Translate - Traductor

lunes, 16 de septiembre de 2013

PAZO DE QUIROGA.- San Tirso de Mabegondo (Abegondo)

PAZO DE QUIROGA

(San Tirso de Mabegondo)





Situación:
Parroquia: San Tirso de Mabegondo
Concello: Abegondo
Provincia: A Coruña

O Pazo de Quiroga é un dos pazos mais maxestuosos que existen dos numerosos que se atopan na comarca coruñesa de As Mariñas. Enclavado na parroquia de San Tirso de Mabegondo, término municipal de Abegondo; está situado a poucos metros da igrexa parroquial e da estrada provincial denominada Ameás a Oza dos Ríos, á man esquerda en dirección a esta última localidade.

De estilo renacentista, a fachada están flanqueada por duas torres simétricas, cun escudo representando das armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza[1].



Os balcóns de pedra, teñen as balaustradas construídas en ferro. Hai restos dun hórreo de grandes dimensións no patio central polo que se accede ó edificio. Pola parte posterior do solar aínda se conserva unha fonte ornamentada en pedra.

En estado de abandono durante anos, fixo que o tellado estivera derrubado case totalmente, afectando considerablemente ó conxunto do edificio. No ano 1991 por iniciativa da dona, Amparo Quiroga e Vargas, escomenzáronse unhas obras de reconstrucción do edificio, o que lle valeu para recobrar outra vez o seu estado vigoroso tan representativo desta construcción. Moi recientemente acometeuse unha nova remodelación coa finalidade de realizar banquetes .




Desta casa foi o político liberal Antonio Quiroga que no século XIX en tempos do reinado de Fernando VII, sublevouse e loitou polo sistema constitucional, chegando a ocupar a vicepresidencia das Cortes.




Quen mandou construir o edificio foi don Diego de Quiroga e Reimóndez, señor das xurisdiccións de San Tirso de Mabegondo, Santa María de Rodeiro, San Vicente de Fervenzas e cabaleiro do hábito de Santiago, fillo de don Diego Díaz de Quiroga e dona Antonia Fernández Capoa, veciños da freguesía de Santaia de Gulfréi, Becerreá, provincia de Lugo[2].









Extracto recollido do libro titulado Abegondo un Curruncho das Mariñas.