Translate - Traductor

jueves, 2 de enero de 2014

PONTE MEDIEVAL DE BELDOÑA // PUENTE MEDIEVAL DE BELDOÑA -- (ABEGONDO - BETANZOS)

PONTE MEDEVAL DE BELDOÑA
PUENTE MEDIEVAL DE BELDOÑA
(Abegondo - Betanzos)




Ponte medieval de Beldoña sobre o río Mero.




Localización:

Lugares:  BELDOÑA  e  GUILIADE.
Parroquias: SAN TIRSO DE MABEGONDO  e  SAN ESTEBAN DE PIADELA.
Concellos: ABEGONDO e BETANZOS.




A ponte medieval de Beldoña está situada a poucos metros, río arriba, da estrada que vai de Betanzos ao Mesón do Vento, entre os lugares de Guiliade (Betanzos) e Beldoña (Abegondo), á man esquerda, no límite xeográfico que o río Mero fai entre os concellos de Abegondo e Betanzos. A poucos metros río abaixo xa atopamos a cola do Encoro de Abegondo - Cecebre, no lugar coñecido como "O PORTANCHO", este último situado entre as parroquias de Crendes (Abegondo) e Piadela (Betanzos).



A construcción primitiva desta ponte data do século II, aínda que foi reparada na Edade Media, convertíndose no único exemplar das súas características que hai na zona e das poucas que quedan na bisbarra. O estilo mais salientable é o romano, reformándose de xeito importante no século XIV. Conta cun só ollo e de forma alombada.














Según consta, por ela pasaba o antigo camiño real que conducía de Betanzos a Santiago de Compostela. Este traxecto era o empregado polos peregrinos que acudían dende Ferrol, outras localidades do norte da provincia de A Coruña, Lugo a parte occidental de Asturias, pasando por Betanzos cara á cidade do Apóstolo. Hoxe en día ese percorrido variou, o cal agora vai cara o mais ó interior, concretamente polo núcleo de Xan Rozo (Betanzos) e por Limiñón e Cos (no concello de Abegondo); coñecido como o “Camiño Inglés”.











Esta ponte foi arranxada na década dos anos 90 logo de sufrir importantes danos no ano 1989 cando foron derrubados os pretís por unha máquina excavadora, danando a súa construcción seriamente.

A Xunta de Galicia no ano 1991 aprobou o recoñecemento desta construcción de arquitectura popular como monumento histórico.

(Resúmen recollido no libro "Abegondo un curruncho das Mariñas"de X.X. Rocha Carro).

OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR: