domingo, 1 de diciembre de 2013

GALICIA EN UN BLOG: PRIMEIRO CUMPLEANOS DO BLOG "CURRUNCHOS DE GALICIA".

GALICIA EN UN BLOG:

PRIMEIRO CUMPLEANOS DO BLOG "CURRUNCHOS DE GALICIA"






Parece que aínda foi onte cando un bó día púxenme coas plantillas de Blogger para ver qué había deso de facer un blog. Así naceu como quén non quere esto que vostede está vendo. "Currunchos de Galicia".

Nesta entrada recopilase toda a información publicada durante os primeiros doce meses de vida de este blog, de tal xeito que cos enlaces correspondentes pódese acceder de forma rápida a les, nos casos en que o interés mostre interés por algúns deles.


Coas cousas de comer non se xoga

Cousas cotidianas, do día a día. Cousas que podemos ver, ollar, percibir, oler, saborear e disfrutar ou incluso non despertar nin o mais mínimo interés, que tamén son moi interesantes. Para eso se pintan os colores, para os gustos; ou polo menos eso é o que se dí.

Publicacións referidas á nosa terra, a Galicia, con pequenas reportaxes fotográficas de pobos e cidades, que pouco a pouco iranse ampliando. Poboacións tan emblemáticas como Betanzos, Mera (referente turístico no verán), Muros coa súa praia de San Francisco, na Costa da Morte como é Laxe ou Muxía, ou dar un paseo polo Paseo Marítimo de A Coruña.


Muxia


Islas Cies
Outra viaxe virtual tamén pode ser as nosas Illas Atlánticas, na que as Illas Cies son o referentes a nivel mundial, acompañadas pola Illa de Sálvora con identidade propia ou mesmo a Illa de San Simón con referentes históricos de relevancia; acompañada agora polo emblemática ponte de Rande na ría de Vigo.


Isla de Sálvora (aldea)
Ponte de Rande
Isla de San Simon

Nese Curruncho de Galicia como é a comarca de As Mariñas, lugares emblemáticos como o edificio de "La Terraza de Sada", ou mesmo o Castelo de Santa Cruz no concello de Oleiros (cunha reportaxe de mais 100 fotografías desta maxestuosa construcción na bahía de A Coruña), ou o Sanatorio de Cesuras que nunca chegou a funcionar. 


Sanatorio de Cesuras



Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
"La Terraza" de Sada




Historias como as do Tributo das Cen Doncelas no lugar de Bordel (Abegondo) de cando a dominación árabe na península ou o emblemático lugar e parroquia de Sarandóns por onde pasa o Camiño a Compostela dende a cidade de A Coruña.


O Tributo das Cen Doncelas (en Bordel - Abegondo)
"Casa de Felipe II" en Sarandós (Abegondo)



O Camiño de Compostela, un dos valores singulares e de importancia excecpcional que temos en Galicia, do cal aínda queda moito que aportar e poñer en valor en beneficio da nosa terra e dos visitantes que cada ano van a mais. O Cebreiro é a localidade que recibe ós peregrinos procedentes de Castela polo Camiño Frances. Parada obrigada é dende logo en Triacastela ou a visita ó Mosteiro de Samos, e que se cadra para facer unha visita orixinal e distinta cando se chega á capital de Galicia, convén facer unha visita aos tellados da Catedral de Santiago de Compostela.








O patrimonio histórico cultural de Galicia é inmenso, rozando cara ó infinitivo. Cada pedra, cadra recuncho da nosa terra é historia viva. Os "Cruceiros Bonitos" de Abegondo, e unha peza senlleira dos milleiros de pezas arquitectónicas que campan ó longo da xeografía galega. O Mosteiro de Armenteira, na provincia de Pontevedra; os Hórreos de Combarro, o Mosteiro de San Pedro de Rocas no concello de Esgos (Ourense), a Igrexa de San Pedro Fiz no concello de O Incio (Lugo), o Mosteiro de Cis en Oza-Cesuras ou mesmo o Pazo de Quiroga en San Tirso de Mabegondo. Tamén se recolle unha reportaxe fotográfica do Castro de Las (en Ourense), considerado como un dos mais grandes e importantes de Galicia e incluso de España.


Mosteiro de Samos


Igrexa de San Pedro Fiz (O Incio)
    
Castro de Las    

Mosteiro de Armenteira




















Tamén forman parte do inmenso patrimonio cultural de Galicia, entre outros, a música, onde por exemplo recollense datos das Orquestras Populares de As Mariñas, ou datos biográficos do músico de sona internacional como "Candelas" -Marcelino López Chas-, natural da parroquia de Orto (Abegondo). Nese eido e xa mais actual, a Banda de Música de Abegondo que aínda con ser de moi recente constitución xa mostra variadas interpretacións en público (ver vídeos) e actuacións en varias localidades da provincia de A Coruña, sin esquencer algunha que outra romaría popular como é o caso de Romaría de San Xoan da Rosa (Bendrade) no concello de Oza-Cesuras.


Banda de Música de Abegondo
Panos brancos da Romaría de San Xoan da Rosa
  

Persoeiros e personaxes singulares forman parte da nosa propia Historia. Referencias ao escritor Pedro A. Barros Pedreira (Antón do Cruceiro), o político republicano Salvador Etcheverría Brañas, o escritor emigrado a Arxentina Jesús Calviño de Castro, o presidente do Banco de Crédito Local José Fariña Ferreño, secretario particular de Calvo Sotelo, ou outros que chegaron incluso a ser Ministros na época de Fernando VII como o veciño de Vilacoba, Antonio Maria de Parga y Puga. Un exiptólogo, catedrático de Historia como Francisco J. Presedo Velo, descubridor da Dama de Baza (Granada), ou o escritor e político de principios do século XX Juan Armada y Losada, marqués de Figueroa e Ministro nos gobernos de Antonio Maura, ou a rererencia ó veciño da parroquia de San Pedro de Crendes Javier Fariña Dans que foi recoñecida a súa labor nos Xardíns de San Carlos da cidade de A Coruña, son algúns tamén dos que se publican.

     
"Os Cruceiros Bonitos" - Abegondo


Pedro A. Barros Pedreira
                               



Jesus Calviño de Castro


O libro "O Abegondo dos 50" trasládanos a como eran as cousas cotidianas en Abegondo nesa década do século XX da mán do escritor Pedro A. Barros Pedreira ("Antón do Cruceiro)...  ((ver "A Taberna dos 50")


O Abegondo dos 50

A Taberna dos 50
   




O legado patrimonial cultural popular ten innumerables mostras. Aquí recóllense unhas poucas. Pódense visualizar reportaxes fotográficas de boa parte dos hórreos que se poden visualizar recorrendo o Camiño de Compostela a Fisterra, ou vistas de O Cebreiro, localidade emblemática no Camiño Francés cara a cidade do Apóstolo. Undos signos da arquitectura popular de Galicia son os hórreos. Aquí pode atopar referencias fotográficas de os Hórreos de Combarro (Pontevedra), ou as agrupacións deles que proliferan na provincia de Ourense como son os casos dos Hórreos de Barroso (Avión - Ourense), os Canastros de A Merca (Ourense), ou os  Hórreos de Quins  no concello de Melón (Ourense).


Hórreos de Barroso (Avión - Ourense)

Hórreos de Quins (Melón - Ourense)

Canastros de A Merca (Ourense)

Hórreos de Combarro (Pontevedra)




















































Referentes á Abegondo na Alta Idade Media ou un artefacto atopado na comarca de As Mariñas que semella unha daga prehistórica, ou outros aspectos tan variopintos e actuais como a problemática entre adminsitracións públicas co tema do IBI dos terreos expropiados no encoro de Abegondo-Cecebre, ou problemas sen arranxar tamén na zona de O Portancho (entre Crendes -Abegondo-  e  Piadela -Betanzos-) ou a increíble e impresionante historia da presa de Beche, son outros dos apartados que se atopan neste blog dos publicados durante o ano 2013; ou xa para aqueles que estén moi interesados en cousas tan actuais como o dichoso PXOM 2012 de Abegondo (Plan Xeral de Ordenación Municipal), tan cacareado e que agora parece que a ninguén lle interesa, no que se poden visualizar de xeito moi doado e rápìdo os planos das zonas urbanas de Solos de Núcleo das 19 parroquias do concello de Abegondo.



La increíble historia de O PORTANCHO (Crendes - Abegondo)


O dichoso PXOM de Abegondo
O IBI dos terreos do encoro Abegondo-Cecebre
  


Daga prehistórica de Limiñón




Xa en plan mais coñero tamén podemos atopar algúnha que outra carallada, ou se quere vostede curiosidades que podemos atopar en calquer lugar que forman parte do anecdotario cotidiano de calquer lugar, con tal de ser un pouco observador do entorno.


Algunha que outra CARALLADA....


Dentro da variedade do publicado no ano 2013 faise referencia ó contido do libro dedicado a Abegondo titulado "Abegondo un Curruncho das Mariñas" , porque escribir un libro é o que ten, ou outros aspectos variopintos como pode ser unha comparativa do reparto de escanos no Parlamento de Galicia seguindo a Lei D'Hont ou o reparto directamente proporcional.


   
Abegondo un Curruncho das Mariñas
Escribir un libro
  



Durante o ano 2013 houbo novidades no ambito territorial de concellos da provincia de A Coruña como foi a fusión de os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras tratándose este tema cunha entrada na que se publica cando se constituíron como concellos cada un deles no ano 1836. Outros momentos históricos como a relacion de Abegondo con la Semana Trágica de Cataluña en 1909 tamén ten o seu apartado.


Constitución dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras en 1836





E para ir rematando se lle apetece relaxarse un pouco, pois entón propóñolle que lle dé un vistazo a este nelace de postal de sol e disfrúteas.


Posta de sol en Baiona (Pontevedra)
Posta de sol en Santa Cruz (Oleiros - A Coruña)


Coa publicación do libro EL ULTIMO DE FILIPINAS DE ALMEIRAS (CULLEREDO - A CORUÑA) - JOSE MARTINEZ SOUTO - UN HEROE EN BALER remata así o mes de decembro e ano 2014; nun traballo recopilatorio das vivencias deste heroe de Culleredo e de Galicia na guerra hispano-filipina de finais do século XIX; donde ademais relatase a presencia española naquelas illas asiáticas durante máis de 300 anos, e a peculiar forma de administrar os intereses de España naquela hora. Unha historia da Historia de España que entronca perfectamente coa propia nosa Historia do século XX. A historia dos avós dos nosos pais, as vivencias e a España de 40 anos atrás da guerra civil de 1936.


Portada del libro EL ULTIMO DE FILIPINAS DE ALMEIRAS - JOSE MARTINEZ SOUTO



Así remata esta recopilación do publicado nos doce primeiros meses de vida deste blog "Currunchos de Galicia"; desexándolles un mais que merecido e bó ano 2014.

Juan J. Rocha


Verde Navidad





No hay comentarios:

Publicar un comentario