Translate - Traductor

domingo, 5 de julio de 2015

MESON MUSEO "XENTE NO CAMIÑO" situado en Santa María de Presedo (Abegondo). No Camiño Inglés, cara a Compostela.

MESON MUSEO "XENTE NO CAMIÑO"
situado en Santa María de Presedo (Abegondo). No Camiño Inglés, cara a Compostela


Porta da entrada ao Mesón Museo "Xente no Camiño"
dende a carretera Montellos-Vilacoba.

O fondo hai outra porta desde o Camiño Inglés a Compostela.

O Camiño de Santiago, tan coñecido e recoñecido en calquer recuncho do mundo, conta cunha nova referencia das múltiples que xa abondan en Galicia nos distintos Camiños que conducen a Compostela. Neste caso estamos a falar dun Mesón Museo situado do Camiño de Inglés, no percorrido que vai dende Ferrol ata Compostela.





O Mesón-Museo Xente no Camiño está situado xusto no km. 11 da estrada provincial que vai de Montellos (Betanzos) a Vilacoba (Abegondo), na parroquia de Santa María de Presedo, onde é famosa a romaría da Virxe da Saleta. Foi inaugurado o 30 de abril de 2015.

Os seus mentores, Alfredo Erias e a súa dona, Mª Teresa Garea, rehabilitaron a casa natal de Erias para convertila nun espazo onde se pode comer e beber produtos do territorio á maneira tradicional, ó tempo que a cultura agroma por todas partes.
O feito de que Alfredo Erias sexa doutor en Hª da Arte Medieval, historiador, pintor e debuxante, (desde 1983-84 director do Museo das Mariñas, do Arquivo e da Biblioteca do concello de Betanzos, ademais do Anuario Brigantino), ten moito que ver co feito de adicar a colección de pintura e debuxo (que irá medrando) á imaxe dos galegos da Idade Media.

Desta maneira, este Mesón-Museo Xente no Camiño é o único lugar en Galicia onde, de xeito doado, se pode ver como eran os nosos antepasados medievais que Erias atopa en sepulcros, capiteis e relevos varios e que logo traduce a debuxo e pintura. É parte do resultado das súas investigacións de trinta anos, que veñen de culminar na súa tese doutoral, recentemente editada, Iconografía de las tres iglesias góticas de Betanzos... Pero esta colección é parte tamén da súa mostra “Xente no Camiño”, que se expuxo en máis de trinta ocasións e que, desde a súa orixe en Betanzos, mesmo chegou ó Parlamento Europeo en Bruxelas, ó Pazo de Fonseca en Compostela, ó castelo de Soutomaior, etc.

Localización do Mesón Museo en Google Maps (pinchando aquí)

Mesón Museo "Xente no Camiño" está destinado a ser un inmellorable lugar para despertar curiosidade e o interés do camiñante, do peregrino, do visitante ocasional ou mesmo do turista que busca motivos culturais e históricos por Galicia adiante.



Interior do Museo Mesón "Xente no Camiño" en donde se pode contemplar parte da obra pictórica
que Alfredo Eiras amosa aos visitantes
.

Na colección de pinturas de Erias destacan as obras inspiradas nas pezas escultóricas relixiosas da Idade Media sobre personaxes e persoeiros da vida medieval en Galicia. En varias ducias de obras que consta a colección do traballo realizado por Erias, destaca que, co paso do tempo,  dalle un xiro ás súas primeiras interpretacións artísticas engadíndolle un colorido que chama a atención na forma de plasmar a realidade cotidiana das xentes daqueles tempos. Podemos atopar reis, raíñas e familia, peregrinos e eclesiásticos, músicos, cazadores, donas e cabaleiros, burgueses ou campesiños.
















Espazo exterior do Mesón Museo "Xente no Camiño"



Detalle da fachada da casa na que se ubica o Mesón Museo


E así como o visitante pode atopar no Mesón Museo "Xente no Camiño" unha versión da obra pictórica de Erias adaptada perfectamente a un entorno que está pensado e adicado ao lecer do camiñante, do peregrino do Camiño de Compostela ou do visitante que guste por palpar a historia da nosa terra.




Nun dos espazos de exteriores do Mesón Museo tamén se poden contemplar
algunhas das obras pictóricas de Alfredo Erias.


Entrada ao Mesón Museo dende o Camiño Inglés.


Visita recomendable que seguro non defraudará a quen decida achegarse ata Presedo e facer unha parada para poder contemplar as obras pictóricas, disfrutar duns momentos de lecer, degustar da cociña que se ofrece no Mesón...., e en definitiva meterse de cheo na rica e impresionante historia da bisbarra das Mariñas e do propio Camiño de Compostela.







Seguiremos actualizando e ampliando mais datos e fotos desta interesante iniciativa na que se barallan por parte do promotor novos proxectos.  



ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:

ALFREDO ERIAS. Páxina web persoal de Alfredo Erias

Mesón Museo "Xente no Camiño" na Televisión de Galicia  

Reportaxe 28/05/2015 na TVG

FOTOS.- Camiño Francés. de O Cebreiro a Triacastela

Catedral de Santiago de Compostela. Visita aos tellados. Fotos.

Currunchos de SANTIAGO DE COMPOSTELA. Fotos

"Abegondo un curruncho das Mariñas", referencias do libro.

Antonio María de Parga y Puga. Político. Asinou a Constitución de Cádiz de 1812. Natural de Vilcaboa (Abegondo).- Da colección "Ilustres de Abegondo".

Francisco J. Presedo Velo. Natural de Cos. Descubridor da Dama de Baza. Exiptólogo.

Juan Armada y Losada. Marques de Figueroa. Ministro con Antonio Maura.

O proxecto do ferrocarril por Abegondo no século XIX

La relación de Abegondo con la Semana Trágica de Barcelona.