Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
viernes, 24 de octubre de 2014
PARQUE ARQUEOLOXICO DA ARTE RUPESTRE (CAMPO LAMEIRO - PONTEVEDRA)
PARQUE ARQUEOLOXICO DA ARTE RUPESTRE (CAMPO LAMEIRO - PONTEVEDRA)
Localización: Concello: Campo Lameiro Provincia: Pontevedra
O PARQUE ARQUEOLOXICO DA ARTE RUPESTRE está moi preto da capital municipal de Campo Lameiro, na comarca e provincia de Pontevedra. Inaugurado oficialmente no ano 2011 deu pé a que este concello se considere dende entón como a capital da arte rupestrede Galicia.
Este centro interpretativo lévanos ata Idade de Bronce, donde o visitante pode disfrutar das instalacións construídas ao efecto e na súa contorna nun espazo aberto de case 22 hectáreas; sendo o primeiro destas características que existen en Galicia.
O visitante o primeiro que atopa ao chegar ao lugar é o edificio destinado a centro de interpretación e documentación, no que existen abundantes paneis informativos para comprender a forma de vivir dos nosos atepasados. Esta instalación conta ademais con unha cafetería e tenda.
Galicia é un enclave dos mais importantes que existen en Europa en canto aos vestixios do arte rupestre. Aquí, no Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro, podemos disfrutar, tal como nos deixaron os nosos antergos, nunha superficie de preto de 22 hectáreas e no medio do bosque atlántico, unha exposición ao natural desta arte tan importante do noroeste da península ibérica.
Entorno no que está situado o PARQUE ARQUEXOLOXICO DA ARTE RUPESTRE
Saíndo do Centro de Interpretación e Documentación temos como alternativa ata un total de 10 itinerarios para disfrutar ao longo deles de varias ducias de petróglifos. Cada zona e cada itinerario está perfectamente delimitado e sinalizado para o visitante.
En cada petróglifo ou zona deles existen paneis informativos que axudan a visualizar e a comprender a envergadura das obras plasmadas sobre as rochas.
No percorrido tamén podemos contemplar a exposición dun poboado que semella aos existentes na época e que nos fai entender e interpretar a forma de vida desa época.
Rematando os itinerarios temos unha pequena área de descanso antes de chegar de volta ao edificio do Centro de Interpretación.
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario