Translate - Traductor

lunes, 28 de enero de 2013

DAGA PREHISTORICA DE LIMIÑON

DAGA PREHISTORICA DE LIMIÑON


Xa hai uns anos que o amigo Miguel paseando pola ribeira do río Mero na parroquia de Limiñón (Abegondo), moi preto xa co límite do concello de Betanzos, achou unha peza canto menos podemos denominala "curiosa".

A verdade teño que decir que gardaa como "ouro en paño", xa que ademais entraña unha certa curiosidade ou "historia" o día en que se atopou con ela. Lembro que se sempre que sae a conversa do tema, comenta que foi un día en que levou a un amigo que tiña de invitado na súa casa, natural das Canarias que estaba a pasar uns días con él; e este home unha das súas ilusións era ver un río. Sí, así como sona. Ver un río, unha fonte fluvial, xa que él, de terras áridas non era unha paisaxe habitual na súa vida e facíalle ilusión ver un río.

Así, froito da casualidade, aínda que para o amigo Miguel a zona era coñecida, paseando á beira do río Mero, nunha zona pedregosa atopou esto que de seguido vos mostro.


Lado esquerdo

Lado dereito. Pódese comprobar o seu tamaño en relación
a unha monedo de 1 euro.

Ollando esta peza, e tendoa na man; e recoñecendo ser o que lles escribe un absoluto profano da materia, ten toda a pinta e se cadra, atrévome a decir que ten moitas posibilidades de que estemos a falar dunha daga prehistórica, dun puñal, ou canto menos dunha ferramenta ou utensilio ancestral.







Hai que comentar que colléndoa na man adáptase perfectamente a ela, aínda que facendo a comparativa entre as mans parece que da mellor xeito, mellor collida, para a man dereita.


A empuñadura resulta perfectamente adaptada ó collela na man.- Nas fotos que de seguido se publican téntase mostar en detalle esta parte da peza. 

Empuñadura parte esquerda.

Empuñadura parte dereita

Empuñadura parte esquerda.

Empuñadura parte dereita.

Empuñadura parte dereita.

Empuñadura parte dereita

Empuñadura parte esquerda.

Empuñadura parte dereita.



Detalle da peza na parte media



Na punta desta peza hai que salientar que na súa parte esquerda ten unha fendedura transversal de arriba hacia abaixo que seguramente terá un motivo ou un por qué deste diseño.  Do mesmo xeito na outra parte, é decir no lado dereito ten ese aspecto semellante pero mais cerca de empuñadura, sólo que esta vai de abaixo hacia arriba. Nas fotos que de seguido se publican pode observase esta cuestión.

Punta lado esquerdo.

Punta lado dereito.

Punta lado dereito

Punta lado dereito

Punta lado dereito.

Punta lado esquerdo.

Punta lado esquerdo.

Punta lado esquerdo.

Punta lado dereito.




Indicar que o amigo Miguel fixo no seu momento algunha indagación sobre a peza en cuestión, e comenta que o profesor Luis Monteagudo Garcia, quen fora director do Museo Arqueolóxico de A Coruña, fixéralle o comentario que posiblemente se trate dunha "daga".

Por último indicar que a peza en cuestión é de material duro; pedra en concreto. Pedra semellante á habitual na zona en donde foi achada.

O amigo  Felipe Senén (ex-director do Museo Arqueolóxico de A Coruña, e na actualidade Técnico de Xestión Cultural e Museólogo da Deputación Provincial de A Coruña), aínda sen vela namais que en fotos, comenta que lle resulta curiosa a peza; e deixa entrever certa posibilidade que poida ser unha formación natural e que despois poidera ser reutilizada como ídolo ou puñal..., seguramente en época prehistórica, castrexa ou anterior; polo que considera axeitado facer consultas a xeólogos, xa que a natureza e a auga moitas veces moldean de xeitos moi caprichosos.

Por eso que dende aquí abro a posibilidade para que calquera persoa, colectivo ou institución queira indagar mais sobre esta peza brindo o meu contacto neste blogue e mais incluso co amigo Miguel (persoa que custodia a peza) para poder analizala e estudiala en mais profundidade.