Translate - Traductor

lunes, 7 de enero de 2013

MOSTEIRO DE SAMOS


MOSTEIRO DE SAMOS




Localización
Municipio: Samos
Provincia: Lugo

O mosteiro benedictino de Samos atópase no  Camiño de Santiago, en concreto no chamado “Camiño Francés” ó seu paso pola provincia de Lugo.

O maxestuoso edificio está situado nas inmediacións do río Sarria, nun tranquilo val, paraxe envidiable e típica da Galicia interior, serea e calma para os peregrinos e os camiñantes.

Para ir de Triacastela a Sarria existen duas alternativas no Camiño. Unha delas e a denominada “meridional”, a mais longa delas, a cal lévanos ós pes deste mosteiro construido no século VI.

Está considerado como un referente para os peregrinos no seu andar polo Camiño Francés cando entran en terras de Galicia. Conta cun albergue e as súas instalacións ofrecen un espazo axeitado para o descanso e a contemplación.

O edificio padeceu ó longo da súa historia varias modificacións e ampliacións, derivados de incendios e destruccións ó longo dos séculos. Resaltar deste xeito cando a invasión napoleónica que foi adicado a hospital de guerra. Abandonado polos monxes cando a Desamortización de Mendizábal no século XIX, tivo que agardar ata o ano 1880 para de novar iniciar unha nova etapa de restauración do edificio.















Enlaces que lle poden interesar: