jueves, 3 de enero de 2013

CANASTROS DE A MERCA (Ourense)


CANASTROS DE A MERCA




Localizacion:
Parroquia: A Merca
Concello: A Merca
Provincia: Ourense

A concentración de Canastros de A Merca é a mais grande de Galicia, xa que conta con un total de 34 exemplares, considerándose á súa vez coma unha das mais importantes de Europa.

Situados no Concello de A Merca, nas Terras de Celanova, foron trasladados polos veciños á ubicación actual na década dos anos 70 do século pasado ó antigo Campo da Feira de A Merca. Nesta iniciativa amparada pola administración pública en colaboración cos vecinos, fixo que os canastros inicialmente instalados nas eiras de cada veciño-propietario, fora impulsada ó seren os terreos comunales e xa cando a feira estaba decaendo.

Chegaron a rehabilitarse na súa totalidade agás un deles, do que quedou só os soportes. Están construídos en madeira e cubertos de tella. Nalgúns casos os pés e a base son de pedra.

Considerase que a súa construcción é relativamente recente, xa que na meirande parte dos casos estimase que son de principios do século XX.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario