Translate - Traductor

domingo, 14 de abril de 2013

Fotos.- CASTRO DE LAS (San Cibrao de Las) PUNXIN - SAN AMARO (Provincia de Ourense)


CASTRO DE LAS

"A Cidade"


O “Castro de Las” está situado entre os concellos de San Amaro e Punxín, provincia de Ourense, na parroquia de San Cibrao de Las.  Está considerado como un dos mais importantes dos moitos que existen en Galicia, a tan só 18 kms., da capital provincial, Ourense. Polo seu tamaño, cecais sexa o mais grande, convertíndose nunha visita obrigada para todas aquelas persoas que gusten deste tipo de monumentos arqueolóxicos da época castrexa en Galicia.





E coñecido tamén polo nome de “A Cidade” e dun nivel de conservación óptimo de tal xeito que se pode visualizar perfectamente a envergadura da construcción, aínda que evidentemente ben podería estar en mellores condicións.

Foi excavado en varias ocasións, e o seu material consérvase no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.



























Enlaces de interés: