Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
Os pendellos de Agolada é unha das expresións da arquitectura popular galega de mais sona que queda en Galicia hoxe en día. Os pendellos (denominados tamén nalgunhas partes de Galicia como "alprendes"), son pequenas construccións a base de pedra, madeira e tella que no caso de Agolada configuran o espazo mais salientable do recinto da feira que o día 12 de cada mes celebrase neste concello das Terras do Ulla.
Este conxunto etnográfico ten outras réplicas na xeografía galega coma poden ser os recintos das feiras en Parga, no concello de Guitiriz (Lugo), Moeche (A Coruña) ou Rodeiro (Pontevedra). Ténse conta que a finais do século XVIII cando Agolada era un grupo reducido de casas acordase o traslado da feira que se organizaba no lugar do Farelo para a aldea de Agolada.
Este conxunto arquitectónico singular da feira de Agolada foi declarado conxunto histórico-artístico no ano 1985. Hai que indicar que no día de hoxe, motivado por iniciativas urbanísticas, xa non están en pé a totalidade dos pendellos orixinais construídos no recinto da feira.
Cartel representantivo dos pendellos nos que figuran as actuacions de rehabilitacion
feitas no conxunto arquitectonico.
Hai pendellos na actualidade en mans privadas e outros que son de titularidade pública, logo dun Convenio asinado entre a Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Agolada.
Houbo iniciativas privadas como Os Amigos dos Pendellos de Agolada que loitaron para que este conxunto fora reparado e a súa posta en valor fora efectiva e non se perdera este valiosísima xoia da arquitectura popular galega; exemplo senlleiro dos mercados tradicionais en Galicia.
Pola súa forma constructiva cítanse ate catro tipos distintos de pendellos. Os Pendellos expositores, con mostrador incluído para exposición das mercadorías. Os Pendellos-comedor de especial importancia tamén dedicados a dar boa conta dos tradicionais pratos típicos coma o polbo á feira, carne ao caldeiro, unhas boas cuncas de viño e unha boa caña, donde sen dúbida tamén se cerraban moitos dos tratos que se levaban neste recinto, e ao carón do lume das lareiras.
Os Pendellos-almacén eran de propiedade privada destinadas para gardar o gando ou incluso para aluguer e ata para gardar mercadorías adquiridas durante a feira. Nos anos de mais actividade incluso houbo a chamada "Casa da Audiencia" co fin de manter a orden pública, especialmente nos días de celebración da feira. A instalación contaba con xuiz e gardas e cun calabozo.
Outras edificacións que configuran o conxunto histórico-artístico eran as vivendas destinadas a pousadas dos feirantes, onde os propietarios eran fundamentalmente das familias de mais posibles económicos para chegar a conquerir este tipo de construccións.
A restauración feita nos últimos anos do entorno pode observarse claramente, convivindo parte do conxunto histórico-artístico arranxado xunto con outra parte que está sen actuacións de reparación algunha.
Nas inmediacións atópase a Capela das Virtudes recentemente rehabilitada.
Os Pendellos de Agolada, son sen dúbida unha visita obrigada para o turista, pero tamén para todo aquel galeg@ que queira remontarse no tempo á nosa terra tradicional, á Galicia labrega e gandeira, á da economía da subsistencia, á do troco das mercadorías que ata hai ben poucos anos perdurou en toda a xeografía.
Enlaces que lle poden interesar: (recomendados para ampliar información sobre OS PENDELLOS DE AGOLADA)
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario