Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
jueves, 2 de enero de 2014
PONTE MEDIEVAL DE BELDOÑA // PUENTE MEDIEVAL DE BELDOÑA -- (ABEGONDO - BETANZOS)
A ponte medieval de Beldoña está situada
a poucos metros, río arriba, da estrada que vai de Betanzos ao Mesón do Vento, entre os lugares de Guiliade (Betanzos) e Beldoña
(Abegondo), á man esquerda, no
límite xeográfico que o río Mero fai entre os concellos de Abegondo e Betanzos. A poucos metros río abaixo xa atopamos a cola do Encoro de Abegondo - Cecebre, no lugar coñecido como "O PORTANCHO", este último situado entre as parroquias de Crendes (Abegondo) e Piadela (Betanzos).
A
construcción primitiva desta ponte data do século II, aínda que foi reparada na
Edade Media, convertíndose no único exemplar das súas características que hai
na zona e das poucas que quedan na bisbarra. O estilo mais salientable é o
romano, reformándose de xeito importante no século XIV. Conta cun só ollo e de forma
alombada.
Según
consta, por ela pasaba o antigo camiño real que conducía de Betanzos a Santiago de Compostela. Este traxecto era o empregado polos peregrinos que acudían dende
Ferrol, outras localidades do norte da provincia de A Coruña, Lugo a parte
occidental de Asturias, pasando por Betanzos cara á cidade do Apóstolo. Hoxe en
día ese percorrido variou, o cal agora vai cara o mais ó interior, concretamente
polo núcleo de Xan Rozo (Betanzos) e por Limiñón e Cos (no concello de
Abegondo); coñecido como o “Camiño Inglés”.
Esta
ponte foi arranxada na década dos anos 90 logo de sufrir importantes danos no
ano 1989 cando foron derrubados os pretís por unha máquina excavadora, danando
a súa construcción seriamente.
A Xunta
de Galicia no ano 1991 aprobou o recoñecemento desta construcción de
arquitectura popular como monumento histórico.
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario