martes, 8 de enero de 2013

CASTILLO DE SANTA CRUZ // CASTELO DE SANTA CRUZ (Oleiros - A Coruña)


CASTILLO DE SANTA CRUZ

CASTELO DE SANTA CRUZ








Localización

Provincia:   A Coruña
Concello:    Oleiros
Parroquia:  Liáns


O Castelo de Santa Cruz é unha fortificación que data do século XVI mandado construir polo xeneral Diego das Mariñas, co fin de ampliar a defensa da bahía de A Coruña (xunto co Castelo de San Antón) contra os constantes ataques dos ingleses que estaba a sufrir a cidade.

Está situado nunha pequena illa dunha superficie de 1,9 has., cuberta de árbores e xardíns en boa parte dela. Conta cun paseo perimetral, onde ademais da beleza do Castelo e da propia illa en sí, pódese disfrutar das fermosas vistas da cidade de A Coruña e da súa bahía.


O acceso ó Castelo de Santa Cruz faise por medio dunha pasarela de madeira, aínda que tamén se pode acceder perfectamente andando en horas de marea baixa. Debido a esta circunstancia natural é de salientar as curiosas imaxes que en pouco tempo debuxa o mar según a altura da auga en cada momento.

O Castelo de Santa Cruz estivo operativo coa finalidade defensiva para o que foi cosntruído ata finais do século XVIII, pasando logo a ser abandonado ó ir cesando os ataques  á cidade. Foi recuperado no século XIX pola familia de Emilia Pardo Bazán que o recuperou como residencia de verán.

Os descendentes da escritora donan no ano 1939 o Castelo de Santa Cruz ó Exército que o destina durante os veranos como centro de colonias para os nenos orfos da guerra, actividade que perdurou ata a década dos anos 70 do século pasado.

Foi logo cando o Concello de Oleiros intentou adquirir o Castelo de Santa Cruz para uso e disfrute dos vecinos, conquerindo a súa propiedade no ano 1989 para convertirse como Centro de Referencia da Educación Ambiental en Galicia”.

Foi así como chega á actualidade en que o Castelo de Santa Cruz convírtese na sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) que no ano 2001 comenza a súa actividade de formación e divulgación, exposicións, cursos, charlas, exposicións en temas ambientales. Esta institución está formada por tres entidades: Concello de Oleiros, Consellería de Medio Ambiente e Universidade de A Coruña.

O Castelo de Santa Cruz está considerado como unha referencia turística e emblema ambiental en toda a comarca, na provincia e en Galicia, sendo un punto de referencia de visitantes ó longo do ano e en especial nos meses de verano.


Aquí lles deixo unha ampla reportaxe fotográfica desta bonita edificación e paisaxe, invitandoos sempre a que a visiten:


Enlaces que se lle poden interesar:










Video patos cruzando adecuadamente paso habilitado ao efecto.




Video do Porto de Santa Cruz en distintas épocas do ano 2018











Video formado por distintas fotografías, tomadas a lo largo del año 2018 desde el mismo punto (entrada desde el puente de acceso)



Video alternativo de duración aprox. de 2 minutos, sobre vistas recogidas a lo largo de 2018 desde el mismo punto.




Parque das Galeras entre Santa Cruz e Bastiagueiro  (video)













































































































































































































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario