Translate - Traductor

martes, 8 de enero de 2013

MUSEO GALEGO DO ENTROIDO (Xinzo de Limia)


MUSEO GALEGO DO ENTROIDO





Localización:
Concello: Xinzo de Limia.
Provincia: Ourense.


O Entroido de Xinzo de Límia é un dos máis importantes que se celebran en Galicia, que xunto os de Verín e Laza forman o famoso triángulo do Entroido en Galicia.

Considerado este evento de Interés Turístico Nacional, é á súa vez dos mais longos na súa celebración, xa que dura nada mais nin nada menos que cinco domingos sucesivos. A saber: o domingo Fareleiro, o Oleiro, o Corredoiro, Entroido (domingo, luns e martes), Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata.

Cartel Entroido 2012 de Xinzo de Limia


O Museo Galego do Entroido ubicado na vila de Xinzo de Limia ben a ser unha referencia e centro de cara a amosar información da realidade, do presente e do pasado dos entroidos na localidade e na comarca.



Ubicado nun local que antes era adicado a praza de abastos, supón un reclamo máis para visitar aproveitando a estancia en Xinzo de Limia, e así coñecer un pouco mais esta ancestral e importante festa, tan característica en Galicia.

En Galicia, en Ourense e en especial en Xinzo de Limia, coma xa é coñecido, o Entroido é UN SENTIMENTO.



Mostra de pantallas no Museo

Parte da exposición no Museo Galego do Entroido
Xinzo de Linia

Entrada ó Museo Galego do Entroido
Xinzo de Limia

Cartel anunciando o
Entroido do ano 1980 Xinzo de Limia

Cartel do Entroido 2011 de
Xinzo de Limia


Carteles participantes no concurso do
Entroido de Xinzo de Limia 2012

Interior do Museo Galego do Entroido
Xinzo de Limia

Material das numerosas charangas que participan
no Entroido de Xinzo de Limia

Interior do Museo Galego do Entroido
Xinzo de Limia

Exposición no Museo Galego do Entroido
Xinzo de Limia

Museo Galego do Entroido
Xinzo de Limia

Museo Galego do Entroido
Xinzo de Limia


Enlaces que lle poden interesar:

Preparando a carne para o "Entroido".