viernes, 17 de julio de 2015

COTO DE CHELO.- AREA FLUVIAL RECREATIVA NO RIO MANDEO.- COIROS (A CORUÑA)

COTO DE CHELO. AREA FLUVIAL RECREATIVA NO RIO MANDEO.- COIROS. A CORUÑA













Chelo é un lugar situado no concello de Coirós, provincia de A Coruña, á beira do río Mandeo e aos pes do Monte da Espenuca. Está considerado como un referente en canto aos espazos naturais de mais beleza da comarca, moi preto do non menos famoso icono das festas de Betanzos como é o Campo dos Caneiros, situado este uns centos de metros rio abaixo.

Situación en Chelo na Comarca de As Mariñas.

Para chegar ata Chelo é preciso ir ata o lugar de Queirís de la parroquia de Collantres (Coirós) indo pola estrada N-VI, xirando á esquerda, indo dirección Madrid, donde está sinalizado o desvio no medio de edificacións do devandito lugar.

O rio Mandeo é un dos rios mais importantes da provincia de A Coruña, ben coñecido polos afeccionados á pesca, en especial do salmón e do reo; percorrendo territorio dos concellos de Sobrado dos Monxes, Aranga, Curtis, Irixoa, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Betanzos, cidade na que conflúe co Mendo, o outro rio co que forma a Ría de Betanzos.
















O lugar de Chelo no ano 1972 foi declarado paisaxe pintoresco polo Ministerio de Educación y Ciencia.





A zona do río Mandeo na que se inclúe o Coto de Chelo está dentro da zona especial de conservación denominada Rede Natura 2000, composto por lugares con tipos de hábitats nos que se debe garantir o mantemento e a súa conservación. A superficie do denominado Lugar de Interés Comunitario (LIC) Betanzos-Mandeo ocupa mais de 1.000 Has., comprendendo territorios dos concellos de Aranga, Bergondo, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-Cesuras e o territorio á beira do río Mandeo.

(Para ver Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia; documento de síntese; 26-xaneiro-2011; pinchar aqui)

(Pinchar aqui para ver Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).




Por outra banda Chelo tamén está dentro do territorio declarado en maio de 2013 como Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo que abrangue un amplo territorio das comarcas de A Coruña, Betanzos e Terras de Melide.







(AQUI mais información sobre a Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo)

















Zona de aparcamento e merendeiro.
No reducido espazo que existe para aparcamento de vehículos compre salientar a zona de merendeiro situado na marxe esquerda, río abaixo, convertíndose este recuncho nun lugar mais que apetecible para un momento de descanso no percorrido e estancia en Chelo.
























A partir do ano 2010 a Deputación Provincial de A Coruña desenvolveu un importante proxecto, tentando transformar a conca do rio Mandeo nunha área de gran valor ecolóxico, cultural e turístico. Nacía así o denominado Proxecto Mandeo.

Entre a infraestructura construída pola Deputación Provincial de A Coruña na área fluvial de Chelo destaca o Centro de Interpretación do entorno fluvial do rio Mandeo. ((para mais información pinchar aquí).

Centro interpretativo do entorno fluvial do río Mandeo.


Centro interpretativo do entorno fluvial do río Mandeo.


Punto estratéxico para unha merenda:
Ao lado mesmo da ponte mesmo antes do Centro interpretativo do entorno fluvial do río hai unha barcoa con mesa e bancos que pode ser un dos múltiples recunchos que nos ofrece Chelo.











Rutas de Sendeirismo:
Chelo convírtese tamén nun referente para os sendeiristas, con distintas alternativas, dentro da programación que neste senso acabou por diseñarse dentro do Proxecto Mandeo. Así é que dende Chelo pódese facer as seguines:

Ruta de Zarzo a Chelo – SM.11 (mais información da Ruta de Zarzo a Chelo pinchando aqui)

Ruta de Bocelo – SM.12(mais información da Ruta do Bocelo pinchando aqui)

Ruta de Paderne – SM.13  (para información detallada da Ruta de Paderne pinchar aqui)

Ruta en bicicleta denominada Ruta BTT da Auga – SM.10(mais información da Ruta da Auga en BTT pinchando aqui)



Aquí en detalle o percorrido de cada unha destas rutas.





















Portada de folleto informativo sobre das distintas rutas de sendeirismo
na conca do río Mandeo. AQUI, acceso a toda a información.




(AQUI enlace a Wikiloc de distintas rutas que ofrece a Reserva da Biosfera no seu territorio)








Detalle do río Mandeo pola súa marxe dereita río arriba dende Chelo.




Paneis informativos:
Dentro do âmbito da área fluvial de Chelo existen diversos paneis informativos tanto das rutas de sendeirismo como de outros aspectos de interes para o visitante.













Aquí unhas breves referencias a diverso material elaborado dentro do Proxecto Mandeo:


Restaurantes e aloxamentos que se poden atopar na conca do río Mandeo é outra iniciativa que se desenvolve dentro do Proxecto Mandeo da Deputación Provincial. Unha ampla e detallada información para todos os gustos e preferencias.



Existe unha proposta de restaurantes e aloxamentos
na conca do río Mandeo que pode descargar
AQUI.

(Aqui pode acceder ao folleto informativo dos restaurantes e aloxamentos na conca do río Mandeo)



Outra documentación que pode resultar interesante para o viaxeiro e visitante de Chelo son as seguintes:


Receitas dos Refuxios do río Mandeo.


Portada do libriño sobre receitas.Pode descargalo aqui.






Guía de campo.  Con información sobre os observatorios ornitolóxicos do Mandeo.


Portada da Guía de campo. Pode descargala AQUI.




Caderno de campo.  



Portada dun práctico Caderno de Campo que pode descargar AQUI.










    FOTOS.- Aquí unha pequena reportaxe fotográfica que amosa a beleza desta paraxe como é Chelo.

Marxe dereita río arriba.

































Zona da ponte


































Marxe esquerda río arriba.



































Disponible en Amazon formato Ebook y Libro tapa blanda (+info)




ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:




--------------------------

A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos


NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------

















En este vídeo puede visualizarse el banco con mejores vistas de Betanzos y su ría; y por supuesto ver subir el famoso Globo de Betanzos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario