A FORMACION E CONSTITUCION
DOS CONCELLOS DE
OZA E CESURAS
NO ANO 1836
Agora que se están a dar os pasos definitivos para a
fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras, comenzando así unha nova etapa
iniciada no ano 2012 quero traer aquí, de forma moi resumida o que aconteceu no
ano 1836; ano en que se aprobaron definitivamente a formación e constitución
dos concellos rurais na provincia de A Coruña.
Moitos deles perduran no tempo, aínda que outros
desapareceron por integrarse noutros concellos limítrofes, ou mesmo cambiaron
de denominación ou incluso segregacións.
No caso de Oza
dos Ríos –inicialmente denominado Oza-,
e Cesuras, pertenecentes o partido
xudicial de Betanzos, a constitución e formación dos mesmos foi parella ó resto
da provincia.
Así, no ano 1836 é cando se aproba definitivamente a relación dos concellos rurais na provincia; logo de pasar por moitos avatares
políticos tanto en España como en Galicia, en que se viñan sufrindo e vivindo dende
o primeiro tercio do século XIX, (invasión francesa, promulgación da
Constitución de Cádiz, formación de concellos constitucionais no trienio
liberal de 1820-1823 etc.).
A DIVISION TERRITORIAL
MUNICIPAL EN 1835.- O Real Decreto de 23 de xullo de 1835[i]
disponía as normas polas cales se deberían de rexir os pobos para a formación
dos concellos. Así no seu art. 4 indicaba que “los pueblos que dependan de ciudades ó villas en cuanto á su régimen
municipal, podrán solicitar la formación de ciudades ó villas en cuanto á su
régimen municipal, podrán solicitar la formación de ayuntamiento propio,
siempre que su población llegue á 100 vecinos bien sea por sí o solos ó
reuniéndose á otros pueblos limítrofes. Sí, vista la utilidad, el Gobierno
concediese la formación de ayuntamiento, se situará este en el punto que
ofrezca mayores ventajas para el mejor gobierno interior. Si la población
estuviese dispersa y sin centro de reunión, como sucede en algunas provincias,
se marcará el territorio correspondiente á cada ayuntamiento, que no deberá
esceder de cuatro leguas en cuadro, ni de una población de 500 vecinos, poco
mas ó menos. En los casos referidos los gobernadores civiles formarán los
correspondientes expedientes en los términos mas sencillos, y los dirijirán á
la soberana aprobación de S.M.”
A aplicación na práctica do R.D. de 23 de xullo de
1835 tivo serios atrancos, por mor da dispersión da poboación, o desinterés ou
mesmamente a ignorancia das persoas dos respectivos lugares. Do interés tomado
polas autoridades da provincia, no
Boletín Oficial da Provincia do 9 de abril de 1836 publícase unha Circular do
Gobernador Civil do día 7 de mesmo mes, na que se sinala o xeito de cómo deben
formarse os concellos nas poboacións rurais, de acordó cunha Real Orde de 8 de
marzo remitida polo Secretario do Estado da Gobernación.
Seguindo cronoloxicamente as actuacións das
institucións implicadas na formación dos concellos constitucionais nesta época,
compre salientar a feita pola Deputación Provincial de A Coruña no Boletín
Oficial da Provincia, que consistía nunha proposta
de distribución das parroquias que formarían cada Concello da provincia.
Así, esta relación estaba formada polas parroquias e distribuídas por partidos, co fin de “personas
ilustradas y conocedoras de las circunstancias del país puedan hacer dentro de
muy breves días, antes de la aprobación definitiva, las observaciones que les
sugiera su interés por bien público, de las que se aprovechará gustosamente
esta Corporación”.
No caso de Oza dos Ríos, as parroquias que se
propoñían inicialmente para a formación de concello eran as seguintes, tal como
se mencionaban no Boletín Oficial da Provincia do día 23 de abril de 1836:
OZA
Oza, san Pedro
Parada, san Esteban
Bandoja, san Martín
Reboredo, Santiago
Regueira, santa María
Porzomillos, san Pedro
Mondoy, santa Cruz
Salto, santo Tomé
Cuiña, santa María
Bibente, san Esteban
No caso de Cesuras,
non estaba na denominación inicial, senón que o concello proposto era Trasanquelos. A relación das parroquias
que se pretendía integrar como concello eran as seguintes:
TRANSANQUELOS
Dordaño, santa María
Probaos, santa Eulalia
Filgueira de Traba, san Miguel
Carrés, san Vicente
Cutian, santa María
Mandayo, san Julián
Bragad, san Mamed
Borrifans, san Pedro
Trasanquelos, san
Salvador
Filgueira de Barranca,
san Pedro
Figueredo, santa María
Leiro, santa Eulalia
Paderne, Santiago
Loureda, san Esteban
Boletín Oficial da Provincia que recolle, de xeito PROVISIONAL, a composición por parroquias dos concellos propostos en 1836. |
Unha vez presentadas as observacións a este
proxecto, a Deputación Provincial de A Coruña decide sobre elas e pasa a
publicar a partir do día 15 de xuño de 1836, e sucesivos, a relación definitiva dos concellos da provincia de A Coruña.
No caso de Cesuras,
tal como consta no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de xuño de 1836 o
concelllo pasaba a denominarse Ayuntamiento
de Cesuras de la parroquia de Bragad, que naquel entón contaba con 494
veciños e 2.670 almas.
As parroquias que quedaban de xeito definitivo eran
estas:
Dordaño, santa María
Probaos, santa Eulalia
Filgueira de Traba, san Miguel
Carres, san Vicente
Cutian, santa María
Mandayo, san Julián
Bragad, san Mamed
Borrifans, san Pedro
Trasanquelos, san
Salvador
Filgueira de Barranca,
san Pedro
Figueredo, santa María
Paderne, Santiago
Loureda, san Esteban
Relación DEFINITIVA na que se recollen as parroquias de "Ayuntamiento de Cesuras de la parroquia de Bragad". Tamén figuran as parroquias dos concellos de Betanzos, Sada, Bergondo e Abegondo. |
No caso de Oza dos Ríos, publicase no Boletín
Oficial da Provincia do día 18 de xuño de 1836 a relación definitiva das
parroquias que a o forman. O concello denominábase Oza.
Oza, san Pedro
Parada, san Esteban
Bandoja, san Martín
Reboredo, Santiago
Regueira, santa María
Porzomillos, san Pedro
Mondoy, santa Cruz
Salto, santo Tomé
Cuiña, santa María
Vivente, san Esteban
Cines, san Nicolás
Boletín Oficial da Provincia que recolle a relación de parroquias que compoñen o recén constituído "Ayuntamiento de Oza".- Ano 1836 |
Coma curiosidade indicar que a parroquia de Vivente,
inicialmente escrita con doble “b”, queda con “v”, tal como se coñece hoxe en
día.
Ademais, a parroquia de santa Eulalia de Leiro,
inicialmente de Oza non se integra ó pasar para o concello veciño de Abegondo,
no sitio de san Nicolás de Cines.
Se quere ver mais información sobre a constitución do resto dos concellos da provincia, pinchar neste enlace:
A constitucion e formacion dos concellos rurais na provincia de A Coruña en 1836.
OTROS ENLACES QUE LE PUEDEN INTERESAR:
O MOSTEIRO DE CIS (OZA DOS RIOS)
ROMARIA DE "SAN XOAN DA ROSA" (BENDRADE - OZA DOS RIOS)
"O ABEGONDO DOS ANOS 50"
O PROXECTO DO FERROCARRIL POR ABEGONDO NO SECULO XIX
"OS CRUCEIROS BONITOS" - O CRUCEIRO DE ABEGONDO.- (Peza única en Galicia)
ORQUESTRAS POPULARES DE AS MARIÑAS (Resúmen del libro)
Libro: "ABEGONDO UN CURRUNCHO DAS MARIÑAS"
SANATORIO DE CESURAS
[i] Boletín Oficial da Provincia de
A Coruña nº 11 de 5 de agosto de 1835.
No hay comentarios:
Publicar un comentario