MOSTEIRO DE SAMOS
Camiño de Santiago de Compostela
Treito de Triacastela a Sarria
Localización
Municipio: Samos
Provincia: Lugo
O mosteiro
benedictino de Samos atópase no Camiño
de Santiago, en concreto no chamado “Camiño
Francés” ó seu paso pola provincia de Lugo.
O maxestuoso edificio está situado nas inmediacións
do río Sarria, nun tranquilo val, paraxe envidiable e típica da Galicia
interior, serea e calma para os peregrinos e os camiñantes.
Para ir de Triacastela a Sarria existen duas
alternativas no Camiño. Unha delas e a denominada “meridional”,
a mais longa delas, a cal lévanos ós pes deste mosteiro construido no século VI.
Está considerado como un referente para os
peregrinos no seu andar polo Camiño Francés cando entran en terras de Galicia. Conta
cun albergue e as súas instalacións
ofrecen un espazo axeitado para o descanso e a contemplación.
O edificio padeceu ó longo da súa historia varias
modificacións e ampliacións, derivados de incendios e destruccións ó longo dos
séculos. Resaltar deste xeito cando a invasión napoleónica que foi adicado
a hospital de guerra. Abandonado
polos monxes cando a Desamortización de Mendizábal no século XIX, tivo que agardar ata o ano 1880 para de novar iniciar unha nova etapa de restauración do edificio.
Video de un Souto de Castaños no tramo de Triacastela a Samos.
A chegada a Samos dende Triacastela a vista ao Mosteiro é simplemente espectacular. Aquí unha pequena mostra:
Video de un Souto de Castaños no tramo de Triacastela a Samos.
A chegada a Samos dende Triacastela a vista ao Mosteiro é simplemente espectacular. Aquí unha pequena mostra:
Enlaces que lle poden interesar:
De AMBASMESTAS a O CEBREIRO.- Subida a LA FABA
O CEBREIRO.- Camiño de Santiago.- Reportaxe fotográfica
De O CEBREIRO a TRIACASTELA
TRIACASTELA
PORTOMARIN
O CEBREIRO.- Camiño de Santiago.- Reportaxe fotográfica
De O CEBREIRO a TRIACASTELA
TRIACASTELA
PORTOMARIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario