Translate - Traductor

lunes, 30 de diciembre de 2013

O CARALLO 29.- O CARALLO 29 EXISTE !! EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O CARALLO 29

O CARALLO 29 EXISTE !!!
Santiago de Compostela



Proba evidente da súa envergadura e
da súa existencia.


O carallo 29 existe. (polo menos en Santiago de Compostela)

“O carallo 29” é unha das múltiples e ricas expresións que ten o galego; e que dependendo do contido da conversación que teñan os interlocutores, así tan variado pode ser o seu significado: admiración, duda, reparo, desprecio, etc…

Para aqueles que nos queren poñer fama ós galegos de inconcretos, indecisos e dubitativos, porque sempre nos ven “no medio da escaleira”, e que non son capaces de saber se subimos ou se baixamos; mirade por donde, nos non andamos con caralladas á hora de plasmar en 3 dimensións algo tan famoso como é o CARALLO, e mais concretamente o “carallo 29”, que non é un carallo calquera.

E para mosta non hai nada mellor que un botón, (neste caso unha foto), onde se aprecia sin trampa nin cartón que as dimensións do “carallo 29” son as axeitadas e merecedoras de tan famosa expresión, e que conta con múltiples e variadas expresións. Como nos mesmos. Como os galegos.

Vista dende a Rúa Travesa en confluencia
coa Rúa San Bieito.



Un carallo que é moito carallo de moito rosmillo, e que, por certo, non me extrañaría nada que algún ó velo a primeira vez, aínda sin ser un carallo como de aquí a mañán; que o primeiro que se lle veña á cabeza é que "manda moito carallo na Habana con él".

E como non estou por, nin para tocarvos o carallo, remato decíndo que o podemos atopar na rúa Travesa de Santiago de Compostela. E claro, como non pode ser doutro xeito, está á altura do número 29 (entroncando coa rua San Bieito).- Porque daquela, ou entón se non fora así, sería unha auténtica carallada.




Para comprender mellor da súa ubicación aquí está un enlace de Google Maps para visualizar a Rúa Travesa entroncando coa Rúa San Bieito no casco antigo da cidade de Santiago de Compostela.