"RUTA DA PEDRA E DA AUGA"
río Armenteira
Localización
Comarca: O Salnés
Provincia: Pontevedra
Concellos: Ribadumia e Meis
As persoas que teñan preferencia por sendeiros en entornos naturais de contido eminentemente etnográfico e gusten da fotografía, entón están a buscar un sitio, un lugar como a Ruta da Pedra e da Auga. Unha proposta que fan conxuntamente os concellos de Ribadumia e Meis, na comarca de O Salnés; convertíndose nunha visita mais que recomendable. Hai sinalización suficiente, incluso para peregrinos que vian cara a Compostela. entroncando co Camiño Portugués.
O percorrido fotográfico proposto nesta publicación parte dende o Mosteiro de Armenteira, o punto mais alto de todo o tramo, tal como se aprecia neste gráfico, o cal pode verse nun dos paneis informativos ao pé do inicio da ruta. Tramo este que me dá a sensación que non é precisamente o preferido de Mariano Rajoy, xa que este cada vez que o visita fai mais ben o percorrido pola parte baixa e plana do percorrido que ofrece a ruta.
Si, porque se aínda vostede non o sabe, esta ruta é a que lle chifla a Mariano Rajoy que últimamente cada vez que ven facer unha visita por Galicia pois apúntase ao bombardeo de facer unha pequena camiñata pola Ruta da Pedra e da Auga.
Si, porque se aínda vostede non o sabe, esta ruta é a que lle chifla a Mariano Rajoy que últimamente cada vez que ven facer unha visita por Galicia pois apúntase ao bombardeo de facer unha pequena camiñata pola Ruta da Pedra e da Auga.
Perfil do recorrido |
Comenzo da ruta dende o Mosteiro de Armenteira |
Panel informativo ao inicio da ruta |
(Para ver ubicación do Mosteiro de Armenteira en Google Maps, AQUI)
Un dos primeiros muiños que atopamos no percorrido |
Facendo o paseo en este sentido imos río abaixo, adentrándonos a partir dos primeiros centos de metros andados, na zona mais abrupta e mais senlleira de todoo percorrido. As augas do río Armenteira rebuscan infinitos currunchos entre pedras, árbores, muiños e canles; levándonos facilmente a lembrar como o home buscaba afanosamente, en combinación coa naturaleza formas mais doadas para sobrevivir. Neste caso estamos a falar dos muiños, razón de ser para moitas familias e iniciativas empresarias da época.
Canle dun dos muiños do percorrido á beira do río Armenteira
|
ALDEA LABREGA:
No medio da ruta atopamos un lugar senlleiro ao longo do percorrido, adicado a lembrar as aldeas galegas, denominada "aldea labrega". E un conxunto escultórico obra da escola de canteiros tal como se fai mención nunha placa nas inmediacións.
PERCORRIDO MAIS URBANIZADO
Logo de sobrepasar a zona mais abrupta do percorrido podemos disfrutar da riveira do río Armenteira en paseos mais anchos donde as augas van mais tranquilas, con zonas que contan con iluminación.
ZONA DE MERENDEIRO
Na zona baixa do percorrido cerca do límite dos concellos de Meis e Ribadumia hai unha zona de descanso-merendeiro.na que se poden contemplar tamén outro grupo de muiños nas inmediacions.
OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:
Mosteiro de Armenteira
Horreos de Combarro
Fervenza de San Xusto (Lousame - A Coruña)
Praias de Galicia
Islas de Galicia
Mosteiros de Galicia
Castros de Galicia
Horreos de Galicia
Galicia Mariñeira
Coto de Chelo. Rio Mandeo.- (Coirós - A Coruña)
La historia de ISABEL ZENDAL GOMEZ, de Parada (Ordes - A Coruña). Considerada como la primera enfermera de la sanidad pública. Expedición Balmis.
JOSE MARTINEZ SOUTO, de Almeiras (Culleredo). Soldado que formó parte del conocido grupo denominado LOS ULTIMOS DE FILIPINAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario