Planimetria básica aportada polo paisano que fala a mazo para incorporar ao documento das partixas |
Xa están dispoñibles as PARTIXAS do paisano que fala a mazo, unha vez que xa hai difunto como dí él.
Un documento das PARTIXAS que podes consultar picando aquí para ver o documento completo.
É TODO MOITA RISA, agora que chega o Nadal... Aquí nunca chegaremos a nada!!, comentou hoxe na taberna pola mañá así como contra o mediodía, o paisano este que fala a mazo, nun tono como se estivera medio ofendido; que por certo non é nada habitual nel.
"Aquí un que empece a despuntar con algo de luces..., e nada chico, non hai forma!!! Xa todo o mundo ríndose e criticando nas tabernas, sin necesidade de arrimarse ao mostrador".
Pero nada, rematou de forma contundente, como ven sendo habitual nas súas disertacións. "En los Caminos nos veremos, arrieros..."
P.D. Bueno, a verdade non sei se o dixo así exactamente; pero aproxímaselle bastante.
A mediados de novembro de 2019: Pois disque o paisano este que fala a mazo vaise de finde, que tamén ten dereito a celebrar o San Martiño; logo despois de ter xa elaborado o documento das PARTIXAS, que según boca del non foi doado. Agora toca descansar.
Así o manifestou hoxe a primeiriña hora da mañan contra o mostrador. O único que lle preocupa, pero un pouco namais, é ver se hai alguén que queira virlle atender a burra, que por certo é moi querida por todos. Disque lle falta namais que falar. Vai coma unha rosa. Él xa dixo que ornear, o que é ornear, ornea namais que cando se pon, fóra a alma coma o dono.
P.D. Ollo ao dato!! De ter que arrancar no esterco desta volta non dixo nin pío, o cal xa é algo.
01/11/2019 DEMANDA DE TRABALLO: O noso amigo, o paisano que fala a mazo, ao ver esta demanda de traballo tamén se sumou a ela; máis que nada por se hai alguén que se anime a axudarlle a arrancar o esterco da corte da burra que ten así para pasar o tempo.
#EiCarballeira #SiHomeSi #VancheVirVan
31/10/2019 ADIANTANDO A TODO E A TODOS/AS, o paisano que fala a mazo xa puxo o decorado por duplicado do que vai ser o eixe da súa vida nas vindeiras semanas: cocido de porco e festas de Nadal, en especial o alumeado, que disque está de moda.
Doble concepto "nun plis plás".
#NonHaiMaisADondeIr
#QueDudaCabe
#PaveroAindaEUnPouco
#GaliciaCalidade
Aquí unha mostra gráfica do tarán que ten montado:
MÉTODO: Método de esterilización de campañas electorais.
(remate de outubro de 2019)
UN DIA CON UN PUNTO. O noso amigo, ao vir da taberna habitual comentoulles a uns que quedaban contra o mostrador da taberna que hoxe notábase moi ben. Disque notaba algo así coma un punto que outros días non o notaba tanto.
SAMAíN. O paisano este que fala a mazo disque non está en contra do Samaín de hoxe en día nin moito menos; pero él disque é moito máis do nabo que de calquera outra cousa.
Disque donde haxa un bó nabo que se quite o demais.
A XENTE DE CANARIAS que tan tranquila é, comentaba hai nada o paisano que fala a mazo aló no fondo do mostrador. A él moito lle sorprende a xente de Canarias. Disque lle parece mentira ver que tan tranquilos son todos a pesar de ter sempre unha hora menos. Oes!!, pero é que non dan un chío.
Outros en cambio con tal de notar que se movan un pouco as follas das árbores xa se pon todo o mundo así como estarrecido.
Volvendo ao tema do daltonismo que padece, recalcou de novo que para él non hai color entre uns e outros. Aínda que está convencido que os de Canarias xa lle deberon de coller o tranganillo á cousa e por eso xa non dín nada sobre o tema.
NOVA PUBLICACION
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
Video:
En Amazón: Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)
As Partixas que fixo o paisano que fala a mazo, agora que hai difunto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario