sábado, 12 de julio de 2014

FEIRA FRANCA MEDIEVAL DE BETANZOS 2014.- XVII EDICION

FEIRA FRANCA MEDIEVAL DE BETANZOS 2014
XVII EDICION


FEIRA FRANCA MEDIEVAL DE BETANZOS - 2014 -- XVII EDICIION

BETANZOS, Cidade dos Cabaleiros, capital de provincia do Antigo Reino de Galicia e capital comarcal de As Mariñas, convírtese un ano mais, durante a segunda fin de semana de xullo nun centro de atención de visitantes, turistas e veciños de toda a bisbarra mariñan coincidindo coa celebración da FEIRA FRANCA MEDIEVAL.








Este 2014 xa vai na XVII edición o que demostra a súa consolidación neste tipo de eventos, que cada ano que pasa medra de xeito considerable o seu número que se organizan en distintas vilas e pobos; onde a súa paisaxe urbana e os seus antecedentes históricos así os amparan.












Se BETANZOS está considerado un dos pobos mais bonitos de España hai que decir que no mes de xullo coa Feira Medieval recobra unha consideración especial no seu Casco Histórico.

Aínda padecendo coma noutros pobos e ciudades históricas o literal abandono de boa parte dos seus inmobles, non é menos certo que Betanzos no seu conxunto sigue a conservar boa parte desa esencia que o sigue considerando coma un pobo bonito, peculiar, turístico e histórico; e que grazas ao entusiasmo de colectivos e individuos parece que recobra vida no entorno mais característico como é o Casco Histórico, feitos que sen dúbida redundarán en beneficio da colectividade.



























A Praza da Constitución, fronte ao Pazo Municipal, tivo lugar un dos primeiros eventos de inicio deste encontro festivo-cultural coa lectura do pregón. Este ano o responsable de tal menester foi o xornalista Toni Silva de La Voz de Galicia, onde definiu de xeito moi acertado a Betanzos coma un museo ao aire libre.


















Eso é en definitiva o que é Betanzos. Un museo. Todos os días do ano e que durante os tres días que dura a Feira Medieval recobra esa esencia que tivo dende séculos, coma un dos referentes da Historia da comarca de As Mariñas e de Galicia.





Ao viaxente, ao pregrino e ao turista sempre se lle recomendará visitar BETANZOS. Se esa visita coincide coa Feira Medieval nunca sairá defraudado.


Así, deste xeito remataba o inicio da Feira Franca Medieval de Betanzos 2014.



NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------







OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:

PINCHANDO AQUI --> Mais fotos e enlaces con información de Betanzos

José Luis Carro PITA,- Jugador de la UD SALAMACANCA.- Natural de Betanzos (biografía futbolistica)


En este vídeo puede contemplar las inmejorables vistas de la ciudad de Betanzos y su ría. Desde el mejor banco de As Mariñas, y por supuesto poder ver cómodamente subir el famoso Globo de Betanzos desde esta magnifica atalaya, situada no Farragoto, parroquia de Santiago de Requián.




No hay comentarios:

Publicar un comentario