miércoles, 29 de agosto de 2018

Non é por nada pero Franco paseaba e bañábase nos meses de agosto na praia de Bastiagueiro, no concello coruñés de Oleiros.


Non é por nada pero Franco paseaba e bañábase nos meses de agosto na praia de Bastiagueiro, no concello coruñés de Oleiros.






Si, eu non é por nada pero a cousa foiche así; e non pouco tempo. Foiche cousa duns bos anos. E se foi así, por qué non se vai lembrar? Pois a eso imos:

O tema tiña o seu xeito xa que a cristalinas augas de Bastiagueiro quedaban a un tiro de pedra da residencia rural de verán do Pazo de Meirás, do veciño concello de Sada; e de camiño cara a capital provincial, donde tiña os seus aposentos, neste caso urbanos, na Cidade Vella de A Coruña, pasando previamente por Santa Cruz de Liáns.






O caso é que Bastiagueiro, que por aqueles anos había moitas menos edificacións ao carón do litoral, tiña tamén o seu aquel á hora de estar debidamente resgardado de calquer incidencia que poidera ofrecer eventualidades non desexadas. Claro está que a presenza do visitante veraniego ofrecía para os usuarios habituais do areal oleirense, certos inconvintes fáciles de imaxinar para con este tipo de situacións.

Queda patente ainda na memoria de cidadáns da zona como lembran con frescura tal situación, recolllendo esas lembranzas por parte da prensa, o que supoñía a presenza do indicado visitante.

O octógono favorito pechábase co amarre do “Azor” nas augas de Sada, nas inmediacións de Fontán, ir de pesca ao Coto de Chelo, en Coirós, ou mesmo tampouco lle ofrecía reparos achegarse ata Ombre en Pontedeume, aos pés das Fragas do Eume e moi preto do Mosteiro de Caaveiro, e de paso, por aquello de que Ferrol era del Caudillo naquelas datas, pois tamén se ofrecía a visitar a Ermida da Virxe do Chamorro. Sin esquecer a ruta cara ao monte da Zapateira por aquelo de ir darlle uns toques de golf ás bolas.

E como unha imaxe vale mais que mil palabras, pois aquí deixo unha ligazón da RTVE do No-Do que recolle a cuestión. A película empeza coa cidade de A Coruña para de seguido plasmar a súa presenza en Bastiagueiro.

http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-974/1470339/



Hai outras curiosidades relacionadas coa presenza ou o seu paso por Bastiagueiro que siguen vivas grazas ás publicacións periodísticas, como é o caso cando un comando de ETA, aló polo ano 1970, disque quixo amañar un atentado contra él. Vamos, que o querían chapodar e non andar con moitas máis voltas.






O sitio exacto parece ser que era preto da curva de entrada á praia de Bastiagueiro. Curiosamente hoxe moi preto desa ubicación, levántase unha escultura que lembra ao Ché Guevara, mesmo na rotonda da estrada que comunica coa localidade veciña de Perillo.











Así é como a memoria histórica convive felizmente con paso do tempo con personaxes variopintos que criou a Historia e a convivencia dos/as seres humanos e humanas ao longo dos anos, das décadas e dos séculos. Refírome á memoria histórica escrita ou non, visualizada ou non, pero sí acontecida, a cal non ten por qué ser recordada nin moito menos. Eso queda á elección de cada quén, para o caso de que haxa elección, dado que se non hai lembranza nin coñecemento pouco hai que lembrar e moiitas menos ganas de coñercer. Bueno, so son suposicións miñas, co cal non facer moito caso.

Mágoa, ou non, será aquel día, aquel tempo que chegue en que as xeneracións dese tempo futuro, literalmente non teñan nin idea de quén foi Franco, nin o Ché, nin a Virxe do Chamorro, María Pita ou quén sabe o que saberán?!! Que mais dá! Se ao final aínda vai ter razón o paisano que fala a mazo pero namais que cando se pon, cando dí que “o tempo e o único que escaralla o tempo”. E creo que non lle falta razón. Sobre todo cando o tempo non é moi bó.

Eso de que “o tempo pon a cada un no seu sitio”, honestamente creo que é moi relativo, e para eso remítome á "teoría da relatividade" do indicado paisano que fala a mazo; un teórico de pro que non se anda polas ramas, eso sí, namais que cando se pon.

O tempo ven sendo, algo así como algo que pasa, ainda que parece que non, e cando te decatas, zás!!, xa pasou!!  É o que ten. Bueno, mellor dito o que non ten: volta atrás.

Falando de voltas, quén le diría a algún/ha que Franco algún día podería vir para Galicia de volta, porque según precisións da prensa, hai un grupo de Chantada,…, si, si, de Chantada, o berce da Muiñeira de…, que ofrecen un sitio…. Aqui deixo a noticia que recolle tal cuestión.





prema AQUI para ver a noticia completa en La Voz de Galicia



E aquí un pouco de Muiñeira de Chantada...., que a música nunca está demais. vídeo de Faro de Vigo






Bueno, pois non hai moito mais que dicir, namais que de ser certo, o da noticia anterior, ou calquer outra que semellante, cadraría ben o dito de “cantas voltas da a vida”, … incluso de morto. Ainda que en ese tipo de temas non ten parangón se o comparamos coa teoría de San Andrés de Teixido (Cedeira), en donde as opcións son mínimas. Ou vas de vivo ou de morto. Ti elixes. Para que despois non veñas dicindo que tal e que cual… Eche o que hai. É como as cereixas, ou as tomas ou as deixas. (Por certo, moi sabrosas as de San Paio de Vilacoba.) 

Non hai volta atrás. Aquí vas ou vas. (Refírome a San Andrés de Teixido, claro está) Qué é eso de non ir? Vas como está mandado. Aquí nada de rodeos. Para que despois non veñan dicindo que si tal e que cual. Vas e namais. Ou polas boas ou polas malas. Aquí non vale o tema da escaleira, que si para arriba ou que si para abaixo. No, no. Vas!!. Ese hipotético problema, o da escaleira, non é namais porque os outros non saben preguntar, pero eso xa será argumento, fío condutor, doutra próxima publicación, que agora non é mester.

Volvendo ao caso. Aquí nada de milongas, nin díxome díxome. Eso de ir por ir, non che é por aí. Aquí vas, poñas como te poñas. Caralladas as xustas.

Por eso que non hai nada mellor que as cousas claras, si se pode, claro está. A min esto da Historia, teño que confesar que sempre me tirou; e un dos personaxes actuáis do panorama nacional é o escritor Arturo Pérez Reverte. Non tanto por cómo e qué escribe, que tamén, se non porque o tipo foi correspondente de guerra en varias guerras nas últimas décadas. Lembroo perfectamente. Eso amigos/as, cuidadito, non é moco de pavo. Só por eso meréceme un respeto e unha atención especial cando fala/escribe sobre temas históricos e das miserias do ser humano que deso debe ter unha boa colección nos seus miolos.

Namais que para aqueles que non teñan mellor cousa que facer, deixo aquí mais abaixo un vídeo que dura uns 45 minutos. Entendo que o persoal ande moi ocupado e escoitar algo así é para xente que non temos moito que facer. Entendoo. Claro que sí. Pero aínda así, eu insisto en indicar que nel fálase un pouco deso (pero un moito á súa vez), das guerras, das guerras civís, da nosa guerra, qué é unha guerra e ese tipo de cousas. Incluso da nosa. Bueno, da dos nosos avós e bisavós. Eu nela non tiven. Que conste.

Escoitar a alguén mínimamente autorizado, se cadra, ás veces nunca está demais.

Hai aclaracións moi interesantes, p.e. sobre o minuto 27 cando se indica cómo temos tal confusión con termos tales como monarquía, república, esquerda, dereita ...  En fin, un primor. Aínda que xa o principio non ten desperdicio.






Bueno pero ao final, para non desviarnos da leria esta, lembrar que eso, que Franco bañábase e paseaba na praia de Bastiagueiro. Ese é o dato. Aí déixoo.


------------------------------------------------


NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------


-----------------------

NOVA PUBLICACION

OPOSICIONES Corporaciones Locales. Ayuntamientos y Diputaciones. Auxiliares Administrativos. Administrativos.

Guia para principiantes. Empezar de cero. 





En formato Ebook y Libro de tapa blanda en este enlace (Amazón)


Este libro pretende acercar del modo más ameno y sencillo posible, a aquellas personas que sientan al menos curiosidad por el mundo de la preparación de las oposiciones. De cualquier tipo, puesto que el modus operandi en la inmensa mayoría de ellas es muy similar.

Yo me centro en la Administración Local, los Ayuntamientos y Diputaciones que es lo que más conozco. Después de más de treinta años de experiencia en la Administración Local y con varias oposiciones en el cuerpo aprobadas y otras bastantes más a las que me presenté, he decidido poner mi grano de arena a colaborar con todas aquellas personas que estén interesadas en la tarea de preparar oposiciones a funcionario/a de la Administración Local.

Quiero participar, en colaborar para dar información lo más precisa y detallada posible, para iniciarse y dar los primeros pasos, que siempre son los más difíciles. Quiero dar información precisa, de la que mi generación carecíamos por completo cuando decidimos tomar este rumbo en nuestras vidas. No había internet y había que buscarse la vida con otras fórmulas mucho más rudimentarias. Ahora es todo mucho más sencillo y rápido, al alcance de todo el mundo, por lo que de existir algún problema en ese sentido, sea quizás el exceso de información y no saber seleccionar adecuadamente al barullo que nos vemos sometidos día a día.

Preparar una oposición es tarea ardua no exenta de disciplina, tesón, perseverancia, confianza en uno mismo; aunque cabe precisar que todo eso forma parte no sólo del mundo de las oposiciones. Lo es también ante el reto de la vida misma si queremos triunfar en cualquier otra actividad. No hay más que observar a quien está a nuestro alrededor y fijarnos en negocios, o profesionales que destacan sobre la media de los demás. Para llegar a ese punto han tenido que ser disciplinados, con mucho tesón y perseverancia y no desmayar en el intento. Pues eso mismo es el mundo de las oposiciones. No tiene mayor secreto. Si quieres cambiar algo tu vida comienza por cambiar tú mismo/a. El mundo cambia aunque tú no cambies. Nada cambia en tu vida si no cambias en tu vida. Ponle alegría, decisión y ánimo. Nada cambia si tú no cambias. No esperes a que te cambien las cosas si tú no haces lo posible porque cambien.

El mundo de las oposiciones es arte, una disciplina que requiere orden y entrenamiento, hasta demostrar la capacidad y habilidades necesarias. Es maña y astucia a la vez hasta adquirir destreza que es lo que nos lleva al éxito. Y a ese éxito quiero invitar a todas aquellas personas deseosas de conseguir lo que alguna vez han soñado.


En formato Ebook y Libro de tapa blanda  en Amazón en este enlace.



*****************************************



Outras cousas que lle poden interesar:

A guerra civil en Abegondo

La organización de la guerrilla antifranquista na provincia de A Coruña

Grupo de guerrilleros antifranquistas mais activos na provincia de A Coruña

Guerrilleiros da IV Agrupación

Accións mais importantes levadas a cabo pola guerrilla antifranquista na comarca de Betanzos

As PARTIXAS xa están feitas, unha vez que xa hai difunto....

"Abegondo un curruncho das Mariñas" unha aproximacón á obra

Pero se realmente lle preocupa é a VELUTINA daquela aquí pode atopar unha trampa caseira, barata e doada de montar


No hay comentarios:

Publicar un comentario