Translate - Traductor

lunes, 13 de enero de 2014

PREPARANDO A CARNE PARA O "ENTROIDO"

PREPARANDO A CARNE PARA O "ENTROIDO"




Pasado o nadal non hai galego/a que non pense xa no "Entroido"; nesa festa rachada tan particular como a que se desenvolve por estos lares ibéricos.

O Entroido en Galicia que ven sendo de sona incluso a nivel internacional é o que se desenvolve no famoso triángulo ourensán que forman os concellos de Laza, Verín e Xinzo de Limia, dos moitos que se organizan por estos lares galaicos.

Pero ademais desa troula, das trasnadas, da carallada, da farra...., o que realmente se leva a pana, hai que recoñecelo, dun xeito irremediable na Gallaecia é o porco, que do pobre animal non queda un anaco del por ningures.

Antes deso, osea de papalo, de dar boa conta del, os preparativos xa veñen de meses atrás, de cando o San Martiño, e é así como aínda podemos atopar en casas dos labregos galegos como nas lareiras aínda se afuman as partes mais interesantes do porco para dar boa conta del nos cocidos do entroido.

Aquí unha pequena mostra do que atopamos hai uns días nunha casa desas, do que nos alegramos que non se perdan os valores do bó facer:

Neste primeiro grupo de fotos podemos ver o touciño (tremendo touciño...!!!), o cal usarase, entre outros destinos, para untar a filloeira á hora de facer nas filloas.


Touciño

Panceta

Panceta

Panceta

Panceta e touciño

Touciño



Aquí noutro grupo de fotos os chourizos e codillos....










E para rematar....., unha boa cacheira !!!!







Xamón de recebo ou recebado ??


Outros enlaces que lle poden interesar: