Translate - Traductor

sábado, 12 de enero de 2013

A FORMACION E CONSTITUCION DOS CONCELLOS RURAIS NA PROVINCIA DE A CORUÑA EN 1836


A FORMACION E CONSTITUCION DOS CONCELLOS RURAIS NA 

PROVINCIA DE A CORUÑA

ANO 1836


Os concellos que hoxe en día coñecemos son institucións relativamente moi recentes dado que a súa formación data de 1836, ano en que se aproba definitivamente a relación dos concellos rurais na provincia; logo de pasar por moitos avatares políticos tanto en España como en Galicia se viñan vivindo e sufrindo dende o primeiro tercio do século XIX, (invasión francesa, promulgación da Constitución de Cádiz, formación de concellos constitucionais no trienio liberal de 1820-1823 etc.).

A DIVISION TERRITORIAL MUNICIPAL EN 1835.-  O Real Decreto de 23 de xullo de 1835[i] disponía as normas polas cales se deberían de rexir os pobos para a formación dos concellos. Así no seu art. 4 indicaba que “los pueblos que dependan de ciudades ó villas en cuanto á su régimen municipal, podrán solicitar la formación de ciudades ó villas en cuanto á su régimen municipal, podrán solicitar la formación de ayuntamiento propio, siempre que su población llegue á 100 vecinos bien sea por sí o solos ó reuniéndose á otros pueblos limítrofes. Sí, vista la utilidad, el Gobierno concediese la formación de ayuntamiento, se situará este en el punto que ofrezca mayores ventajeas para el mejor gobierno interior. Si la población estuviese dispersa y sin centro de reunión, como sucede en algunas provincias, se marcará el territorio correspondiente á cada ayuntamiento, que no deberá esceder de cuatro lelguas en cuadro, ni de una población de 500 vecinos, poco mas ó menos. En los casos referidos los gobernadores civiles formarán los correspondientes expedientes en los términos mas sencillos, y los dirijirán á la soberana aprobación de S.M.”




A aplicación na práctica do R.D. de 23 de xullo de 1835 tivo serios atrancos, por mor da dispersión da poboación, o desinterés ou mesmamente a ignorancia das persoas dos respectivos lugares. Do interés tomado polas autoridades da provincia,  no Boletín Oficial da Provincia do 9 de abril de 1836 publícase unha Circular do Gobernador Civil do día 7 de mesmo mes, na que se sinala o xeito de cómo deben formarse os concellos nas poboacións rurais, de acordó cunha Real Orde de 8 de marzo remitida polo Secretario do Estado da Gobernación.









Seguindo cronoloxicamente as actuacións das institucións implicadas na formación dos concellos constitucionais nesta época, compre salientar a feita pola Deputación Provincial de A Coruña no Boletín Oficial da Provincia, que consistía nunha proposta de distribución das parroquias que formarían cada Concello da provincia.

Así, esta relación estaba formada polas parroquias e distribuídas por partidos, co fin de  “personas ilustradas y conocedoras de las circunstancias del país puedan hacer dentro de muy breves días, antes de la aprobación definitiva, las observaciones que les sugiera su interés por bien público, de las que se aprovechará gustosamente esta Corporación”.

A continuación publicase a relación provisional de concellos coas respectivas parroquias que os integrarían. Esta publicación faríase de xeito paulatino, empezando no Boletín Oficial da Provincia do día 23 de abril de 1836, distribuíndose por Partidos. En cada un deles indicábase o nome do concello e o nome das parroquias que o formaban.

Nesta primeira publicación empezaba polo Partido de SANTA MARTA DE ORTIGUEIRA, o cal estaba formado polos concellos seguintes:

Santa Marta de Ortigueira, S. Adriano de Veiga, San Pablo de los Freires, San Cristóbal de Couzadoiro, Cedeira, Cerdido, Mañón e Puentes de García Rodríguez.






O seguinte Partido era o de FERROL. Os concellos que o formaban eran os seguintes:  Ferrol, Serantes, Narón, Neda, Baldoviño, S. Saturnino, S. Jorge de Moeche e Somozas.


O Partido de PUENTEDEUME estaba formado polos concellos de Puentedeume, Ares, Mugardos, Fene, Cabañas, Capela, Monfero, Villarmayor e Castro.




O seguinte Partido en publicarse foi o de BETANZOS constituído polos concellos seguintes: Betanzos, Sada, Bergondo, Abegondo, Trasanquelos, Oza, Muniferral, Paderne e Irijoa.


O partido de LA CORUÑA conformabano os concellos de Coruña, Arteijo, Oza, Oleiros, Cambre e Paleo en el lugar de Carral.






Xa no Boletín Oficial da Provincia do 25 de abril de 1836 figura publicada a relación de concellos que formaban o Partido de SANTIAGO: Santiago, Conjo, Enfesta, Boqueijón e Vedra.




Seguía a publicación co Partido de NEGREIRA composto por Baña, Aro, Santa Comba, Ames e Brión.


O partido de ORDENES esta formado polos concellos de Santa María de Ordenes, S. Martín de Cerceda, S. Juan de Tordoya, Sta. María de Trazo, Santiago de Buján, S. Martín de Oroso, San Martín de Frades e San Cristóbal de Mesía.







O partido de CARBALLO estaba integrado polos concellos de S. Juan de Carballo, En el lugar de Larache, camino real del puente Lubian, parroquia de Sta. María de Torás, S. Pelayo de Coristanco, S. Julián de Malpica, Lugar de Bugalleira en S. Andrés de Tallo, Santa María de Lage e Lugar de Cabana S. Esteban de Cesullas.







Para ir rematando a seguía a relación provisional co partido de CORCUBION formado polos concellos de Finisterre, Corcubión, Mujía, Camariñas, Dumbría, Vimianzo e Zas.


O partido de MUROS cos concellos de Muros, S. Pedro de Outes e S. Juan de Mazaricos.








E xa por último, no Boletín Oficial da Provincia do 18 de mayo de 1836 relacionanse os concellos que se promovían para formar o Partido de ARZUA, composto por Arzúa, Mellid, S. Vicente de Pino, Santiso, Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, S. Antolín de Toques e Touro.









Unha vez presentadas as observacións a este proxecto, a Deputación Provincial de A Coruña decide sobre elas e pasa a publicar a partir do día 15 de xuño de 1836 a relación definitiva dos concellos da provincia de A Coruña.

A continuación pubicase a RELACION DEFINITIVA dos concellos agrupados nos partidos respectivos onde se inclúen as parroquias que os forman.[ii]


Escomenza a relación por Partidos. Neste caso o primeiro deles é ARZUA, composto polos concellos de Arzúa, Mellid, S. Vicente de Pino, Santiago, Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, S. Antolín de Toques e Touro.


O seguinte Partido en publicar é o de BETANZOS que pasa definitivamente a estar composto polos concellos de Betanzos, Sada, Bergondo, Abegondo, Cesuras de la parroquia de Bragad, Oza, Coirós, Aranga, Paderne e Irijoa.







No Boletín Oficial da Provincia do 18 de xuño de 1836 remata a relación dos concellos que forman o Partido de Betanzos, e síguese coa publiación dos concellos que forman o Partido de CARBALLO, composto polos de S. Juan de Carballo, Lugar de Larache, camino Real del Puente Lubián, parroquia de Santa María de Torás, S. Pelayo de Coristanco, S. Julián de Malpica, Lugar de Bugalleira en S. Andrés de Tallo, Santa María de Lage e Lugar de Cabana S. Esteban de Cesullas.


O partido de CORCUBION estaba integrado polos concellos de Finisterre, Corcubión, Cee, Mujía, Camariñas, Dumbría, Vimianzo e Zas.









O Partido de LA CORUÑA quedou definitivamente composto polos concellos de La Coruña, Arteijo, Oza, Alvedra en la parroquia de Almeiras, Carral parroquia de Paleo, Cambre y Oleiros.






Sigue a relación de Partidos, neste caso co de FERROL integrado por Ferrol, Serantes, Narón, Neda, Baldoviño, S. Saturnino e  S. Jorge de Moeche.




O de MUROS quedou formado por os de Muros, Sta. Columba de Carnota, San Pedro de Outes e San Juan de Mazaricos.


Xa no Partido de NEGREIRA quedou a proposta definitiva polos concellos de Baña, Aro, Santa Comba, Ames e Brión.



No Boletín Oficial da Provincia do 22 de xuño de 1836 publicanse os concellos que forman o Partido de NOYA, os cales son:  Noya, Lousame, Puerto del Son, Sta. Eugenia de Ribeira, Caramiñal, Puebla del Deán e Boiro.

O partido de ORDENES quedou configurado do seguinte xeito:  Ordenes, S. Martín de Cerceda, S. Juan de Tordoya, Santa María de Trazo, Santiago de Buján, S. Martín de Oroso, S. Martín de Frades e S. Cristobal de Mesía.







O Partido de PADRON estaba composto polos concellos de Rianjo, Padrón, Dodro, Rois e Teo.

Doutra banda, o partido de PUENTEDEUME quedou formado polos concellos de Puentedeume, Ares, Mugardos, Fene, Cabañas, Capela, Monfero, Villarmayor e Castro.




Xa para rematar a publicación definitiva, esta faise por medio do Boletín Oficial da Provincia do 25 de xuño de 1836, na cal remátase a relación de concellos que forman o Partido de PONTEDEUME e dase paso a relacionar os que conforman os dous Partidos restantes: SANTA MARTA DE ORTIGUEIRA e SANTIAGO.

Así, o Partido de SANTA MARTA DE ORTIGUEIRA quedaba definitivamente integrado polos concellos de Santa Marta de Ortigueira, S. Adrian de Veiga, S. Pablo de los Freires, S. Cristobal de Couzadoiro, Villa de Cedeira, Cerdido, Sta. María de Mañón e Puentes de García Rodríguez.

O último Partido relacionado, SANTIAGO a relación de concellos foi a composta pola Ciudad de Santiago, Conjo, Enfesta, Boqueijón e Vedra.






Fusión dos concellos de OZA DOS RIOS e CESURAS no ano 2013.- Se quere saber algo mais de cando se formaron e constituiron estos dous concellos no ano 1836, pinche neste enlace:

A formación e constitución dos concellos de OZA e CESURAS no ano 1836.


OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:

Libro: ABEGONDO UN CURRUNCHO DAS MARIÑAS

Libro: EL ULTIMO DE FILIPINAS DE ALMEIRAS (CULLEREDO - A CORUÑA) - JOSE MARTINEZ SOUTO - UN HEROE EN BALER



[i] Boletín Oficial da Provincia de A Coruña nº 11 de 5 de agosto de 1835.

[ii] No caso do Concello de Abegondo pode observarse que na proposta inicial feita pola Deputación Provincial de A Coruña xa contaba con 19 parroquias, aínda que na primeira idea era que a parroquia de San Nicolás de Cines formaba parte do concello de Abegondo, mentras que a parroquia de Santa Eulalia de Leiro formaba parte do Concello de Trasanquelos.
Posteriormente, na relación definitiva a parroquia de Leiro xa pasou a formar parte do Concello de Abegondo, polo que dende 1836 Abegondo non sufriu ninguna variación territorial ata hoxe en día; aínda que sí tivo algún que outro intento.