Translate - Traductor

martes, 23 de febrero de 2016

CASA MUSEO DE ROSALIA DE CASTRO - CASA DA MATANZA - PADRON (A CORUÑA)

CASA MUSEO DE ROSALIA DE CASTRO
 - CASA DA MATANZA - 
PADRON (A CORUÑA


Fachada e balconada da Casa Museo de Rosalia de Castro en Padrón (A Coruña)


Con esta publicación preténdese facer un pequeno percorrido pola Casa Museo de Rosalía de Castro, situada en Padrón (A Coruña); coñecida tamén como a Casa da Matanza, situada enfrente á estación do tren e moi preto da ribeira do río Sar, no que nalgún dos seus tramos configuranse varios treitos da denominada "Ruta Rosaliana".










Nesta casa viviu os seus últimos anos a poeta galega, dende 1883 ata xullo de 1885. Os visitantes poden contemplar neste recuncho de A Matanza dun xeito condensado a vida e obra de Rosalía de Castro, ademais de contemplar a figuración da tipoloxía das casas rurales galegas no século XIX e ata mediados do século XX.













Este edificio convertiuse definitivamente en museo adicado a Rosalía no ano 1972, cando un ano antes restaurárase ao xeito. No interior, perfectamente sinalado recreanse distintas etapas da vida persoal, familiar e cultural, con obxectos personais e obras literarias. Na parte exterior hai unha coidada finca circundada de muralla e cun pequeno xardín que invita a imaxinar a estancia nela dos seus moradores.













A Fundación Rosalía de Castro é a institución destinada a manter e conservar viva a figura e memoria de Rosalía de Castro e toda a súa obra; ao igual que a Casa Museo de Padrón.
Esta institución está declarada de interese galego. Está funcionando dende o ano 1995. Anteriormente asumía tan noble encomenda o Patronato Rosalía de Castro ("Padroado Rosalía de Castro") que viña funcionando dende o ano 1947 sendo un dos seus mentores Xosé Mosquera Pérez.
















Un dos apartados mais emblemáticos e coñecidos na Casa Museo é o dormitorio donde se popularizou a flor que aparece enriba da cama de Rosalía, que de xeito diario é colocada na memoria da poeta. Unha iniciativa que comenzou a facer Maruxa Villanueva, a encargada do Museo e que aínda hoxe en día perdura.

















ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:





Otros enlaces: