Translate - Traductor

viernes, 28 de diciembre de 2012

SALVADOR ETCHEVERRIA BRAÑAS.- Ilustres de Abegondo.


SALVADOR ETCHEVERRIA BRAÑAS


Ilustres de Abegondo


Resúmen do publicado no libro "Abegondo un curruncho das Mariñas".



Foto de Salvador Etcheverria Brañas,
publicada en  Anuario Brigantino.


Naceu en Ferrol en 1894 exercendo diversos cargos públicos de relevancia, entre eles o de Gobernador Civil na provincia de León durante o primeiro período da II República. Presidía, cando escomenza a guerra civil de 1936, o Comité Local do Partido Republicano Radical Socialista[i].

Tiña a súa casa na parroquia de Abegondo, no lugar de A Peneda, a cal é coñecida polos parroquianos como “O Chalé”, situada á beira esquerda da estrada de Betanzos ó Mesón do Vento, moi preto da Casa do Concello.


Para localizar o lugar de A PENEDA (Abegondo) en Google Maps, AQUI)


Foi impulsor en Abegondo do Comité Executivo Local do Partido Unión Republicana, que preside no ano 1935, xunto co médico Claudino Barros Vidal que ostenta a vicepresidencia[ii].


Noticia que recolle o periódico "La Libertad" do día
27 de febreiro de 1935 sobre a composición do novo Comité executivo local
do partido "Unión Republicana de Abegondo"


Anteriormente, o 10 de xuño de 1931 quedou fundado o grupo denominado "Unión Republicana de Abegondo", que tiña a súa sede na parroquia de Sarandós, sendo presidente Modesto Torreiro Piñeiro.

En 1936 cando a guerra civil é encarcelado. Remando o ano consegue un permiso, que aproveita a ocasión e fuxe cara a Portugal para así embarcar cara a Cuba. No exilio logo escomenza a exercer a carreira diplomática. Nun principio en Santo Domingo, e mais tarde en Veracruz, coma Cónxul Xeral. Neste último cargo desempeñaría un importante papel de cara o envio de armas ós republicanos. Rematada a guerra civil é nomeado Embaixador en Guatemala ata 1947.

En 1953 é Embaixador na República de México, para logo en 1955, baixo a presidencia de Gordón Ordáx, ser o Ministro de Información, Propaganda e Arquivos do goberno da República no exilio en París.

E aquí onde terá coma secretario particular a Javier Alvajar, quen sería nos primeiros anos da etapa constitucional, alcalde da vila de Carral[iii].

A morte sorprenderío nesta última cidade o 23 de setembro de 1957, logo de estar en bon camino os preparativos do definitivo encontró que a súa familia residente en España estaba a preparar[iv].

Nota.- Resumo publicado no libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas", de X.X. Rocha Carro.






[i] Arquivo de Reino de Galicia G-1823  G-436
[ii] O resto de componentes en 1935 do Comité Local son José Díaz Santos, secretario; Antonio Vázquez, vicesecretario; Joaquin Longueira Germade, tesoreiro; e os vogais Manuel Rey Pedreira, Antonio Caramés, Felicitadas Longueira Germade e Asunción Velo Lemos.- (Arquivo do Reino de Galicia  G-1823 e G-4369)
[iii] “Eclipse deEspaña”, de Salvador Etcheverría. Ediciós do Castro.