Translate - Traductor

sábado, 12 de enero de 2013

FORMACION E CONSTITUCION DOS CONCELLOS DE CESURAS E OZA DOS RIOS.- ANO 1836


A FORMACION E CONSTITUCION DOS CONCELLOS DE

 OZA E CESURAS

NO ANO 1836





Agora que se están a dar os pasos definitivos para a fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras, comenzando así unha nova etapa iniciada no ano 2012 quero traer aquí, de forma moi resumida o que aconteceu no ano 1836; ano en que se aprobaron definitivamente a formación e constitución dos concellos rurais na provincia de A Coruña.

Moitos deles perduran no tempo, aínda que outros desapareceron por integrarse noutros concellos limítrofes, ou mesmo cambiaron de denominación ou incluso segregacións.

No caso de Oza dos Ríos –inicialmente denominado Oza-, e Cesuras, pertenecentes o partido xudicial de Betanzos, a constitución e formación dos mesmos foi parella ó resto da provincia.

Así, no ano 1836 é cando se aproba definitivamente a relación dos concellos rurais na provincia; logo de pasar por moitos avatares políticos tanto en España como en Galicia, en que se viñan sufrindo e vivindo dende o primeiro tercio do século XIX, (invasión francesa, promulgación da Constitución de Cádiz, formación de concellos constitucionais no trienio liberal de 1820-1823 etc.).

A DIVISION TERRITORIAL MUNICIPAL EN 1835.-  O Real Decreto de 23 de xullo de 1835[i] disponía as normas polas cales se deberían de rexir os pobos para a formación dos concellos. Así no seu art. 4 indicaba que “los pueblos que dependan de ciudades ó villas en cuanto á su régimen municipal, podrán solicitar la formación de ciudades ó villas en cuanto á su régimen municipal, podrán solicitar la formación de ayuntamiento propio, siempre que su población llegue á 100 vecinos bien sea por sí o solos ó reuniéndose á otros pueblos limítrofes. Sí, vista la utilidad, el Gobierno concediese la formación de ayuntamiento, se situará este en el punto que ofrezca mayores ventajas para el mejor gobierno interior. Si la población estuviese dispersa y sin centro de reunión, como sucede en algunas provincias, se marcará el territorio correspondiente á cada ayuntamiento, que no deberá esceder de cuatro leguas en cuadro, ni de una población de 500 vecinos, poco mas ó menos. En los casos referidos los gobernadores civiles formarán los correspondientes expedientes en los términos mas sencillos, y los dirijirán á la soberana aprobación de S.M.”

A aplicación na práctica do R.D. de 23 de xullo de 1835 tivo serios atrancos, por mor da dispersión da poboación, o desinterés ou mesmamente a ignorancia das persoas dos respectivos lugares. Do interés tomado polas autoridades da provincia,  no Boletín Oficial da Provincia do 9 de abril de 1836 publícase unha Circular do Gobernador Civil do día 7 de mesmo mes, na que se sinala o xeito de cómo deben formarse os concellos nas poboacións rurais, de acordó cunha Real Orde de 8 de marzo remitida polo Secretario do Estado da Gobernación.

Seguindo cronoloxicamente as actuacións das institucións implicadas na formación dos concellos constitucionais nesta época, compre salientar a feita pola Deputación Provincial de A Coruña no Boletín Oficial da Provincia, que consistía nunha proposta de distribución das parroquias que formarían cada Concello da provincia.

Así, esta relación estaba formada polas parroquias e distribuídas por partidos, co fin de  “personas ilustradas y conocedoras de las circunstancias del país puedan hacer dentro de muy breves días, antes de la aprobación definitiva, las observaciones que les sugiera su interés por bien público, de las que se aprovechará gustosamente esta Corporación”.

No caso de Oza dos Ríos, as parroquias que se propoñían inicialmente para a formación de concello eran as seguintes, tal como se mencionaban no Boletín Oficial da Provincia do día 23 de abril de 1836:
OZA
Oza, san Pedro
Parada, san Esteban
Bandoja, san Martín
Reboredo, Santiago
Regueira, santa María
Porzomillos, san Pedro
Mondoy, santa Cruz
Salto, santo Tomé
Cuiña, santa María
Bibente, san Esteban

No caso de Cesuras, non estaba na denominación inicial, senón que o concello proposto era Trasanquelos. A relación das parroquias que se pretendía integrar como concello eran as seguintes:

TRANSANQUELOS
Dordaño, santa María
Probaos, santa Eulalia
Filgueira de Traba, san Miguel
Carrés, san Vicente
Cutian, santa María
Mandayo, san Julián
Bragad, san Mamed
Borrifans, san Pedro
Trasanquelos, san Salvador
Filgueira de Barranca, san Pedro
Figueredo, santa María
Leiro, santa Eulalia
Paderne, Santiago
Loureda, san Esteban


Boletín Oficial da Provincia que recolle, de xeito PROVISIONAL,
a composición por parroquias dos concellos propostos en 1836.



Unha vez presentadas as observacións a este proxecto, a Deputación Provincial de A Coruña decide sobre elas e pasa a publicar a partir do día 15 de xuño de 1836, e sucesivos, a relación definitiva dos concellos da provincia de A Coruña.

No caso de Cesuras, tal como consta no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de xuño de 1836 o concelllo pasaba a denominarse Ayuntamiento de Cesuras de la parroquia de Bragad, que naquel entón contaba con 494 veciños e 2.670 almas.
As parroquias que quedaban de xeito definitivo eran estas:

Dordaño, santa María
Probaos, santa Eulalia
Filgueira de Traba, san Miguel
Carres, san Vicente
Cutian, santa María
Mandayo, san Julián
Bragad, san Mamed
Borrifans, san Pedro
Trasanquelos, san Salvador
Filgueira de Barranca, san Pedro
Figueredo, santa María
Paderne, Santiago
Loureda, san Esteban

Relación DEFINITIVA na que se recollen as parroquias de
"Ayuntamiento de Cesuras de la parroquia de Bragad".

Tamén figuran as parroquias dos concellos de Betanzos,
Sada, Bergondo e Abegondo.





No caso de Oza dos Ríos, publicase no Boletín Oficial da Provincia do día 18 de xuño de 1836 a relación definitiva das parroquias que a o forman. O concello denominábase Oza.

Oza, san Pedro
Parada, san Esteban
Bandoja, san Martín
Reboredo, Santiago
Regueira, santa María
Porzomillos, san Pedro
Mondoy, santa Cruz
Salto, santo Tomé
Cuiña, santa María
Vivente, san Esteban
Cines, san Nicolás


Boletín Oficial da Provincia que recolle a relación de parroquias que
compoñen o recén constituído "Ayuntamiento de Oza".- Ano 1836



Coma curiosidade indicar que a parroquia de Vivente, inicialmente escrita con doble “b”, queda con “v”, tal como se coñece hoxe en día.

Ademais, a parroquia de santa Eulalia de Leiro, inicialmente de Oza non se integra ó pasar para o concello veciño de Abegondo, no sitio de san Nicolás de Cines.


Se quere ver mais información sobre a constitución do resto dos concellos da provincia, pinchar neste enlace:


A constitucion e formacion dos concellos rurais na provincia de A Coruña en 1836.