Translate - Traductor

miércoles, 1 de enero de 2014

BIBLIOTABERNA "A GALERIA" - FISTERRA - MUSEO DE UN TABERNICOLA - ROBERTO TRABA

BIBLIOTABERNA "A GALERIA" - FISTERRA
 MUSEO DE UN TABERNICOLA
ROBERTO TRABA

Tarxeta de presentación da Bibliotaberna "A Galería",
e do Tabernícola Roberto Traba.



Localización:
Rúa Real, 25
Fisterra
Provincia: A Coruña


FISTERRA, referencia e referente de Galicia. Terra da xente do mar, o seu faro,...fin do Camiño. ¿Quén non estivo ou non ten referencias exactas de Fisterra?   Fisterra é, e seguirá sendo, un dos moitos sitios de Galicia que é recoñecido no mundo enteiro.

Fisterra, o seu porto mariñeiro, o cabo, o seu faro, o Camiño de Compostela, o de Muxía, a Costa da Morte…, son moitas e importantes as referencias que ten este anaco da nosa terra.

Pero hoxe quero traer aquí dúas cousas: Un sitio e unha persoa. Si, un bar (unha bibliotaberna) e o seu dono (un auténtico tabernícola). Van parellos, van da man. Como non pode ser doutro xeito.

No centro da vila, ó carón da entrada ó porto pesqueiro, temos unha rúa, a Rúa Real. Andamos pouco mais de 50 metros, e á man esquerda atopamos un establecemento. Un bar que ten por nome “A Galería”.

Fachada e porta de entrada de "A Galería".

Se está pechado nese intre non se preocupe (o seu dono tamén ten dereito ao descanso), porque a partir das 18 ou 19 horas abre ó público, e alí atopará un auténtico museo vario e variopinto, onde pode ollar cousas que se cadra nunca imaxinou ter tan ó caron seu. Cousas increíbles de sitios tan dispares e recónditos do planeta, e tamén da propia vila, de Fisterra.

Os amigos, peregrinos e persoas que se sinten partícipes desta iniciativa levada ó efecto por Roberto Traba, van compoñendo esta “bibliotaberna” -museo nun lugar apetecible para as persoas que recalan por terras do Finisterrae.

Interior da bibliotaberna-museo

Unha parte da colección de pedras.

Aquí o visitante pode atopar pedras das montañas mais insospeitadas de calquera dos continentes, ou mesmo auga do río Ganges, ou pode ler algún dos libros que a modo de pequena biblioteca ten nun dos apartados do local; que a súa vez conta tamén cun ordenador con conexión a internet, todo elo con vistas ó porto pesqueiro.


Cada envase ten a súa anotación para que
o visitante non se perda detalle.

Todo perfectamente detallado.



Con futbolín incluído.

Esto que ven aquí é no teito do local....

... non hai recuncho da bibliotaberna que non haxa algo.

Mais estanterías con botes de cristal donde se gardan
os agasallos dos visitantes de "A Galería".

Un teléfono ó peso...

Aquí pode que sexa donde se montan os cirios.....


“A Galería” non é un bar calquera. E un sitio para ir e estar. Para quedarse un bó anaco, para poder ollar, ver, escoitar, conversar. Aquí xúntase o sabor mais mariñeiro e auténtico de Galicia coas multiculturas que afloran coa chegada dos peregrinos a esta parte do mundo.


Mostra tabernícola-fotográfia que se pode contemplar en "A Galería".

A un lado e outro das paredes según se entra na bibliotaberna-museo.


Roberto Traba, home polifacético sen dúbidas, fai deste sitio o su “salón de estar” como él o define. Auténtico dinamizador cultural noutros tempos da vila, tamén estivo durante varios anos publicando no diario La Voz de Galicia artículos sobre historias, e vivencias narradas do mundo de Fisterra. Foron máis de 150 publicacións que logo mais tarde, no ano 2012 foi capaz de velos todos xuntos nun libro titulado "CRONICAS DE FISTERRA", con prólogo e presentación do escritor Manuel Rivas.

Portada do libro "Crónicas de Fisterra"
de Roberto Traba


Dentro das múltiples cousas que o visitante pode ollar está unha vestimenta a modo de casulla que Roberto usa nas ceremonias e rituais que él mesmo compón no conxuro das queimadas que no seu templo-tabernícola organiza. 

Foi ademais pioneiro en abrir un dos primeiros albergues privados aos peregrinos en Fisterra ("O Albergue de Paz", situado na Rúa Victor Cardalda, 11), lugar de destino e de peregrinaxe que hoxe conta por milleiros os que teñen por parada esta vila da Costa da Morte, e que por suposto tamén teñen como referencia “A Galería”.


Parte da indumentaria de Roberto cando
os conxuros das queimadas que se organizan
na Bibliotaberna. 

Como non pode ser menos pola forma de ser e entender a súa bibliotaberna, Roberto tamén lle ofrece ao visitante un libro, a modo de “libro de visitas”, preparado para que os clientes, amigos e visitantes poidan escribir o que lle veña á imaxinación, deixando así constancia da súa presencia.

A día de hoxe xa son varios os tomos que alí ten cheos de dedicatorias, pensamentos, poesías, e quén sabe cantas cousas alí se escribiron, porque hai escritos en moitos idiomas...


Libros onde os visitantes deixan a súa pegada da presencia
en "A Galeria".


Libros que en definitiva plasman a visita de personaxes
do mais variopinto que hai no mundo tabernícola de Roberto.


En definitiva “A Galería” sitio senlleiro, ó igual que o seu propietario-xerente-tabernícola, Roberto Traba, que fan da súa vila, Fisterra, un sitio para visitar.

Eu voltarei con mais tempo para disfrutar do que alí se mostra e para poder charlar outro pouco con Roberto.