Translate - Traductor

miércoles, 13 de febrero de 2013

JUAN ARMADA Y LOSADA.- Ilustres de Abegondo.- XI Marqués de Figueroa.

JUAN ARMADA Y LOSADA
MARQUES DE FIGUEROA





Juan Armada y Losada. XI Márqués de Figueroa
(Fotos de Wikipedia)




(Resúmen de lo publicado en el libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas" de X.X. Rocha Carro).


JUAN ARMADA Y LOSADA, político, escritor e XI marqués de Figueroa, fillo de Juan de Armada y Valdés e Ramona de Losada y Miranda. Naceu en Madrid o 4 de maio de 1861[i]. Doctorado en Dereito, as actividades mais salientables ó longo da súa vida foron as de político e escritor.

Na primeira delas acadou ser o máximo responsable do Partido Conservador na provincia de A Coruña, e figura representativa da política “maurista” na provincia .

Deputado en nove Cortes consecutivas desde 1891, ostentou o cargo de Vicepresidente do Congreso do 1899 ó 1901, do 1903 ó 1904 e do 1904 ó 1905, exercendo alguna vez como Presidente[ii].

Nun principio presentouse polo distrito de Pontedeume e mais tarde polo de A Coruña. Foi titular do Ministerio de Fomento[iii] en 1904, voltando de novo a encargarse dun departamento ministerial, desta vez do de Gracia y Justicia dende o 25 de xaneiro de 1907 ata o 21 de outubro de 1909[iv].

Cando ocupaba o cargo neste último Ministerio foi cando tivo que facerlle frente ós graves disturbios que houbo nos concellos da bisbarra de Betanzos [v] por mor das refregas entre o poder establecido e as sociedades de labregos que estaban a loitar, dunha parte na defensa dos seus propios intereses, e doutra incluso para facerse co control dos concellos.

Pola gravedade dos feitos, o tema chegou a ser tratado no Congreso dos Deputados e na prensa a nivel nacional[vi].

Outra etapa crítica do seu mandato nete Ministerio coincidiu coas revoltas de Cataluña que deron pé a graves enfrentamentos, coñecido o caso como a "Semana Tráxica".

Foi un dos activos políticos da época para acadar acordar e tentar levar adiante os proxectos do Ferrocarril na provincia de A Coruña.

Por outra banda é de salientar o traballo lexislativo levado a cabo por Juan Armada y Losada ó frente do Ministerio de Gracia y Justicia. Entre as normas aprobadas destacan a “Ley contra la Usura”, la “Ley de Condena Condicional”, la “Ley de Justicia Municipal” y la “Ley de Reforma Hispotecaria[vii].

Como escritor foi membro da Real Academia Española da Lingua, respondéndolle como tal ó discurso na mesma de Ramón Cabanillas. Da súa capacidade poética dou mostras tanto no idioma castelán como no galego, sendo asiduo conferenciante de temas literarios pronunciadas no Ateneo de Madrid.

Entre as súas obras destacan as recollidas en dos libros, “Del solar galaico” e “Libro de Cantigas”[viii]

(Publicado en "Abegondo un Curruncho das Mariñas" de X.X. Rocha Carro).


Morreu no Pazo de Figueroa (Abegondo) o 22 de setembro de 1932.





[i] A meirande parte dos autores reflexan o ano 1861 como o ano de cacemento, nembargantes Modesto Sánchez de los Santos en “Las Cortes Españolas: las de 1907” sinala o de 1859.
[ii] “LAS CORTES ESPAÑOLAS:LAS DE 1907”.- Modesto Sánchez de los Santos.
[iii] Por Real Orden de 18 de abril de 1900, o Ministerio de Fomento cambia a súa denominación pola de “Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas”, para logo en 1905 voltar a denominarse “Fomento”.
[iv] “COMPENDIO DE HISTORIA DE ESPAÑA”.- C. Pérez Bustamante.
[v] Especialmente en Irixoa, Coirós, Paderne e Oza dos Ríos.
[vi] Para ampliar mais datos deste feito consultar “Agrarismo y movilización campesina en el país galego (1875-1912)” e “Crónicas-3: Entre la mano negra y el nacionalismo gallego”, ámbolos dous de J.A. Durán, e prensa da cidade de Betanzos daquel tempo.
[vii] “HISTORIA DE GALICIA”.- Emilio González López.- px: 747