PORTOMARIN
Camiño Francés.- Camiño de Santiago de Compostela
PORTOMARIN. Remate e principio de etapa no Camiñó Francés. Poboación da provincia de Lugo que se convertiu nun referente no andar dos peregrinos cara a Compostela.Todo un referente para o camiñante e calquer visitante que se achegue a esta terra famosa tamén pola súa augardente.
Bañado polas augas do río Miño o "novo Portomarín" aparece aos ollos do que se achega ata os pés da ponte onde se pode ver aínda os restos do Portomarín de sempre que se veu asolagado polas augas do encoro de Belesar, a uns cantos kilómetros río abaixo, aló cando a principios da década dos anos 60 do século XX a política de embalses na comunidade de Galicia estaba a ser un feito constatable.
Froito desta política os de Portomarín saben ben o que é ter que coller literalmente os seus bártulos e emprender unha nova vida, escomenzar a vivir nun novo pobo, nunha nova vila no cumio das leiras que dende sempre recordaban ao lado da súa vila.
Vídeo no que se recolle o río Miño co cauce baixo debido á sequía do verano de 2017
Un trago amargo que debeu ser para toda aquela xente en cómo tiveron que trasladar pedra a pedra polo menos daqueles edificios que eran considerados emblemáticos da súa aldea, da súa vila.
Unha mostra de todos esos aconteceres, afortunadamente recuperados polo pobo de Portomarín foron plasmados por medio de fotografías que hoxe en día dan boa conta do que foi aquelas datas tan significativas para unha xeneración.
Pero PORTOMARIN non se arruga e hoxe é unha vila que está viva, que recolle diariamente a centos de peregrinos que o escollen para pernoctar e seguir camiño cara a Palas de Rei, Melide, Arzúa...., que lle dan sentido mais que nunca ás súas ganas de seguir adiante no se pobo, no seu novo pobo.
Cando o tempo climatolóxico irrumpe con secas de auga ainda se pode ollar o vello Portomarín á beira do curso natural do río Miño. Restos aínda das vellas edificacións, coa ponte vella, cos caneiros que eran usados para a pesca no río, os paseos á beira do Miño...., fan que todo ese conxunto sexa un reclamo non só para visitantes foráneos, senón tamén para os propios veciños e veciñas de Portomarín que non dubidan en baixar, incluso con coches e percorrer o que queda daquela vida asolagada a principios dos anos 60.
Unha beleza natural e unha beleza sentimental é o que sinte un cada vez que percorre os sitios mais emblemáticos de Portomarín. Un remate e un principio de etapa do Camiño que sempre queda no recordo do peregrino.
Sempre, sempre será recomendable unha visita a PORTOMARIN. !!!!
ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:
De AMBASMESTAS a O CEBREIRO.- Subida de LA FABA
O CEBREIRO.- Camiño de Compostela
De O CEBREIRO a TRIACASTELA
TRIACASTELA
De TRIACASTELA a SAMOS
HORREOS NO CAMIÑO DE COMPOSTELA A FISTERRA
Mosteiro de SAMOS
De SAMOS a SARRIA
Visita aos tellados da Catedral de Santiago de Compostela
Mesón-Museo "XENTE NO CAMIÑO", en Presedo (Abegondo).- CAMIÑO INGLES
Currunchos de Santiago de Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario