De AMBASMESTAS a O CEBREIRO
Subida de LA FABA.
Camiño de Santiago - Camiño Francés
A etapa do Camiño Frances, de Villafranca del Bierno ata O CEBREIRO está considerada como a "etapa reina" do de todo o percorrido. A dificultade de subir LA FABA é todo un reto despois de vir disfrutando anteriores etapas pola provincia de León.
A consumación da chegada desta etapa ven despois de contemplar e disfrutar unha subida por camiño empinado, en treitos con croios de envergadura e no medio de carballos e castiñeiros que fan un pouco mais levadeira a subida que ten o seu aquel.
Antes de emprender a subida aínda temos tempo de contemplar estas paisaxes:
A primeira parte da gran subida faise por camiño pedregoso o cal dificulta dalgún xeito o camiñar, o cal ten como recompensa o poder disfrutar do paso amodiño da paisaxe que nos brinda a ruta.
Logo xa nunha segunda xeira da subida o discorrer polo Camiño faise xa mais aberto ainda que a costa sigue sendo empinada ata o remate da etapa.
A vista das estibacións dos montes de toda a comarca ven valen unhas fotos.
Moi preto da chegada temos unha das referencias da etapa e punto de fotografia obrigada dos camiñantes. O monolito que marca a división territorial entre Castela e Galicia, entre a provincia de León e Lugo. Logo dun pequeno andar xa se ven as primeiras pedras de murallas de O CEBREIRO.
OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:
No hay comentarios:
Publicar un comentario