Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
lunes, 28 de octubre de 2019
AS PARTIXAS do paisano que fala a mazo, pero namais que cando se pon
AS
PARTIXAS do paisano que fala a mazo, pero namais que cando se pon
O
paisano este que fala a mazo gosta de fardar, de cando en vez, de
múltiples facetas da súa vida. Unha delas é a de partidor, como xa
ten comentado.
Agora,
hai nada, acaba de facernos unha especie de tratado, sobre un
borrador de posibles partixas, unha vez que hai difunto, como dí él. Este tipo é un home moi posto neste tipo de avatares xa que nos seus
anos mozos cando ía ás feiras, encargábanlle as partixas outros
paisanos que no fondo eran tan bós coma él. Tal é a cousa que
aínda lles dura a día de hoxe unha profunda amizade, de tal xeito
que son capaces de seguir xuntándose case todos os días contra o
mostrador da taberna preferida deles para meterlles uns jrolos así
sin despeinarse tan siquera.
Así
é como neste caso empeza a desmenuzar as partixas que se lle
presentan como as máis complicadas dende que ten uso de razón, pero
como é un tipo con moita experiencia, sobre todo arrancando esterco
na corte da burra, considera que é o momento oportuno xa de ir
presentando o documento para que os herdeiros tomen coñecemento o
máis axiña posible do reparto da herdanza.
Apórtase
planimetría básica.
Empeza
o documento sinalando que os herdeiros teñen as seguintes Cláusulas:
Cláusula
inicial
Comenta
o paisano que como primeira opción é aplicar a Cláusula primeira,
a cal consiste básicamente en deixar a parcela matriz tal como está,
tentando sobrevivir da mellor maneira posible como ata o de agora.
Deixar de sufrir tanto por todo que xa se sabe que as cousas de entre
varios ou de moitos nunca é nin está ao gosto de todos.
Ser
ben levados sempre foi unha boa cousa. Pero él non está para dar
consellos. A súa función é partir. E neso está.
Deixandoa
como está (a parcela) os herdeiros non se meten en gastos e así aínda poden ir
trampeando algo en B, para ir tapando algún burato, que moitas veces
é do que se trata.
Como
contrapartida haberá que poñerse as pilas para o caso en que a
Facenda pida contas de por qué non se fan as partixas, co cal a
cousa pode tornar en complicada, porque case sempre en estos casos
toca pagar. Polo tanto ter liquidez é fundamental xa que doutro
xeito acaba pagandose co pelexo.
De
todas formas como xa dicían os antepasados do paisano que fala a
mazo, que tamén eran uns paisanos de moito rosmillo, “os problemas
que se resolven con cartos, non son problemas”.
Partixa
propiamente dita
De
non valer esta Cláusula primeira, daquela as partixas quedan como
siguen, tendo en conta que a parcela principal (ou matriz) sobrepasa
os 500.000 quilómetros cadrados, co cal tampoco é doado facer un
documento que contente a todos os herdeiros. Aínda así ei van as
dichosas partixas do paisano que fala a mazo, pero namais que cando
se pon, todo elo para que despois non se vaia dicindo por aí que si
tal e que se cual. No, no. Aqui están:
Parcela
1 e 2 e subparcelas correspondentes: Son as de Ceuta e Melilla. O
primeiriño de todo abrir todas as cancelas e portelos existentes.
Que corra aire fresco. O resto xa ven solo. As subparcelas das Illas
Alhucemas, Peñón de Vélez de la Gomera e Illas Chafarinas correrán
a mesma sorte, por moi aireadas que se consideren a día de hoxe.
Aquí inclúense tamén a apertura dos pexicos e soltar as caravillas
de todas as portas.
Parcela
3.- É a que leva a mellora da partixa. Esta figura é moi habitual
nas partixas e polo tanto nesta non vai ser menos. Trátase de
Cataluña. Despois de tantos intentos, non hai máis que lembrar o do
ano 1934 en plena IIª República, non se fale máis. Independencia
ao canto. Sí ou sí. Un cuarto de hora para alegacións aos que non
a queiran e andando.
Parcela
4.- Baleares. Aquí xa entramos no mundo das opcións, que tampouco
está mal, para a hora de repartir o que hai.
Como
opción a) poden valorar ser unha provincia ou territorio a modo de
anexo, ainda que sexa provisional da parcela 2. Máis que nada é por
probar.
A
opción b) consiste en deixarse ir polos guiris que xa teñen máis
que acomodados na súa parcela, sobre todo os alemáns e británicos,
dado que xa teñen, incluso, canle de TV e todo; e eso xempre axuda,
polo menos á hora de fardar.
A
opción c); porque como dí Manquiña en “Airbag”, - “cuidado!!
igual te viene la c)-” logo de estar a contas coa b). Bueno, pois
aquí tamén temos a opción c), que non é outra cousa que agardar
un tempo prudencial, xa que o mesmo interesalles esta parcela aos
británicos donde xa estiveron hai certo tempo moi familiarizados con
Menorca.
Ollo
co anterior porque tamén poden ter algunha contraoferta interesante
dos franceses, o cal sempre é un aliciente máis e axuda a
revitalizar o mercado e a competencia. Vamos, o que se lle pode
chamar unha posta en valor, ou algo así.
Parcela
5.- Por levar un orden cara abaixo en relación á parcela matriz,
agora toca Valencia. É dicir, a Comunidade Valenciana. Aquí pasa un
pouco como na parcela 4, en canto a opción a) como primeira
alternativa.
As
opcións b) e c) non se consideran axeitadas por improcedentes a día
de hoxe, aínda que se teñen ganas de leria o mesmo poden chegar a
ser reino ou república. Todo é posible. Para o caso de convocar
concurso ou concurso-oposición para a selección e nomeamento de
candidatos a presidir ou reinar, os que teñan por nome Jaume ou
Pedro deberían contar con algún punto xa no inicio do procedemento
de selección. (Debe entenderse que non procede o de contar con
puntos así polo papo para o caso en que o modo de selección sexa a
oposición libre pura e dura). Máis que nada e ante todo porque hai
que gardar as formas.
Máis
candidatos posibles que eses non procede; porque daquela poderíamos
entrar nun batiburrillo de moito rosmillo e non están as cousas como
para andar perdendo o tempo con este tipo de menudencias.
Parcela
6.- Murcia. Bueno, Murcia, cuidadito con Murcia que si se poñen a
proclamar a República coma no século XIX ou mesmo declararlle a
guerra a calquera que se poña en contra deles, a cousa pode tornar
en marrón ou incluso a marrón oscuro. Así mellor é deixar que se
tomen un tempo e que vaian vendo qué vai ser o mellor para eles,
pero sin lastimarse evitando levar un golpe ou trastazo innecesario.
Parcela
7.- Andalucía. Coa medida adoptada nas parcelas 1 e 2 corren novos
tempos tamén para esta parcela. Parece axeitado que unha das
primeiras cousas é encargar un pouco de cemento, para que donde haxa
xa area poder acondicionar os peiraos e zonas parecidas, un pouco
máis do que xa están. Todo elo dada a importante cantidade de
quilómetros de costa que lle queda aos desta parcela e tamén diante
do presumible alto uso dese tipo de instalacións portuarias que no
futuro se agarda.
Quede
claro tamén que Miguel Ríos poderá volver a Granada cantas veces
lle pete. Solo faltaría.
Dado
que o gasto no que se pode incurrir é razonablemente sustancioso,
apartase unha cantidade para facer fronte ao mesmo con cargo ao común
actual.
O
indicado no apartado anterior é mentras tanto no se dea acamallado
todo en base a esta partixa.
Parcela
8.- Agora imos cos de arriba. Galicia. Ollo !! Aquí imos quedar de
momento no medio da escaleira. O que está claro é que todo
“depende”, xa que depende como se mire.
Ao
igual que algunha que outra das parcelas, case procede ter varias
opcións, para que así dependa o menos posible.
Aquí
as solucións posibles son ricas e variadas, como a súa gastronomía.
Unha
delas é a República ou mesmo unha monarquia. En calquer caso ter
por apelido Andrade, Odóñez, ou mesmo por nome Urraca, non debería
ser moito mérito de partida para presidir as mesmas, salvo algún
que se encapriche moito e daquela probar así de inicio para ver qué
pasa, logo do pertinente proceso de selección. Pero eso sí, todo
elo regado con viño do país e as pertinentes racións de polbo á
feira e o correspondente churrasco.
Outras
alternativas, e menos mal; é irse para Portugal. Total xa queda ao
lado.
Outra
subalternativa pode ser irmandarse só co norte de Portugal. Aquí o
problema pode xurdir en cal será a reacción dos de Oporto para
abaixo. Quen sabe?!!
Outra
opción é que veñan os da parcela 3, que xa non sería a primeira
vez, e o mesmo aínda se lles dá por ofrecer algunhas peonadas que
poden sacar dun apuro a máis de catro.
Como
ingresos extraordinarios quédalle a opción a esta parcela de poder
alugar Sanxenxo durante todo o ano a precios do mes de agosto. Así
queda garantizado que haxa cartos dabondo para tomar café con leite
polo menos a primeira semana de cada mes. Os candidatos preferidos
para ofrecerlles este aluguer deberían ser os da parcela 15, que aos
pobres cóstalles moito ver o mar así a diario.
Pola
mañán dianas e alboradas e ao mediodía bombas de palenque.
Se
o tempo o permite ao carón da noite, queimada para todos. Haberá
carpa.
Parcela
9.- Asturias. Aquí o que lles queda é o que xa todo o mundo sabe e
canta. “Asturias, patria querida”. Con eso dalles para ir tirando
uns cantos séculos máis e non sentirse defraudados.
Parcela
10.- Cantabria. Aquí mentras que esté Revilla non hai maior
problema. O que pasa é que o home non vai durar sempre. Así e todo
é posible que teñan tempo dabondo para ir tomando algunha
determinación. Ese é o caso. E que sexa para ben.
Parcela
11.- Pais Vasco, Vascongadas, Euskadi. Toda partixa conta sempre con
melloras para algún dos herdeiros. Aquí está claro que se hai
mellora para a parcela 3, a parcela 11 non vai ser menos.
Independencia e pitando. Ou andando, que tamén vale e ven sendo na
práctica case a mesma cousa.
Parcela
12.- Navarra. Aquí para ben ser tiña que pasar a Reino
directamente, pero a República tampouco lles queda mal dada as
últimas tendencias que hai no mercado actual.
Así é que despois
dun tempo deben elexir, ainda que poden tentar atopar a algún
candidato que esté disposto a levar o cargo aínda que sexa en
concepto de “acumulación de tareas”.
Todo o anterior considerase
válido mentras que non haxa solución definitiva para os seguintes
séculos que nos agardan por diante.
Parcela
13.- Aragón. Bueno, aquí unha pequena mención con carácter
excepcional. Salvo que teñan a algún candidato de nome Fernando ou
algo así, e que esté disposto a dar o callo; mentras tanto o máis
cómodo e se cadra incluso máis barato é quedarse na parcela 15, e
logo despois xa van vendo.
Aquí
tamén o risco máis salientable é se lles aparece así ao lonxe
algunha rubia que lles encha o ollo. Se ten por nome Isabel, hai que
dar case por sentado que a cousa vai acabar liándose. Que conste. As
vodas hoxe en día son carísimas.
Parcela
14.- Canarias. Aquí con tal de darlles outras dúas horas máis de
sol das que teñen, xa solucionan a ameaza de posibles caídas na
entrada de guiris no seu territorio. Luz e sol debe ser o seguro de
vida desta parcela. Eso si, todo elo sin IVE, que abarata costes e
simplifica trámites.
O
Combo Dominicano poderá asentarse os meses do ano que lle pete na
parcela 8 sen coste adicional algún.
Aahh!!!
E eso de ter unha hora menos, eso acabouse. A partir de agora teñen
todas as horas como todo o mundo.
Parcela
15.- Pois esta parcela ven sendo o resto da parcela matriz menos o
resto das parcelas anteriormente citadas. Aquí o caso é ir tirando.
Eso sí, sempre do alento. Moi importante non esquecer eso.
A
modo de compensación poderán reclamar e chegado o caso utilizar, o
“ouro de Moscú” que de conseguir que llo devolvan case seguro
que lles levanta a paletilla.
Tamen
poden, se o consideran axeitado, utilizar o eslogan “España nos
roba”, recoñecido e utilizado noutras ocasións por outras
parcelas. Así aforran o traballo de ter que andar memorizando cousas
novas.
Cláusulas
comúns a todas as parcelas
Primeira:
Andar con xeito: Procurarase na medida do posible non andar tocando o
nabo ao resto das parcelas nin mover marcos baixo ningún concepto.
De aquí en adiante, o que a fai, págaa.
Segunda.-
Posibilidade de levantar murallas: Para o caso de querer levantar
algún tipo de muro, imos deixarnos de caralladas. Nada de muros como
o de Trump na fronteira con México ou mesmo o de Berlín, que total
para botar pouco máis de 40 anos ao final houbo que tirar con él.
Aquí de ter que facer algo parecido, farase unha Muralla. Tampouco
ten que ser como a de China, pero polo menos como a de Lugo, sí.
Osea que cada quén vai botando as súas contas.
Terceira.-
Ríos, regatos e acuíferos diversos: A auga correu sempre, corre e
correrá cara abaixo. Para os casos en que discorra por máis dunha
parcela coidarase da “madre vella” como se fora mesmo a nai que
pariu a cada un dos implicados. Prestarase esta especial atención
tanto de día coma de noite. Incluídos os domingos. Aquí nada de
caralladas. Nin siquera as xustas.
O
feito de levar a auga para o prado de cada quén non debe impedir que
se cumpla coas premisas desta cláusula.
Para
o caso de incumprimento por parte dalgunha parcela, ocasionará un
follón dos que non está aínda nos escritos. Por avisar que non
quede.
Cuarta.-
Convenios de colaboración e tratados de todo tipo: No caso de que se
vexa a necesidade de facer convenios de colaboración entre parcelas,
ou incluso tratados; sexan colindantes ou non, poderanse facer
reunións, en base aos seus respectivos comités, xuntas, comisións
ou denominacións semellantes que queiran libremente constituir. O
lugar de celebración pode ser en territorio dalgunha das parcelas
implicadas.
De
tódolos xeitos queda habilitado con carácter gratuito un espazo
dabondo na parcela 15 na localidade de Tordesillas, xa que alí a un
tal Fernando e a unha tal Isabel non lles foi tan mal, e así sempre
queda de inicio a esperanza de que se pode pregar algo. Algo do bó,
claro está.
Os
órganos colexiados indicados, denominados comités, xuntas,
comisións ou denominacións semellantes que se constitúan deberán
contar, como mínimo, cun individuo ou membro que non teña nin puta
idea dos asuntos que se vaian tratar. Máis que nada para ter
garantizado o de dar a nota. Do contrario quedaría todo moi soso.
De
todas formas considerase que o número axeitado deberían ser máis
ben dous os designados con estas peculiaridades, xa que así está
prácticamente garantizada unha rica literatura á hora de levantar
as actas dos xuntoiros indicados.
Cláusula
final
En
caso de dúbidas, desavenencias, dimes e diretes e asuntos varios e
indeterminados non contemplados no presente documento; usar o caixón
da mesa que pon “asuntos que se resolven co paso do tempo” e
meter todo nel durante un tempo máis que prudencial, sin mover nin
axitar, namais que o necesario para que non colla polilla.
Se
esto último non funciona, daquela ir á cláusula inicial e
sucesivas desta partixa, e así sucesivamente.
Se
sucesivamente sigue sin funcionar, daquela cada quen ten que ir
consultando ao seu farmaceutico.
--------------------------------------
NOVA PUBLICACION
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario