jueves, 10 de noviembre de 2016

A TEORIA DA RELATIVIDADE SEGUN A VISION DO PAISANO ESTE QUE FALA A MAZO, poñendo uns casos sobre a mesa....

A TEORIA DA RELATIVIDADE SEGUN A VISION DO PAISANO QUE FALA A MAZO  (poñendo uns casos sobre a mesa....)

(Unha de tantas....)





TAMPOUCO SERA PARA TANTO.
UNHA PARTE DA TEORIA DA RELATIVIDADE.

Se tomamos, xa para non irnos moito mais aló, os últimos 150.000 anos en que o ser humano, (despois dunha longa evolución de mais de 70 millóns de anos en que a varios tipos de monos, de forma increíble déuselles por ir evolucionando…, pois resulta que se tomamos como referencia ao Homo Sapiens nesos últimos 150.000 anos, e os convertimos NUN ANO, resultaría a seguinte relación:

Que dentro dese ano (é decir os últimos 150.000) anos o devandito Homo Sapiens pasaríao dun xeito, algo así como moi rudimentario, nada mais e nada menos que 11 MESES…., xa que empezou a dedicarse de xeito estable e permanente nun mesmo territorio (nada de ser nómadas nin cousas desas), convertindose a agricultura e a gandeiría como un xeito de vivir, hai algo así como hai 1 MES. (tirando xa polo alto).

As primeiras ciudades (por certo pequeniñas todas elas) empezaron a fundarse hai uns 12 DIAS. (Antes deso a xente andaba á súa bola polo mundo adiante sen ton nin son).

Empezouse a falar de igualdade, de democracia, de dereitos humanos e todas esas cousas, hai pouco mais de 24 HORAS.

Que precisamente donde foi un dos berces da democracia e dereitos humanos e todas esas cousas anteditas, caso dos EEUU sen ir mais lonxe; hai pouco mais de 4 HORAS en que non podían subir ao mesmo autobús os seres humanos de raza negra nos que ían os rostros pálidos….

E que decir da democracia. Pois que por aquí, por estos lares, levamos algo así como 2 HORAS E CUARTO; e xa por non falar das redes sociales, donde comemos o mundo con elas e o que nos boten por diante,…, pois levamos enredados no medio delas non mais de TRES CUARTO DE HORA. (por algo se empeza)..

Osea que eso…., que as cousas non son para tanto. Ou sí. Todo depende, claro está. Todo depende como se mire e como te miren….





A TEORIA DA RELATIVIDADE. TODO DEPENDE SEGÚN SE MIRE

A teoría da relatividade non é cousa doada de entender e moito menos de explicar, así á primeira de cambio. Vexamos algún exemplos coa sana intención de facer unha aproximación a tal interesante cuestión.

Non todo parece o que é, ainda que ás veces case todo ven dando alí.

Poñamos como primeiro  exemplo: aqueles que lles costa moito traballo diferenciar a man esquerda da man dereita. Son aqueles que as separan pouco mais dunha cuarta e xa teñen dúbidas importantes e de súpeto, donde xa case non acertan saber cal é unha e cal é outra.

Este feito que pode inicialmente parecer unha cousa negativa e ata de producir certo desacougo ou incluso algo así como un pouco de desprecio ou pena; na meirande parte das ocasións que así ocurre quedan automáticamente calificados como uns papabrevas ou semellante. En resúmen que son dos que non lles dá para mais o seu zurullo.

Ben, pero a cousa tampouco é para tanto, como de seguida intentamos aclarar:

A cuestión é que todo depende en cómo se mire, xa que a cuestión que estamos analizando ten as súas ventaxas, que dito de algún modo son algo así como meras singularidades dos seres humanos en cuestión que esgrimen este tipo de actitudes, así polo mundo adiante sen ningún tipo de maiores problemas.

Así é o caso na hora en que queren usar as máns, ou ben usándoas mesmamente, pois tampouco non hai nin teñen maior dilema nin problema, porque usan unha das dúas e punto. Non andan con mais voltas. Total para qué??  Veñen sendo o caso práctico sin grandes alardes pero dunha grande efectividade. Moitos pensarán á vista de tales actitudes que xa nin vale a pena darlle moitas mais voltas. Eles nin eso. Non lles fai falta. Non perden o tempo pensando si tal ou se cual.

En cambio os que sí saben perfectamente distinguir a man dereita da man esquerda, xa son moito mais tiquismiquis, Están continuamente R que R querondo usar en todo momento a que lles vai a eles mellor, ou a que lles parece a eles que lles vai mellor, ou simple e llanamente a que eles queren creer que é a mellor.

Tamén hai claras excepcións, como é o caso dos que comen de xeito habitual a dous carrillos, que nun alarde de sentido práctico das cousas non fan distinción de ningún tipo á hora da verdade.

Son por norma xeral dos que non se andan con medias tintas. Son a realidade práctica personificada, dos que non deixan un lixo de dúbidas nin evidencias. Tronzan todo aquello que poden, e o que non poden tamén. Non se conforman nunca con ter dous carrillos. Son dos que lles gustaría ter ducias de carrillos. Ou pola contra un namais. Ser todo eles un carrillo de por sí. O deles é tronzar e tronzar.

Preséntanse pois estos prototipos a modo de todoterreo, donde por moi relativo que poida ser ou parecer o asunto, dalles prácticamente todo igual. O mismiño. Debullan o asunto e punto. O seu bandullo é o primeiro. Bueno, o primeiro e o único. En resúmen, eles o primeiro; e ao resto que lles dean. Para que lle imos dar mais voltas.

Por outra banda hai tamén unha teoría comúnmente aceptada consistente no dito ese de que “o caso é non levar un golpe” que parece ser está directamente relacionado coa teoría da relatividade asentada, claro está, na percepción esa de que “todo depende en cómo se mire”.

Se todas estas teorías mais que demostradas na práctica lle engadimos outro elemento sustancial como é a gravedade, poñéndolle cada quén a dosis que considere axeitada; pois xa imos tendo unha aproximación mais que decente sobre o aunto en cuestión.

Así é que hai quen pensa que todo é moi relativo. Salvo que non o sexa. Pero daquela xa estaríamos falando de palabras maiores, confirmándose así a teoría de que todo ven dando ao mesmo.

E todo o anterior ven sendo unha parte do "DEPENDE", pero eso xa queda para outro día.....





No hay comentarios:

Publicar un comentario