martes, 31 de octubre de 2017

De TRIACASTELA a SAMOS.- Camiño de Santiago.- Camiño Francés

De TRIACASTELA a SAMOS
Camiño de Santiago.- Camiño Francés






No que é o percorrido "oficial" das etapas do Camiño Francés ao sair de TRIACASTELA temos a opción do camiño mais curto por San Xil ou ir cara a SAMOS





Nesta ocasión optamos por esta última que sin desmerecer á primeira ben paga a viaxe pola beleza que nos amosa outra vez mais a paisaxe, ainda que tamén cómpre ter coidado co pésimo estado de conservación no que se atopan as barreiras de seguridade, do cal deberían ter en conta os responsables da conservación desta via autonómica.


Logo de andar un treito pola estrada LU-633 e acompañados polo son das augas do río, logo nos adentraos no primeiro dos pobos, SAN CRISTOBO DO REAL, no que se pode ollar que seu esplendor que en tempos atrás debeu ter este asentamento.



























Logo toca adentrarnos no que é outro dos puntos mais bonitos en todo o percorrido desta etapa e se cadra incluso de todo o Camiño Frrancés ao seu paso pola provincia de Lugo. A frondosidade dos camiños no medio de soutos de castiñeiros e carballos, o silencio que inunda a mañán acompasando o camiñar do peregrino, fai que sexa un dos momentos mais singulares da xornada.

































Camiño de Lastres convén salientar que nos atopamos tamén con certas singularidades nestos lugares. 

En primeiro lugar indicar que as galiñas (e os galos tamén) teñen prioridade e merecen unha especial atención en orde á sinalización que o camiñante se atopa ao entrar na aldea, a cal non deixa dúbida alguna.

Sinalar ao mesmo tempo que os animais en cuestión para nada se alborotan coa presencia dos camiñantes.Sirva tamén este comentario para lembrar unha cuestión moi curiosa detectada nos moitos cans (e cadelas) que o peregrino atopa nas distintas etapas. Pois ben, están tan acostumados xa ao pasar dos camiñantes que nin se inmutan coa presencia e velos pasar no medio das aldeas e rueiros. Nótese que hai uns anos cando un fixo este percorrido non era tal este comportamento.  Algún deles dá a sensación en que están pendientes en que non veñan ningún "estrano" no medio dos peregrinos. A mín dame que eles mesmos se sinten peregrinos mesmo estando tranquilamente tomando o sol nos seus aposentos.



















 Logo sí que tamén chama a atención coa sensibilidade que os autóctonos invitan aos camiñantes a non facer cochinadas en sitios indebidos. Ainda que non se puido constatar a presenza deste tipo de exemplares no meu camiñar, dalle unha prudente credibilidade aos residentes o feito da existencia de certo tipo de energúmenos en que poidan facer uso das beiras mesmas do camiño cando precisamente o que sobra e monte e sitios mais que discretos para calquer tipo de continxencia que de imprevisto se presente. Pero bueno, xa se sabe que habelos hailos. E las, tamén.

O que está claro é que neste tipo de cuestións queda patente que "o que avisa non é traidor".









Voltamos á paisaxe que é o que mais nos interesa....

























A chegada a SAMOS coas vistas ao seu Mosteiro son sencillamente espectalulares.







VIDEO dun souto de castaños no camiño de Triacastela a Samos.







ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:















No hay comentarios:

Publicar un comentario