Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
viernes, 4 de octubre de 2013
"O ABEGONDO DOS 50".- Libro de Pedro A. Barros Pedreira.- (a) "Antón do Cruceiro"
O
ABEGONDO DOS 50
Portada do libro "O Abegondo dos 50"
Veciños da parroquia de Abegondo que saen
publicados no libro "O Abegondo dos 50"
“O
Abegondo dos 50” é o título dun libro editado no ano 2004 do
cal é autor o abegondés Pedro A. Barros Pedreira (a) "Antón do Cruceiro". Nel relata de forma maxistral a parroquia
de Abegondo na década dos anos 50 do século pasado según as súas propias
vivencias.
No libro trátanse anécdotas,
contos, vivencias, biografías de veciños, profesións, utensilios da época,
xogos, … que van compoñendo este libro que ó meu entender poucas parroquias de
Galicia poden ter tal cousa contadas tan polo miudo e plasmadas por escrito de
xeito tan preciso e ameno. Así era "Antón do Cruceiro" e así nos conta o “Abegondo
dos 50”.
Lembremos que él era natural
da propia parroquia de Abegondo, fillo de Eduardo, o taberneiro; do cal tamén
inclúe na publicación as propias vivencias que acontecían ó carón dese punto
tan paradigmático como foron as tabernas no rural galego.
Repasa un por un todos e
cada un dos rueiros que formaban naqueles anos a parroquia de Abegondo. En cada
rueiro vai mencionando todas as casas que había. Pero non só eso. Baixa incluso
ata lembrar e relatar as familias as familias e persoas que habitaban en cada
unha delas.
Tal como sinala na
presentación do libro, o que pretende facer é “un repaso aos veciños de entón,
un traballo propio da época, unha profesión, o retrato dalgún “personaxe”, un
xogo propio daquela xa lonxana década, algunha anécdota, fotografías referidas
a xente de moitos dos rueiros e, alomenos de cando en vez, algún pasatempo e
vocábulos vixentes entón e medio mortos ou mortos definitivamente na
actualidade…, deixar constancia por escrito de certos datos e acontecementos
dun tempo recentemente fuxido..”.
Contraportada do libro
Aínda que intentarei abondar
en próximas publicacións mais polo miudo o contido deste libro, a modo de
referencia, sinalar algúns dos apartados e temas que trata, que ademais dos xa
mencionados podemos salientar os seguintes: (se pincha AQUI pode ver cómo era a vida na taberna según o seu relato).
No apartado que lle dedica
ós xogos, fala dos zancos, bolas e
bailaricos, tres en raia, as agachadas, a billarda, o galope, a pillada, a
buxaina, a Mariola, as sete e media ou o fútbol.
Nos labores típicos daqueles tempos trata de traballos como os de mante-las
vacas; amaña-lo cocedoiro, a sementeira, o ensino, ir á louza, o zoqueiro, o barbeiro,
o lagoeiro, ou o proceso do millo.
Trata algúns dos veciños
como personaxes: entre outros
figuran Caramés, O Ferrador, Carballas, Claudino de Fachal, Luis de Pérez, o
tío Manoel, Xervasio, o muiñeiro, Victoriano, Isidoro ou Xoaquín,
Sinalar que tamén menciona e
relata como era a vida diaria na
parroquia en temas como o da luz eléctrica, a cociña con lareira; medas e
palleiros, as festas do verán, o río Gobia ou da Viaña, os galiñeiros, a
bichería que había nas casas, a fonte das Viñas, zorras cheas de patexo,
cereixas e ameixas; ferramentas varias, o fútbol da época, cómo se conservaban
os alimentos, a pista Peneda, O Souto de Roque, paxes e cribos, etc…
Eduardo "o taberneiro"
Tamén inclúe datos ou
anécdotas de profesións como as de
carreteiro, o chalaneo, o enterramortos ou o matachín.
Alguns dos personaxes que saen retratados no libro:
*********************************
NOVA PUBLICACION
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario