Translate - Traductor

sábado, 19 de enero de 2013

ABEGONDO DURANTE A ALTA IDADE MEDIA.- Referencias documentais elaboradas por MAXI REI.


ABEGONDO DURANTE A ALTA IDADE MEDIA.- Referencias documentais elaboradas por MAXI REI.

MAXI REI (Abegondo 1975) é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente desempeña traballos docentes nun instituto en Andalucía.

No Anuario Brigantino nº 27 (ano 2004) publicou un traballo denominado “Referencias documentais ó concello de Abegondo durante a Alta Idade Media”.






Tal como indica no sumario da publicación “este traballo trata de ser unha recollida e análise documental, así como contextualización histórica, de tódalas referencias da época medieval ós lugares e parroquias que, andando o tempo, constituirán o actual concello de Abegondo”.

Como é lóxico este estudio faino dende o punto de vista xeográfico da comarca de As Mariñas en donde se enclava o que hoxe coñecemos territorialmente como o concello de Abegondo, o cal é moito máis actual e recente pois a súa constitución e formación como tal institución é do século XIX, non hai mais que 177 anos. Pola contra, as parroquias e moitos dos lugares que hoxe coñecemos xa están recoñecidos no século X, e que para o caso, Maxi Rei elabora este traballo con precisión e cronoloxía de tal xeito que contextualiza o por él investigado e entroncao cos lugares e parroquias do que temos coñecemento hoxe por hoxe como Abegondo.

Así, escomenza o seu traballo indicando que a denominada comarca de As Mariñas coñécese, na idade media, co nome de Nemitos, e mais tarde co de Nendos.

Transcribe así datos recopilados na súa investigación e avanza no que foi a formación das parroquias naquel entón, ou incluso antes do propio século X e XI nos que está centrado o seu traballo.

Así, lendo o traballo minucioso elaborado por Maxi Rei podemos descubrir datos da existencia naqueles tempos de parroquias e lugares de Abegondo, donde nos demostra xa, mediante documentación, da existencia de Abegondo, Mabegondo, Cullergondo, Xuanzo, Vilacoba….

Para non cansar mais ó lector, o que me queda é a invitalos á lectura e/ou estudio do mesmo. Para elo déixolles o enlace en formato pdf da publicación que se fixo no ano 2004 no Anuario Brigantino.

Así tamén, e “aproveitando que o Mero pasa por Vilacoba”, quero agradecerlle a Maxi Rei a dedicación, o traballo e a súa xenerosidade para cos demais, por publicar esta investigación e polo tanto que poidamos disfrutar todos dos seus coñecementos e así saber un pouco máis da nosa historia, dos nosos ancestros, e polo tanto saber un pouco máis tamén de nos mesmos.

Queda por tanto tamén no ánimo que cando poida e queira siga co traballo emprendido e nos regale a seguinte parte que ten pendente; que coma él xa nos avanza, irá explicando o devir histórico dos lugares e parroquias que conformarían centos de anos despois o obxecto de estudio: as dezanove parroquias que componen o actual concello de Abegondo.

Así pois, Maxi, cando queiras.

Enlace en pdf do traballo realizado por MAXI REI titulado “Referencias documentais ó concello de Abegondo durante a Alta Idade Media”.