Foro aberto a calquer tipo de información, mais que nada sobre GALICIA: DOCUMENTOS, GASTRONOMIA, ETNOGRAFIA, FOTOS, REPORTAXES, HISTORIA, CONTOS, TRADICIÓNS, ..
Sitio para entretenerse e se cadra, ou ata incluso para aprender uns dos outros. ¿Por qué non? E posible.
Todo esto e o que se vaia ocurrindo, sempre dende o respeto e cortesía mínima hacia os demais aínda sen ter que reprender o verbo. ¿Non sei se me explico?
by rochacarro
lunes, 2 de septiembre de 2013
O proxecto de ferrocarril por Abegondo no século XIX.- El proyecto de ferrocarril por Abegondo en el siglo XIX.
O proxecto de ferrocarrill por Abegondo no século XIX
Estación FFCC de Pontedeume.- Año 1913. Foto lavozdegalicia.es
O PROXECTO DE FERROCARRIL POR ABEGONDO NO SECULO XIX.
Esporádicamente atravesa a liña do ferrocarril A Coruña-Betanzos as terras do concello de Abegondo, na súa parte mais oriental da parroquia de Orto, nun percorrido de dos quilómetros.
No século XIX e primeiros do XX, baralláronse varios proxectos para unir Santiago de Compostela coa A Coruña, antes de que se levara á realidade o actualmente construído. Neste senso xogaron un papel importante as peticións formuladas pricipalmente dende Betanzos, que dalgún xeito afectaban tamén a Abegondo.
Unha síntese do ocurrido téntase plasmar nas seguintes liñas.
Despois de que no ano 1948 se construíra a primeira liña de ferrocarril en España; a de Mataró-Barcelona, tiveron que pasar uns cuantos anos para que Galicia disfrutara deste medio de locomoción. Foi no ano 1873 cando nun percorrido de 41 quilómetros se inaururou a liña Santiago-Carril. Dous anos mais tarde chegaría este medio de transporte á cidade de A Coruña, pero neste caso, non dendeSantiago, se non dende a cidade de Lugo.
A redacción de distintos proxectos para dar acollida ás demandas sociais que se facían sentir no remate do século XIX na provincia de A Coruña, deu lugar a numeros debates políticos. Por unha banda pretendíase facer unha liña alternativa que dera comunicación ós concellos da comarca de Fisterra e Bergantiños conSantiago de Compostela. Por outra, as alternativas que se deron para dar conexión engtre as cidades de Santiago de Compostela e A coruña, tiveron nalgunas delas a Abegondo como parte do percorrido das vías ferro, aínda que houbo que agardar ata o ano 1943 para que se vira realidade este proxecto definitivo sen que ó final Abegondo tivera acollida no proxecto definitivo.
Facendo unha pequena síntese das alternativas que ó longo de tantos anos de debate se deron, cómpre remontarse ás últimas décadas do século XIX. Así en 1880 a proposta da Comisión de Fomento da Deputación Provincial de A Coruña,sería nomeada unha Comisión formada por tres deputados provinciais que tiña como misión xestionr diante do goberno da nación a inclusión do Plan Xeral de ferrocarrís unha vía férrea que enlazara dunha maneira axeitada Santiago e A Coruña.
Naqueles anos, a capital provincial que xa contaba co enlace directo a Lugo,Betanzos puxaba con forza para que a liña proxectada de Santiago empatara coa de Coruña-Lugo o mais preto posible. Nembargantes, en 1882 a Comisión especial encargada de tratar o asunto referente ó ferrocarril, e co gallo de tentar a uniformidade das diversas opinións que había quere dar por rematadas a súas misións ó ver que non acada resultado positivo algún.
O ano seguinte, 1882, o deputado provincial polo partido xudicial de Betanzos, Antonio Llamas, asina un escrito xunto con outros para que a Deputación Provincial promova as obras do ferrocarril de Betanzos ó Ferrol, levándose o asunto á reunión ordinaria do 20 de xuño. Nela o deputado provincial Valderrama, presenta unha solicitude suscrita por veciños de Betanzos pedinto que a Deputación emita informe favorable ó enlace de ferrocarril Santiago-Betanzos, ou que designe á cidade brigantina como enlace da futura liña que vaia ata á cidade de Ferrol. Poucos días mais tarde, na sesión do 26 de xullo, presentaránse duas alternativas para enalzar Santiago e A Coruña.
A primeira delas era o denominado proxecto da "Tieira", por mor de que no seu percorrido pasaba por esta biscarra do centro da provincia. Enlazaba coa liña que viña dende Lugo en "Fuente Castellana", indo polas estibacións meridionais do "monte do Gato", subindo por Oza dos Ríos e Cesuras ó cúmio da Tieira.
O segundo proxecto Santiago-A Coruña, uníase á que viña dende Lugo á altura de Cortiñán. Dentro deste mesmo proxecto había duas alternativas no seu percorrido: a variante de Ordes ou ben a que tiraba cara as terras de Bergantiños.
No informe emitido pola Deputación Provincial de A Coruña prefírese o primeiro deles, no que se sinala que pasaría polas feligresías de Ordes, Leira, Tordoia, Ardemil, encarando a baixada do río Barcés, chegándose a Cerceda, Encrobas, Quembre, Paleo, Andeiro e Brexo, ata empalmar co trazado do ferrocarril da Coruña en Cela ou en Cambre. Así con eso, os concellos que atravesaba a liña do trazado eran os de Conxo, Santiago de Compostela, Enfesta, Trazo, Tordoia, Laracha, Cerceda, Carral e Cambre.
Nun principio os concellos de Abegondo, Bergondo e Sada inclínanse polo proxecto da liña de Cambre, conseguindo que por mor desta postura sexan duramente criticadados por representantes do partido xudicial de Betanzos na Deputación.
Naquel ano todo parecía indicar que o proxecto sería unha realidade ó publicarse pola Dirección Xeral de Obras Públicas un anuncio de subasta para a construcción e explotación do FFCC na liña Santiago -Cambre, indicando que, no caso en que na subasta non houbera licitador, declararíase incluído no seu lugar no Plano Xeral o FFCC de Santiago ó de A Coruña-Lugo polos Montes da Tieira.
Nembargantes, ademais das controversias que se viñeron dando ó longo dos anos entre os poderes locais dominantes que se opoñían a calquer trazado que non favorecera os seus propios intereses, compre salientar os problemas cos que se atoparon as empresas á hora de financiar a construcción; circusntancias estas que deron pé nalgún caso á suspensión de pagos.
Con esto, a tan solicitada unión ferroviaria entre A Coruña e Santiago de Compostela polos Montes da Tieira aínda estaba a ser reivindicada a escomenzos do século XX. A propia prensa facía mención do asunto ó escribir "siguiendo las gestiones para la pronta realización del antiguo proyecto de ferrocarril de la Tieira que ha de unir la ciudad compostelana y toda la comarca central de Galicia con la línea general de Lugo a La Coruña. Tan añejo es el pleito que los pueblos ya ni piden que vaya por un lado o por otro. Lo único que se pide es que se haga...
Xa en 1907 os representantes provinciais, encabezados por Julio Wais, solicitan ó influinte Marqués de Figueroaa mediación en Madrid diante do Goberno para que fixe en Cortiñán o punto do enlace das liñas de Ferrol e Betanzos e a prolongación da de Carril a Santiago. As autoriades acceden ás pretensións formuladas polo Marqués e dan unha prórroga ata o mes de maio de 1908 para presentar o proxecto.
As estacións ferroviarias en todo o percorrido eran nove, entre elas unha situada na parroquia de Leiro. Outras eran en Cines (Oza dos Ríos) e Visantoña (Mesía).
O final ningún dos dous proxectos tan debatidos ó longo dos anos foi realidade.Betanzos tivo que conformarse con ser a unión da liña con Ferrol, inaugurada en1918, e agardar ata 1943 para ver como quedaban definitivamente rematadas as obras da liña que une directamente Santiago de Compostela con A Coruña.
Como última curiosidade mencionar que o actual "apeadeiro de Cecebre" nalgún tempo tivo por nome "Apeadeiro de Abegondo", circunstancia promocionada polos donos do Pazo de Crendes, ilustres usuarios do mesmo, ó igual que o marqués de Figueroa.
Construcción da ponte do ferrocarril en Betanzos.- spanishraylway.com
NOVA PUBLICACION
A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes.
Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.
A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo).
Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario