O FINANZAMENTO DOS GASTOS CORRENTES DOS CONCELLOS POR MEDIO DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACION PROVINCIAL DE A CORUÑA
Resúltame paradóxico como co paso do tempo non chame á atención o que está a pasar nos últimos anos co fin, co destino que se está a facer en boa parte dos cartos destinados o denominado Plan Provincial de Obras e Servizos.
Quixera sinalar que este Plan, o denominado Plan de Obras e Servizos de carácter provincial, ten unha periodicidade anual, e pode considerarse o montante mais importante que desa forma periódica os concellos poden contar con él, onde ó mesmo tempo está dun xeito regulamentado. Remóntanse os seus inicios á época de Adolfo Suárez se non lembro mal.
E digamos tamén, xa para terminar o resúmen de inicio, que o Plan Provincial de Obras e Servizos, é, e foi para os concellos a válvula de escape, o caixón de sastre, o método de finanzamento das obras e servizos de caracter esencial. Osea que os concellos sempre tiveron este Plan para financiar as obras típicas de construcción de novas estradas municipais, para o seu mantemento, para obras de alumeado público, construcción de beirarrúas, abastecementos de auga, saneamentos, etc, etc.., un longo etc.., por é un longo etc., de competencias que os concellos teñen...
Con esto da crise, tamén se non lembro mal, no ano 2009 escomenzou unha nova etapa, un novo concepto que a Deputación Provincial de A Coruña engadiu á normativa do devandito Plan Provincial de Obras e Servizos, de cara a salvar a precaria situación económica dos concellos á hora de facer frente ós innumerables impagos e facturas pendentes de pago, dentro do que se denominan gastos correntes, presupostariamente falando. E decir, que a partir do ano 2009, os concellos poideron derivar parte dos cartos que lles correspondían anualmente a cada un deles para facer obras, destinar parte ó pago de facturas de gastos correntes, (por exemplo, facturas de alumeado publico, saneamento, etc, ).
Nese primeiro ano, e estou a falar de memoria, o tope era do 30% do que podían destinar paga pagar facturas do Plan de Obras e Servizos. A cousa, ou mellor dito, supoño que a crisis, derivou en que co paso dos anos este tope pasara a aumentarse e, se non me falla a memoria, agora pódese chegar ata un 50% dos cartos asignados ós concellos para que os poidan usar no pago de facturas de gastos correntes.
No día de hoxe aparece publicado en diversos medios de comunicación, as cantidades que determinados concellos están a facer uso de esa medida de gracia que a Deputación Provincial destina ós concellos da provincia por medio da financiación do Plan de Obras e Servizos. Como non hai mellor explicación que unha imaxen (ás veces), de seguido pódense ollar os datos que figuran publicados.
Gastos correntes financiados por medio do POS 2013 |
Gastos correntes financiados por medio do POS |
De seguido añado outra relación con outras cantidades, que son as que corresponden realmente á inversión, ó investimento (obxeto esencial do propio Plan). Así con esas 2 relacións, as do investimento, xunto coas respectivas cantidades que figuran nas fotos anteriores, póde cada quén facerse unha composición de lugar fiel e axeitada, en qué e cómo se "gasta" en cada concello o denominado Plan de Obras e Servizos do ano 2013.
As relacións das obras e investimentos totales, polo menos algúns deles, son os seguintes:
Investimentos |
Investimentos |
Investimentos |
Nas tres ilustracións anteriores, evidentemente non figuran a totalidade dos concellos. Non é esa a intención desta publicación. Sólo é unha mostra para que se poidan facer comparativas e ver casos que poidan ser exemplos dunha realidade.
O feito é que esta medida adoptada pola Deputación Provincial de A Coruña, os concellos da provincia veñen acolléndose, de forma periódica e anual, dende o ano 2009.
Como pode observarse, e somentes con coller uns poucos exemplos, creo que estamos diante dunha realidade que canto menos pode considerarse como preocupante, ó ver o alto porcentaxe de cartos que se derivan para o pago de facturas en detrimento de investimento en obras e servizos de carácter municipal.
Non quero dende logo poñer en dúbida a filosofía da medida impulsada pola Deputación, porque sen dúbida resolveu dun xeito claro un problema gravísimo que padecían (e siguen a padecer moitos concellos da provincia), como é o caso do pago de facturas.
Pero tamén é certo que creo que sigue a ser preocupante, ó comprobar que co paso do tempo, co paso dos anos a situación, lonxe de resolverse ou de ir tendo pinta de resolverse, parece mais ben todo o contrario ou canto menos de estancarse.
Non fai falta ser un lumbreras para chegar á conclusión que a este ritmo, as obras e os servizos esencias que se resolvían por medio do Plan de Obras e Servizos da Deputación, van a quedar como un bó recordo, dado o escaso investimento que nalgúns casos se está facer dende hai anos.
Seguramente o ciudadán terá que ir preparándose para que nalgún caso vexa (e ogallá me equivoque), medrar día a día baches nas estradas, farolas que non alumean e que non se repoñen, etc, etc...
Eso é preocupante, e seguramente haberá que seguir maquinando para sair desta situación; pero mais preocupante pode ser a situación (polo menos para algúns) ó ver e comprobar que sigue habendo gobernos municipais que siguen "tirando da manta" e seguir con vellas e obsoletas formas de entender e facer política como é o asfaltado de eiras ou colocar farolas nas hortas (claro está co permiso e complacencia dos propietarios-beneficiarios de tales feitos). E esto amigos e amigas, non é un tópico, é unha realidade no ano 2013.
O respeto ós cartos públicos debe de seguir sendo unha premisa esencial para entender parte do servizo público de quén exerce o poder (por certo, por tempo limitado aínda que algún perdure no tempo de tal forma que algún día sairá este fenómeno antinatural nos libros de historia como unha das lacras da política no noso país).
Aínda así e con todo, seguramente sería bó empezar a buscar unha solución a esta situación, salvo que se pretenda instaurar xa como definitiva esta forma ou método iniciado no ano 2009, en cómo e para qué deben de ser os cartos destinados e consignados no Plan Provincial de Obras e Servizos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario