Translate - Traductor

miércoles, 20 de marzo de 2013

HORREOS DE COMBARRO


HORREOS DE COMBARRO








Localizacion:
Parroquia: Combarro
Concello: Poio
Provincia: Pontevedra

Se hai unha estampa típica da Galicia mariñeira e das Rías Baixas, unha delas son os hórreos de Combarro.

Combarro, parroquia do Concello de Poio, está situado moi preto da cidade de Pontevedra, indo pola estrada da costa cara a Sanxenxo.

Contanse sobre 30 exemplares situados á beira do mar, aínda que na vila pódense atopar outros tantos. Construídos en pedra de forma robusta fan deste conxunto arquitectónico un punto único en Galicia de gran beleza e de visita obrigada, ubicados linealmente á beira do mar.

Están construídos entre os séculos XVIII e XIX reemprazando ós de canas e palla que existían anteriormente.

Según consta na información facilitada polo concello de Poio, a razón pola cal esta ubicación tan singular na beiramar foi debido a que moitos vecinos tiñan terras de labranza alén da Ría, e consideraron que a mellor forma de poder transportar as colleitas era por mar, e por tanto tamén ter o acopio á man, sen ter que pasar traballos e necesidades de levalas para as casas.

Actualmente, e en especial en época estival a zona está ateigada de turistas, ofertando o comercio local todo tipo de agasallos e restaurantes co pratos típicos da cociña galega.



































Enlaces de interés: