe cunha lonxitude que chega case ata os 2.000 metros por 50 de fondo. No seguinte reportaxe pode contemplarse a forza do mar nun dos días do mes de decembro de 2013 cando xa o temporal amainaba na costa galega.






































O Arco da Vella na praia do Rostro






Estas fotos foron realizadas case no remate do mes de decembro de 2013 por Carmen Fernández Barros, presidenta da Banda de Música de Abegondo (BMA) e xerente da Peluquería "Oasis", á cal cada día que pasa queda mais prendada desta emblemática zona de Galicia.




NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------






Outros enlaces da Praia de O Rostro que lle poden interesar:







No hay comentarios:

Publicar un comentario