lunes, 15 de octubre de 2018

Bueno, daquela tí es dos que vas á FEIRA ou prefires o MERCADO?

Bueno, e daquela tí es dos que vas á FEIRA ou prefires ir ao MERCADO?




Pois efectivamente. O outro día, sen ir máis lonxe, o paisano este que fala a mazo, meténdolle uns jrolos arrimado contra o mostrador da taberna, disertou así como quén non quere a cousa cos tertulianos que se mollaran sobre a cuestión. Que dixeran abertamente se eran dos da feira ou eran dos que ían ao mercado.

Logo dunha ruidosa e amena batalla dialéctica, o paisano chegou a unha conclusión. Disque, DEPENDE (A Teoría da Relatividade na súa máxima expresión, unha vez máis).

Disque depende en cómo vaia a feira e en cómo vaia o mercado. Disque non lle hai que dar moitas máis voltas. Ou sí. Pero eso xa depende de cada quén. "Allá penitas", dí él.

O caso é que ilustrou aos contertulianos, zóspiro vai zóspiro ven, en que un día, cando él era novo, ía á feira ou ao mercado, dependendo dos casos. Había xente que levaba un quilo de patacas (non lembra se de Coristanco ou de Xinzo, pero patacas). Había un grupo que as vendían a 25 pesetas e outro, máis sofisticado, parece ser, en que as vendían a 50, claro está porque tiñan clientes para elas.

Un bó día, a un dos cabezapensantes da feira do lugar, cheo de razón, dixo: Oídeme ben!! A partir de mañán, aquí non se venden máis patacas por menos de 30 pesetas!!!!

Aquí nada de miserias!!  Bien!!!  Urraaa!!  Todos venteando os panos, mantearon ao ilustre e todos máis contentos que uns cucos.

Festa e ledicia si, pero a feira, e o mercado seguiron o seu ritmo, a súa marcha. Os que vendían as patacas a 50 seguiron vendendoas a ese precio, e algúns, e nalgúns sitios moitos, dos que as vendían a 20, deixaron de vendelas, porque os compradores non estaban dispostos ou simplemente non podían pagar as dichosas patacas a 30 pesetas.

Así é que moitos dos feirantes volveron para a casa coas patacas e sin as 20 pesetas que tentaban recadar, e os outros, os compradores,  tamén voltaron sen as patacas e sen as 20 pesetas, que en vez gastalas en patacas, porque ían moi caras, mercaron repolo de Betanzos.que naquela hora estaba a 15 pesetas, e tíñache bó mal..

E disque así deste xeito o mundo sigue dando voltas.e ao repolo de Betanzos veulle de moito nabo. Pero deste, do nabo, toca tratar outro día, xa que son palabras maiores. Disque.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario