Translate - Traductor

miércoles, 26 de diciembre de 2012

Mosteiro de SAN PEDRO DE ROCAS. (ESGOS - Ourense)

 MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE ROCAS

(ESGOS-OURENSE)








Localización:
Parroquia: San Pedro de Rocas
Concello: Esgos
Provincia: Ourense

Mosteiro situado no concello de ESGOS, na provincia de Ourense, en plena Ribeira Sacra, na conca fluvial do río Miño. Chegase a él pola estrada C-536 tomando un desvío á esquerda entre as localidades de Esgos e O Pinto. Situado a uns 17 Km., da cidade de Ourense.

Considerado como o mosteiro máis antigo de Galicia, de gran valor antropolóxico, remóntase a súa orixe ó s. VI, concretamente ó ano 573, e dos mais antigos de Europa; de cando o Concilio de Braga no que se aprobaron as bases para o que logo serían as parroquias que hoxe en día coñecemos en Galicia.

Vencellado nalgún momento a San Esteban de Ribas de Sil, os monxes noutros momentos figuraron como autónomos ata que no século XV quedou unido ó Mosteiro de Celanova. Tras a Desamortización pasou a ser parroquia.

Sufriu varios incendios ó longo da súa existencia, o último deles a principios do século XX. Da edificación inicial somentes quedan as paredes. No ano 1923 foi declarado Monumento Histórico-Artístico.

No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense consérvanse pezas de alto valor deste mosteiro. Existen tamén restos de pinturas que representan un mapamundi medieval, considerado como un único exemplar de pintura románica que se conserva en Galicia.

E un dos primeiros asentamentos eremitas de Galicia. Curioso o seu campanario construido nunha roca, ó igual que un conxunto de sepulturas no entorno da edificación, lugar destinado a sepultura dos monxes. Existen tamén restos de tumbas no interior.

Nas inmediacións do mosteiro está a "Fonte de San Bieito", onde nace auga no medio das pedras. Considérase que ten propiedades curativas para a pel.

Conta na actualidade cunha aula interpretativa do viño do Ribeiro así como rutas de sendeirismo.

Recomendable visitar no outono para percibir as cores típicas do bosque galego.




Prespectiva do campanario


Campanario





Campanario visto dende o interior


Escaleiras de subida ó campanario


Campanario

Campanario. Podese ver a súa ubicación na roca.


Campanario


Campanario na roca e escaleiras.


Detalle da entrada por debaixo do campanario.


Campanario e Mosteiro


Exterior do Mosteiro


Escaleira de acceso a unha parte do Mosteiro dende o camiño.


Zona exterior do Mosteiro


Sepulturas no interior do Mosteiro.


Interior do Mosteiro


Interior do Mosteiro


Interior do Mosteiro


Interior do Mosteiro


Sepulturas no interior do Mosteiro


Interior do Mosteiro


Interior do Mosteiro


Sepulturas no interior do Mosteiro


Interior do Mosteiro


Sepulturas no exterior do Mosteiro feitas na pedra.


Sepulturas no exterior do Mosteiro feitas na pedra.


Camiño de acceso á fonte.


Camiño de acceso á fonte.

Camiño de acceso á fonte.

Camiño de acceso á fonte.

Camiño de acceso á fonte.


Fonte de San Bieito.- Mosteiro de San Pedro de Rocas.

Fonte de San Bieito.- Mosteiro de San Pedro de Rocas.

Sinalizacion da fonte en Mosteiro de San Pedro de Rocas.


Enlaces que lle poden interesar: