Translate - Traductor

jueves, 17 de enero de 2013

JAVIER FARIÑA DANS. Distinción polo seu traballo nos Xardíns de San Carlos (A Coruña) e na tumba de Sir John Moore.


JAVIER FARIÑA DANS.- Recoñecemento ó seu traballo nos xardíns de San Carlos na Coruña e guardián da tumba de Sir John Moore.

Como ven sendo habitual na cidade de A Coruña celébrase e conmemórase o cabodano da “Batalla de Elviña” estos días pasados. Neste ano 2013 ademais das distincións á Embaixada británica en España, á biblioteca municipal de Estudios Locales, ó Colexio Peñarredonda e á historiadora francesa Natalia Griffon; tamén se lle recoñeceu o seu traballo a un traballador, neste caso a un veciño e amigo e compañeiro da infancia na escola como é JAVIER FARIÑA DANS.

Javier leva 20 anos traballando nos Xardíns de San Carlos, na cidade de A Coruña, e ó mesmo tempo fai tarefas de guardián da tumba do famoso militar inglés que morreu na Batalla de Elviña.

Cónstame a profesionalide e a dedicación que o amigo Javier ten co seu traballo encomendado. Todos os días do ano, todas as mañáns e todas as tardes, él está alí. Un exemplo de constancia e perseverancia. Que así lle sexa recoñecido públicamente, teno ben merecido, e fala ben dos seus superiores e supervisores, que saiban recoñecer o traballo feito con profesionalide e responsabilidade.

Noraboa e a seguir así, dando exemplo.
















































Enlaces que lle poden interesar: